Crise dos pellets

Ana Pontón, hoxe, en Corrubedo. (Foto: Europa Press)
Crise dos pellets

Pontón pide a Xunta e Estado "deixar as pelexas" polos pellets e acusa Rueda de minusvalorar a crise

"E vemos un Goberno que está absolutamente superado e ao que parece que xa lle importa máis a súa campaña electoral que darlle unha resposta a unha crise ambiental deste nivel", di a líder do BNG.
Presentación da denuncia por parte de Ecolositas en Acción (Foto: Ecoloxistas en Acción).
crise dos pellets

Ecoloxistas en Acción denuncia ante a xustiza a navieira que provocou a vertedura dos pellets

A marea de pellets “xa afectou 10 espazos protexidos da Rede Natura 2000, así como ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e o Parque Natural de Corrubedo e a numerosas zonas de costa e areais”, aseguran desde a organización ambientalista, Ecoloxitas en Acción.
Alfonso Rueda en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
crise dos pellets

Rueda recúa e subirá ao nivel 2 de alarma pola crise dos pellets após facelo Asturias

En declaracións esta terza feira Rueda anunciou que aumentará o nivel de alerta, o que supón que se permite incorporar ao dispositivo de limpeza e retirada, medios distintos aos municipais, incluíndo recursos estatais e a súa coordinación a través do Centro de Coordinación Operativa Integrada, onde están representadas as distintas administracións implicadas.
Arantxa Tapia, conselleira de Medio Ambiente do Goberno vasco (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Euskadi activa o plan de emerxencia antes de chegaren os pellets mentres que Rueda tardou case un mes

Esta decisión do Goberno vasco contrata claramente coa do Goberno galego que tardou case un mes en activar a situación de alerta desde que foran informados o 14 de decembro da chegada á costa galega destes microplásticos. Aliás, Asturias elevou o nivel de alerta á 'situación 2' mentres Alfonso Rueda a mantén no '1'.
Iñaki Subijana, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Esuakdi (Foto: TSJPV).
crise dos pellets

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Euskadi cre a vertedura de pellets "pode ser un delito medioambiental"

O presidente do alto Tribunal vasco referiuse á decisión da unidade especializada de Medio Ambiente da Fiscalía Xeral do Estado de abrir dilixencias pola vertedura de pellets de plástico que afecta a case toda a costa galega e que se desprazou a Asturias e Cantabria.
Persoas voluntarias limpan de pellets unha praia da Coruña (Foto: Elena Fernández / Europa Press).
crise dos pellets

"Só o pobo salva o pobo": o voluntariado galego volta ás praias para limpar os pellets

Unha iniciativa a través de Change.org diríxense ao conselleiro de Mar, Alfonso Villares, e á ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, para  instalos a "tomar medidas inmediatas e efectivas para protexer o ecosistema mariño e que unha catástrofe como esta non se repita nunca máis".
Unha voluntaria recollendo pellets de plástico nunha praia da Coruña. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
Crise dos pellets

Asturias decreta o nivel 2 de alerta polos pellets mentres a Xunta o mantén no máis baixo

Segundo informou o Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias (Saiba) en nota de prensa, a situación 2 permite incorporar ao dispositivo de limpeza e retirada, medios distintos aos municipais, incluíndo recursos estatais e a súa coordinación a través do Centro de Coordinación Operativa Integrada, onde están representadas as distintas administracións implicadas.
Alberto Núñez Feixoo e Alfonso Rueda esta segunda feira (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Crise dos pellets

A Fiscalía estuda a toxicidade dos pellets mentres Feixoo fai brincadeira: "O tóxico é responsabilizar a Xunta"

Feixoo asegurou que os pellets “non son tóxicos” mais esta segunda feira a Fiscalía, da man do fiscal Antonio Vercher, indicou que os plásticos “presentan indicios de toxicidade”. "Non son biodegradábeis, non poden eliminarse e contribúen á contaminación por microplásticos", engadía.

