Democracia Ourensá

Rueda de prensa convocatoria de elecciones
18-F | Crónica

Alfonso Rueda adianta as eleccións ao 18 de febreiro e a campaña será no Entroido: "É sorprendente, que procura o PP con isto?"

A Galiza irá ás urnas o vindeiro 18 de febreiro para escoller o Parlamento que elixirá cal será o Goberno galego. Unha data que Alfonso Rueda anunciou hoxe, apenas 48 horas despois ver a luz verde os Orzamentos para 2024. "Convoco as eleccións para que Galiza siga sendo como é", afirmou.
POLÍTICA

ENQUISA | Quen chega mellor ás eleccións do 18 de febreiro?

O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, convocou hoxe as eleccións galegas para o domingo 18 de febreiro, dentro de dous meses. A día de hoxe, que formación política cre que chega mellor a esta crucial cita coas urnas?
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome (Foto: Europa Press).
18-F

Xácome censura a data das eleccións por coincidir con entroido: "É un claro desprezo a Ourense"

Armando Ojea será o cabeza de lista de DO.

Camiñando ás Galegas

Alfonso Rueda e Gonzalo Pérez Xácome mantiveron un encontro o pasado 4 de outubro para analizar as demandas da cidade de Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
POLÍTICA

Xácome nega negociacións co PP para retirar a candidatura de DO

Democracia Ourensá non se presentou ás eleccións de 2020 a petición dos populares, no marco do pacto que lle dera a Alcaldía de Ourense un ano antes e que tamén mantiña José Manuel Baltar á fronte da Deputación.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome (Foto: Europa Press).
Agora

O PP facilita a aprobación da modificación de crédito sobre fondos europeos do Concello de Ourense

O Concello de Ourense convocou esta segunda feira un pleno extraordinario para levar adiante unha nova modificación de crédito, que foi aprobada cos votos favorábeis do Partido Popular. O seu 'si' permitiu manter unha subvención de 4,2 millóns de euros que concedera a Unión Europea este verán para o proxecto Move Ourense II, que consta de iniciativas como a creación dunha zona de baixas emisións no centro urbano ou proxectos de humanización de rúas. O custo dos proxectos é de 18 millóns de euros e para algúns hai fondos implementados, pero para outros o Concello "necesitaba ter liquidez", porque de non conseguir cofinanciar a parte que lle corresponde podería perder a axuda. Con todo, o alcalde, Gonzalo Pérez Xácome, non logrou os apoios para aprobar o pagamento de facturas dos gastos do contrato menor do servizo dos bonos comercio de 2023, xa que a oposición, en bloque, votou en contra. Xácome avanzou que denunciará no xulgado o interventor polos seus reparos á tramitación dos bonos comercio, alegando "fraude" e "sacarse unha lei que non existe da manga".
armando ojea democracia ourensá
Agora

Armando Ojea, tenente de alcalde de Ourense, será o candidato de Democracia Ourensá á presidencia da Xunta

O tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, encabezará a candidatura de Democracia Ourensá (DO) nas "inminentes" eleccións 2024 ao Parlamento da Galiza, pola única provincia que concorrerá o partido, a de Ourense. Armando Ojea Bouzo exerceu de profesor de física e é un dos fundadores do partido de Gonzalo Pérez Xácome e actualmente é concelleiro e deputado provincial. Armando Ojea, un dos principais ideólogos de DO, canda Xácome constituíu "un binomio sen o que non se entendería Democracia Ourensá". "Non hai mellor candidato para defender en Santiago os intereses de Ourense", remarcou a formación, que informou a través dun comunicado desta elección.

Gonzalo Pérez Xácome, líder de DO, en rolda de prensa após reunirse co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o pasado 4 de outubro. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
Agora

Democracia Ourensá concorrerá coa súa propia marca ás eleccións galegas

A formación política Democracia Ourensá (DO) concorrerá coa súa propia marca ás próximas eleccións ao Parlamento da Galiza. Así o deu a coñecer o seu líder, Gonzalo Pérez Xácome mediante un comunicado esta terza feira. Explica que DO presentarase como "o partido que é" ás eleccións do Parlamento Galego de 2024 e non baixo unha plataforma, cuxa alternativa "chegou a sopesarse cando se anunciou ir aos comicios". Con todo, aínda que Democracia Ourensá será quen forme a lista electoral, si adiantan que se incluirá nela cidadáns independentes de distintos puntos da circunscrición.

