CUP pide a Puigdemont que esta segunda feira proclame de vez a República catalá
Unha corrente do Partit Demòcrata Europeu Català fai o propio. Oriol Junqueras afirma que o seu compromiso co mandato do 1-O é "inequívoco e absoluto". Segunda feira conclúe o ultimato dado por Rajoy, ao activar o mecanismo previsto no artigo 155, para Puigdemont responder se ten declarado ou non a independencia.
A CUP presiona Puigdemont: a declaración de independencia non pode ser "retórica"
Horas decisivas na decantación definitiva do procés, após o incuestionábel triunfo do SI no referendo do 1-O, a guerra económica aberta por grandes corporacións que deslocan a súa sede social fóra de Catalunya e o contra-ataque unionista coa manifestación masiva deste domingo, engordada por miles de persoas vindas de fóra do Principat.
“Si haberá referendo porque o 1-O vai haber unha mobilización xigante”
Arnau Comas é concelleiro da Candidatura D'Unitat Popular (CUP) en Sant Esteve de Palautordera. Estes días estivo na Galiza para participar no Foro Internacionalista organizado pola UPG, con senllas palestras en Vigo e Compostela. Militante de Poble Lliure (organización integrada na CUP), falamos con el nas vésperas do 1-O. É optimista, pon en valor a alianza dos sectores “independentistas” e “autodeterministas” e proclama: “O Estado é derrotábel”.
CUP denunciará a ilegalización de Causa Galiza no Parlament
Unha delegación dos encausados na 'Operación Jaro' reuniuse con Isabel Chacón e Carles Riera, coordenadora do grupo parlamentar e responsábel de Relacións Internacionais. Tamén se reuniron con Civit i Martí, de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC).
A CUP anuncia un 'Si' na cuestión de confianza para culminar o proceso independentista
Apoiará Carles Puigdemont.
Lista de consenso da CUP impulsada por Quim Arrufat e sen 'carnés'
A candidatura para o secretariado nacional da formación independentista non englobaría militantes de Poble Lliure e Endavant.
A CUP quer repensarse
A demisión en bloque de 6 dos 11 membros do Secretariat Nacional evidencia diverxencias entre as diversas sensibilidades da esquerda independentista que conviven na formación catalá.
Demiten 6 dos 15 integrantes do Secretariado da CUP
A formación tiña marcada para esta segunda feira eleccións internas para escoller novo Secretariado Nacional.
O 'procés', no seu ponto máis crítico após a CUP vetar os orzamentos do Govern
A alianza soberanista entre Junts pel Sí e a CUP está a piques de pasar a mellor vida. A formación anti-capitalista resolveu esta terza feira non se mover da súa decisión inicial de apresentar unha emenda á totalidade aos orzamentos do Govern. A hipótese das eleicións antecipadas está xa sobre a mesa.
A CUP decide este mesmo serán se tomba os orzamentos do Govern e abre un escenario de novas eleccións
O procés volta a chegar a un ponto talvez de non retorno. O proxecto de orzamentos do Govern de Junts pel Sí podería se vir abaixo se a CUP decidir este serán votar nun sentido negativo. De seren rexeitadas as contas, a hipótese de ir de novo a eleccións voltaría a se pór sobre a mesa.
A CUP acorda "desligarse" do acordo de estabilidade con Junts pel Si
A asemblea que a CUP desenvolve este domingo aprobou unha emenda ao relatorio político no que empraza a formación a se liberar do pacto de estabilidade con Junts pel Si -aínda que non fala expresamente de ruptura- e por avanzar no proces soberanista.
Un terzo dos concellos cataláns, ameazados pola xustiza española
Sobre arredor dun terzo dos concellos cataláns, 381, son investigados pola Audiencia Nacional ou pola Delegación do Goberno en Catalunya, por dar o seu apoio á resolución independentista do 9 de novembro.
Anna Gabriel Sabaté, militante da CUP-Crida Constituent
Entrevista de GZ Contrainfo á parlamentar independentista con motivo da súa estadía na Galiza para participar nas Xornadas 'Europa Decolonial'.
A CUP dille non a Colau e ERC rexeita entrar no goberno de Barcelona se está o PSC
A alcaldesa da cidade Condal procura un acordo de gobernabilidade cos partidos de esquerda. Barcelona en Comú ten 11 dos 41 edís, por 10 de CiU, 5 de ERC, e de Cs, 4 do PSC, 3 da CUP e 3 do PP.
200 persoas concéntrase para pedir un acordo entre Junts pel Si e a CUP
Cando restan pouco máis de 24 horas para que remate o prazo para lograr a investidura e evitar unhas novas eleccións, arredor de 200 persoas concentráronse na praza de Sant Jaume para pedir un acordo de última hora entre Junts pel Si e a CUP.
A ANC deixa de negociar coa CUP e JxSí após non chegar a acordo
A posibilidade de que haxa investidura e non eleccións é cada vez máis remota. O prazo remata este domingo ás 23.59h. No caso contrario, haberá novos comicios.
ERC pide continuar coas negociacións a CDC e CUP
O president de Esquerra, Oriol Junqueras, dixo que "fican 5 días" nos que "esgotar todas as horas e minutos" na procura dun "acordo".
CDC e ERC analizan por separado esta segunda feira o “non” da CUP a Mas
As direccións de CDC e ERC, socios maioritarios da coligazón Junts Pel Si, reuniranse esta segunda feira, 4 de xaneiro, por separado para determinar a estratexia a seguir após da decisión da CUP de non investir Artur Mas como president.
A CUP presiona Mas para dar un paso atrás
Após decidir o Consello Político da CUP que a formación política non apoiará a investidura de Artur Mas como president, empraza agora o líder de CDC a dar un paso atrás para favorecer a formación do goberno e evitar, así, unhas novas eleccións en marzo.