Boliñas de plastilina

Chora a serea

Un voluntario recollendo 'pellets'. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
Crise dos pellets

A Xunta foi informada da chegada dos 'pellets' o 14 de decembro

'Prestige' e 'pellets' non son comparábeis en canto a impacto e dimensión da catástrofe mais teñen máis cousas en común que o de que ambos os dous sucesos acontecesen na costa galega. Tanto daquela como agora o Goberno actuou tarde, hai acusacións de neglixencia e episodios de desinformación.
Isabel Díaz Ayuso, Alberto Núñez Feixoo e Alfonso Rueda, hoxe, en Madrid. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
Crise dos pellets

Fraga, de caza durante o 'Prestige'; Rueda, en Madrid cos pellets

Mentres millóns de boliñas seguían nas praias galegas, Rueda participaba con Alberto Núñez Feixoo nun encontro informativo.
Os pellets encontrados nas rías de Arousa e Muros-Noia. (Foto: Noia Limpa).
Crise dos pellets

Fiscalía ve "indicios de toxicidade" nos pellets que a Xunta asegurou hoxe que "non son tóxicos nin perigosos"

"Non son biodegradábeis, non poden eliminarse e contribúen á contaminación por microplásticos", sinala o fiscal.
Un colector de Maersk. (Foto: Frank)
Crise dos pellets

O colector perdido polo 'Toconao' contiña 26,2 toneladas de pellets

O buque perdeu perdeu outros catro contedores que transportaban pneumáticos, barras de aluminio, pneumáticos e rolos de papel filme.
Pellets de plástico esparexidos por unha praia da Illa de Arousa. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
Crise dos pellets

Asturias eleva a alerta polos pellets a nivel 2 mentres a Xunta segue sen consideralo necesario

Este paso permitirá ao Goberno estatal actuar contra esta crecente ameaza e despregar os seus medios, unha axuda que xa confirmou a ministra para a Transición Ecolóxica e vicepresidenta terceira, Teresa Ribera.
A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, hoxe, en Ribeira. (Foto: TVG)
Crise dos pellets

A Xunta visita Ribeira, primeiro concello que alertou dos pellets, e ignora o Goberno local

"Nin nunha crise ambiental como a que vivimos tiveron a decencia de avisar o Goberno local para tratar de unir esforzos e coordinar a retirada do material contaminante da costa", denuncia Luís Pérez Barral.
María Lago, Luís Pérez, Ana Pontón, Rosana Pérez e Soledad Agra, este sábado en Muros. (Foto: Nós Diario)
Crise dos pellets

Pontón acusa o PP de "repetir as mareas de mentiras, manipulación e incompetencia" do Prestige cos pellets

"Están a demostrar, unha vez máis, a súa incompetencia para porse á fronte e liderar unha resposta ante un problema ambiental tan grave como o que estamos a vivir", di a líder do BNG.
Recollida de pellets de plástico na Coruña. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
Crise dos pellets

Adega urxe elevar a alerta polos pellets ao nivel 2 do Camgal e reclama "transparencia" á Xunta

"Precisamos coñecer cando antes a orixe, cantidade, composición exacta e potencial contaminante destes materiais plásticos para tomar as axeitadas medidas de protección e salvagardar a saúde ambiental e cidadá", insisten as ecoloxistas.
Un home buscando pellets nun areal da Coruña. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
Crise dos pellets

Os concellos exixen máis medios: "Non temos a máis mínima información da Xunta; lembra aos 'hilillos de plastilina' do Prestige"

"A Xunta volveu abandonar os municipios nunha catástrofe ambiental dicíndonos nunha carta que a limpeza das praias é competencia municipal e lavándose as mans nunha situación que non sabemos que repercusión pode ter", censura o presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela. Cada vez son máis as voces que desde o plano municipal acusan o Goberno de Alfonso Rueda de "pórse de perfil" e de deixar "soa" a cidadanía.
Unha voluntaria recollendo pellets de plástico nunha praia da Coruña. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
Crise dos pellets

O dispositivo para atallar a 'crise dos pellets', á espera da Xunta: "Non podemos entrar se non abren a porta"

Continúa o cruce de acusacións entre San Caetano e Moncloa mentres os medios de emerxencia para actuar fronte á vertedura de pequenas bólas de plástico nunha trintena de praias, que a Xunta asegura que non son "nin tóxicas, nin perigosas", están listos e pendentes de que Alfonso Rueda "prema o botón" e eleve ao nivel 2 o Camgal. Algo que, polo de agora, non cre necesario.