Gonzalo Pérez Xácome, líder de DO, en rolda de prensa após reunirse co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o pasado 4 de outubro. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
POLÍTICA

A Democracia Ourensá de Xácome lánzase á política nacional e concorrerá ás eleccións galegas

"Queremos ser decisivos para conseguir que a Xunta da Galiza aplique unha discriminación positiva na provincia de Ourense", avanza o alcalde ourensán, que valora agora de que forma se presentará aos comicios.
Gonzalo Pérez Xácome fíxose hai un ano co bastón de mando en Ourense (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
POLÍTICA

Xácome anuncia que votará a Feixoo após reter a Alcaldía de Ourense grazas ao PP

Feixoo e Xácome protagonizaron ao longo dos últimos anos numerosos encontros e desencontros, pasando do "sería un alcalde letal para Ourense" pronunciado polo agora aspirante á Presidencia do Goberno español ao pacto asinado entre PP e DO para repartirse a Deputación e o Concello, respectivamente.
Pleno da Deputación de Ourense nunha sesión do anterior mandato. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

PP, PSOE, BNG e DO elixen representantes para a Deputación de Ourense

Democracia Ourensá facilitará a investidura do candidato do PP, Luís Menor, a cambio do apoio recibido para que Gonzalo Pérez Xácome seguise como alcalde na cidade.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Pontón: "O pacto do PP con Xácome era previsíbel, sempre antepón os intereses partidistas"

A nacionalista carga con dureza contra o Partido Popular, ao que insta a "parar cos bulos" após incumprir a promesa de non dar o Goberno local, novamente, a Democracia Ourensá "para manter a poltrona caciquil" da Deputación.
O portavoz socialista no Parlamento galego, Luís Álvarez, mostra o acordo asinado no último momento entre Gonzalo P. Xácome e Paula Prado. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Álvarez defende que o PSdeG fixo "todo o posíbel" para propiciar o cambio en Ourense, onde "continuará o caciquisimo"

O portavoz socialista no Parlamento reitera que o BNG é o "socio preferente" e lamenta que o PP xogase "coas cartas marcadas" en Ourense coa finalidade de "seguir co modelo do baltarismo sen Baltar".

O PP fai Pérez Jácome alcalde de Ourense

Gonzalo Pérez Xácome retirou as súas pertenzas do despacho de Alcaldía.
POLÍTICA

Convocada a sesión de investidura do Concello de Ourense para este sábado coa Alcaldía no ar

Entre tanto, o alcalde en funcións retirou as súas pertenzas da Alcaldía.
Pérez Xácome durante unha rolda de prensa (Foto: Agostime / Europa Press).
Agora

A Democracia Ourensá de Xácome non concorrerá ás eleccións estatais

Democracia Ourensá, o partido do alcalde en funcións de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, non concorrerá ás eleccións estatais do próximo 23 de xullo. Nun comunicado, a formación sinala que, igual que xa sucedera en convocatorias anteriores, deixará pasar de longo estes comicios. Aliás, non pedirá o voto para ningún outro partido, malia que aposta por que gañe "aquela formación que máis defenda os intereses de Ourense" ao considerar que "é, por desgraza, a eterna cincenta". A formación de Xácome non concorreu tampouco ás eleccións galegas do 2020 após acordalo co PP, que o investiu alcalde.
Pérez Xácome durante unha rolda de prensa (Foto: Agostime / Europa Press).
POLÍTICA

Unha discrepancia de 62 votos no barrio de Covadonga, en Ourense, pon en dúbida a data da investidura

A Xunta Electoral Central debe resolver a quen corresponden esas papeletas.

Gonzalo Pérez Xácome, na noite electoral. (Foto: Agostime / Europa Press)
POLÍTICA

PP e PSOE acordan negociar un goberno alternativo ao de Xácome en Ourense

Manuel Cabezas e Paco Rodríguez manteñen un primeiro contacto e avogan por un pacto que afaste Democracia Ourensá da Alcaldía. Para iso precisan o apoio do BNG, que lembra que o PP "intercambiou" en 2019 a Deputación e o Concello, cedéndollo a Xácome —terceira forza en votos—, e que o PSOE non negocie co actual alcalde de Ourense para pór fin ao Goberno de Baltar na Deputación.
Gonzalo Pérez Xácome gaña por primeira vez as eleccións.
28-M | En directo

Ourense: a Democracia Ourensá de Xácome, a forza máis votada

Logra 10 actas, por 7 do PP, 6 do PSdeG e 4 do BNG.
Gonzalo Pérez Xácome, durante un pleno municipal. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
28-M

A Xunta electoral determina que Xácome cometeu varias irregularidades

A XEZ sinala vulneracións electorais nunha inauguración e en 'Auria TV', a súa canle.