Sanidade avalía fixar novas restricións para reunións en interiores e exteriores
O comité clínico ten sobre a mesa diferentes propostas para afrontar unha quinta vaga que, nunha semana, duplicou o número de casos activos na Galiza.
O comité clínico ten sobre a mesa diferentes propostas para afrontar unha quinta vaga que, nunha semana, duplicou o número de casos activos na Galiza.
Galiza multiplicou máis que por dous o número de casos activos na última semana, ao pasar dos 3.670 da pasada sexta aos 8.319 desta xornada e, só no últimos tres días, sumáronse 3.205 contaxios detectados novos.
Limitará a 10 o grupo de persoas non conviventes que poden ocupar un espazo nas terrazas de hostalaría. No interior da hostalaría ese número será de 6.
Ademais, recoméndase que no ámbito xeral e privado se manteñan estes grupos: non máis de 10 no exterior e 6 no interior. Isto é, lembrou Comesaña, unha recomendación mais de seguir a empeorar a situación valorarase que sexa obrigatoria.
As e os expertos que forman parte deste grupo asesor da Xunta na evolución da pandemia ven con preocupación a situación epidemiolóxica na contorna. Igualmente, levarán ao encontro da terza feira o estudo das cifras ligadas á reapertura do lecer nocturno.
O conselleiro de Sanidade alerta dun "incremento importante" da incidencia acumulada da Covid-19 nas franxas de idade máis novas e adianta que, "probabelmente", o Comité Clínico da próxima semana teña que "revisar" as medidas tomadas para conter a pandemia.
“Acabaron as restricións de fechamentos perimetrais, toques de recoller e fechamento da hostalaría”, informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na rolda de prensa en que deu conta do alivio das restricións motivadas pola Covid-19. Unhas medidas que entran en vigor o próximo sábado.