O Consello de Contas e a Xustiza cuestionan a Xunta pola 'concentración' das liñas de transporte en Monbus
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza declarou ilegal a decisión da Xunta de conceder a liña de transporte escolar de Cambados a unha UTE participada por Monbus. O novo auto coñécese un dia despois de que o Consello de Contas fixera público un informe onde carga contra a política de mobilidade do Goberno galego.