Congreso

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, hoxe, en rolda de prensa. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
POLÍTICA

O BNG exixe investigar "todos" os contratos de compra de máscaras na pandemia e afea ao PP que poña o foco "só no caso Koldo"

"O Partido Popular mantén unha actitude absolutamente demagóxica poñendo o foco no caso Koldo", lamenta Néstor Rego.
O deputado José Luis Ábalos, esta terza feira, na sala de prensa do Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

Ábalos desafía o PSOE e marcha ao Grupo Mixto: "Defenderei a miña honra e reputación até as últimas consecuencias"

O PSOE déralle un prazo de 24 horas para dimitir e abandonar o Congreso polo escándalo do 'caso Koldo', mais agora confirma que non o fará e manterá a acta de deputado. Ábalos lamenta non estar "apoiado pola dirección" do seu partido e que non se aborde o caso "desde o sosego".
O deputado e ex ministro José Luis Ábalos, a pasada quinta feira, no pleno do Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

Ábalos fica só: a Executiva do PSOE exixe a entrega da súa acta de deputado en 24 horas polo 'caso Koldo'

O grupo socialista rexistrará no Congreso, "de maneira inmediata", unha comisión de investigación para analizar a compra de material sanitario desde as administracións públicas durante a pandemia e da que se lucraría o que fora asesor do ministro e a súa 'man dereita', Koldo García.
A vicepresidenta Yolanda Díaz, no Congreso. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
TRABALLO

Ampla maioría no Congreso, malia o 'non' de Vox e a abstención do PP, para apoiar a redución da xornada laboral

A proposición non de lei de Sumar busca implementar unha redución da xornada laboral de aplicación progresiva, empezando por fixar un tope de 38,5 horas efectivas en 2024.
O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press).
Agora

O comité de Alcoa busca apoios no Congreso para unha posíbel intervención da factoría

O comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, no municipio de Cervo (A Mariña), mantivo encontros esta cuarta feira cos grupos parlamentarios con representación no Congreso estatal co obxectivo de buscar apoios para unha intervención estatal se a empresa incumpre compromisos adquiridos para o complexo industrial da Mariña até 2027. Neste sentido, formacións como o BNG, Bildu, Podemos, Sumar ou Junts mostráronse favorábeis.
Ana Vázquez, deputada do PP no Congreso (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press).
POLÍTICA

VÍDEO | Unha acusación falsa de Ana Vázquez (PP) contra Néstor Rego (BNG) desata unha 'liorta' no Congreso

"Á deputada Ana Vázquez díxenlle exactamente o mesmo que dixen na tribuna, que mentiu sobre o BNG e sobre este deputado", asegurou Rego en declaracións a este xornal.
O portavoz de Sumar no Congreso español, Iñigo Errejón, esta terza feira (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press).
Agora

O Congreso inicia o debate sobre unha redución da xornada laboral sen implicar perda de salario

O Pleno do Congreso español debateu esta terza feira unha iniciativa de Sumar para impulsar a redución da xornada laboral sen que implique perda de salario. A proposta pretende fixar un tope na xornada laboral de 38,5 horas semanais en 2024 e chegar ás 37,5 horas en 2025, nunha rebaixa de pretensións para intentar conseguir o apoio do PSOE. Ademais, Traballo propuxo antonte dixitalizar o rexistro de traballo e aumentar o seu control.
O ministro español de Transportes, Óscar Puente, esta cuarta feira (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
POLÍTICA

Puente di que a Xunta actuou como "pito sen cabeza" na crise dos pellets

O ministro admite o mal estado da autovía A-6.
A deputada e secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, no Congreso. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
POLÍTICA

Podemos denuncia o "asalto" aos seus despachos no Congreso e a retirada dos seus materiais

A formación morada sinala indirectamente a Sumar, que replica que é un movemento normal na Cámara e lembra que levaban tempo esperando que se "mudasen" as catro deputadas de Podemos após marcharen ao Grupo Mixto.
O Congreso español na súa sesión de hoxe durante a intervención de Alberto Núñez Feixoo (PP). (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

Junts tomba a lei de amnistía no Congreso e a norma volve á Comisión de Xustiza

Após advertilo en distintas ocasións ao longo da xornada, Junts votou en contra e impediu a aprobación no Congreso da lei de amnistía, tras exixir ao PSOE que aceptase as súas emendas para evitar que o sistema xudicial español, controlado polos conservadores, sabotara a aplicación da lexislación.
A candidata de Sumar, Marta Lois. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
18-F

Marta Lois proclama que Sumar formará parte dun futuro "Goberno progresista" na Xunta

Esta cuarta feira deixará a súa acta de deputada e esta terza feira formaliza a súa saída da portavocía para dar paso a Iñigo Errejón.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, hoxe, en rolda de prensa. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
POLÍTICA

O "axitador ultra" Vito Quiles exixe unha indemnización de 10.000 euros a Néstor Rego por non responder ás súas preguntas

Posteriormente demandoulle outros 18.000 euros por "vulneración do dereito á honra". "Se pretenderen intimidar, non saben que co BNG mallan en ferro frío. Xa van catro anos sen entrar na estratexia mediática ultra. Nunca o farei", advirte o deputado nacionalista no Congreso.
A até o de agora deputada de Podemos Lilith Verstrynge. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
POLÍTICA

Lilith Verstrynge abandona o Congreso e as súas responsabilidades en Podemos

A súa renuncia dá unha acta máis a Sumar en detrimento de Podemos, que está no Grupo Mixto.
Íñigo Errejón, Marta Lois e Yolanda Díaz, nun acto de Sumar en Vigo. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
POLÍTICA

Íñigo Errejón, o elixido para substituír Marta Lois como portavoz de Sumar no Congreso

Unha vez renuncie tamén á súa acta de deputada entrará na Cámara baixa o economista Manuel Lago en substitución dela.
Integrantes da Comisión de Traballo decorrida esta segunda feira no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
LINGUA

O Congreso español fica sen tradutoras na xornada de estrea das linguas oficiais nas comisións

A Cámara recoñece falta de previsión no servizo
Un técnico prepara os auriculares para que os deputados e deputadas poidan escoitar a tradución simultánea das linguas oficiais no Congreso. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
LINGUA

O Congreso estrea esta semana a tradución ao galego en comisións coas comparecencias de ministros

Só garante tradutores en tres sesións simultáneas e non haberá nas que son a porta pechada nin tampouco en reunións internacionais.

A presidenta do Congreso, Francina Armengol, durante o Pleno de hoxe. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
INTERNACIONAL

O Congreso votará esta quinta feira a eliminación do termo "diminuídos" da Constitución

Aprobada a toma en consideración da iniciativa de PSOE e PP.

Vingança vigaria

O texto da ministra de Traballo, Yolanda Díaz, non prosperou. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
ECONOMÍA

O Congreso aproba os decretos 'anticrise' e 'ómnibus' e tomba o de Traballo

O voto en contra de Podemos tomba do decreto de Yolanda Díaz.
Marta Lois, portavoz de Sumar no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
18-F

Marta Lois asegura que en breve se coñecerá a súa persoa substituta no Congreso: Quen soa máis?

Lois indicou que esa decisión lle corresponde á dirección política de Sumar no Congreso, que "aprobará de maneira ordenada esa transición e substitución".