desaparición

A desaparición das clases medias

Fernández Prieto
CULTURA

Fernández Prieto alerta da posíbel desaparición do proxecto Nomes e Voces

"Cos poderes políticos actuais o pano do proxecto está a piques de caer". Así denunciou o director de Nomes e Voces a situación pola que atravesa o que está considerado un proxecto pioneiro de investigación universitaria na recuperación da memoria histórica. Lourenzo Fernández Prieto fixo as declaracións na súa intervención na XXX Semana Galega de Filosofía que se está a desenvolver en Pontevedra. 

Alberto Núñez Feijóo
ECONOMÍA

Feijóo aplica o primeiro ERE na Xunta, coa eliminación de 251 empregos en Traballo

Eliminación de 251 postos só na Consellería de Traballo. Son as consecuencias do primeiro ERE que o goberno autonómico vai aplicar na súa propia administración. Publicamos no interior a relación de postos de traballo a amortizar.
Galiza

A tesoira de Feijóo condena á desaparición os programas de prevención de drogodependencias

A Asociación Galega de Profesionais de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas denuncia o "inminente risco de desaparición" dos programas de prevención de drogodependencias en Galiza por mor do recorte do financiamento
Galiza

A liña de tren A Coruña-Ferrol en perigo de desaparición

A privatización dos servizos ferroviarios e o anuncio de peche de liñas non rendíbeis anunciado polo goberno de Rajoy pon en perigo a conexión por tren entre A Coruña e Ferrol. O BNG xa mostrou o seu rexeitamento.
Grupo Municipal do BNG do Porriño
POLÍTICA

O BNG do Porriño critica a desaparición das oficinas liquidadoras dos Rexistros da Propiedade das vilas

Os servizos pasarían a Vigo e pensan que haberá demoras polo volume de traballo a asumir. Ademais a medida podería eliminar 150 postos de traballo.