POLÍTICA
"A situación non é boa", di Feixoo ante o avance da pandemia na Galiza
15/out./20
O presidente da Xunta restou importancia á propagación do virus no eido laboral e educativo, e puxo o ollo sobre o ocio universitario. Pese a Núñez Feixoo augurar que a situación "non é boa", a Xunta segue sen pór unha cifra mínima de fondos que a Galiza precisará para a reconstrución.