Xacobe Ferreiro
20/abr./21 21:10
BNG e PSdeG pedirán a transferencia de novas competencias á Galiza na próxima sesión plenaria, que decorrerá a semana que vén. Anunciárono hoxe ambas as forzas políticas. Galiza non recibe ningunha nova competencia desde 2009. Após un inicial empuxe nos anos inmediatamente posteriores á aprobación do Estatuto de Autonomía e unha segunda vaga na década dos 90, o traspaso de competencias mantense estancado, até o punto de que o Goberno galego continúa a día de hoxe sen xestionar materias atribuídas como exclusivas no texto estatutario de 1981. Analizamos as chaves desta situación con motivo do 40 aniversario da proclamación do Estatuto.