economía

Cadea de envasado do leite
ECONOMÍA

O sector lácteo anuncia novas mobilizacións ante o desleixo e ineficacia das administracións

A Plataforma exixe medidas eficaces para poñer fin á crise xerada polos baixos prezos que está a obrigar a pechar numerosas explotacións.

mexillon conservas
ECONOMÍA

Condenan unha conserveira por se referir a Galiza sen cumprir coa denominación de orixe

O Xulgado do Mercantil de Pontevedra ditou sentenza contra a conserveira Javimar polo uso das mencións "de las Rías Gallegas", "fabricado en Galicia" e "envasado en Galicia" nas súas conservas, sen estar amparadas pola Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia. 

Alcaldes leite1
ECONOMÍA

Alcaldes exixen á Xunta que se molle na defensa do sector lácteo

Rexedores e concelleiros dunha vintena de concellos reuníronse en Compostela para apoiar un ramo produtivo imprescindíbel para gran parte das comarcas do país. Anunciaron o apoio á mobilización do 17.

Desemprego
ECONOMÍA

Galiza é o segundo territorio de todo o Estado con menor medre económico

Un informe do Foro Económico Galego alerta da maior fenda entre a economía de Galiza e a española desde 2005, unha fenda que vai a máis. Somos un dos territorios que menos medra e onde menos cae o paro.

FMI fóra. Pintada en Dublin
ECONOMÍA

Grecia non é unha anomalía: 250 ‘defaults’ de débeda soberana na época contemporánea

O impago grego ao FMI non é algo extraordinario na historia económica. Investigadores de Harvard consideran os ‘defaults’ inherentes á economía global e para nada un fenómeno anormal como a ortodoxia quer facer crer. O primeiro ‘default’ da historia, iso si, foi en Grecia, no 377 A.C.

Sem alternativa à economia de mercado?

Assim de contundente foi o líder da alternativa eleitoral ao bipartidarismo espanhol vigorante, em declaraçons recentes ao The Wall Street Journal.

NCG
ECONOMÍA

O FROB detecta 4 posíbeis novas operacións irregulares en Novacaixagalicia

O Fondo de reestruturación ordenada bancaria envía á Fiscalía estas 4 operacións, que se suman a outros 9 expedientes.

Cadea de envasado do leite
FRUGA

''A industria compra aquí o leite mais barato de Europa a conta de afogar os gandeiros”

A Federación Rural alerta do “pesadelo” que viven os produtores polos baixos prezos e presións da industria e reitera que na situación actual non pode haber futuro para as explotacións leiteiras galegas. 

SECTOR LáCTEO

Fruga denuncia a “lei da selva” que arruína produtores e dá beneficios millonarios a industrias

ECONOMÍA

Os salarios dos altos cargos altos aumentaron un 5% coa crise

Un informe de CC OO destaca o medre en soldos máis altos, directivos e altos cargos durante estes anos, aumentando a fenda salarial.

ECONOMÍA

Feijóo recortou os orzamentos para emprego á metade mentres o paro aumentou un 65%

A tesoirada nas partidas de políticas activas de emprego desde a chegada de Núñez Feijóo ao goberno até agora é do 55%. Paralelamente, e nese mesmo periodo (2009-15) o paro en Galiza aumentou un 65%.

Persoas traballando nunha cadea de montaxe (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A economía galega medra nos últimos 12 meses apenas un terzo do que o fai a española

O PIB medrou un 0,9% no primeiro trimestre de ano a respecto do primeiro trimestre de 2014. Nese mesmo período a economía española incrementou un 2,7%. 

CONTRATAS DE TELEFóNICA

“Unha situación laboral incompatíbel cunha democracia”

O PP rexeitou no Congreso unha proposición non de lei que demandaba garantías para as e os traballadores deste sector, en greve desde hai semanas por unhas condicións laborais dignas.

euro
ECONOMÍA

A riqueza per cápita de Galiza: 17 puntos por baixo da UE e 6 menos que a do Estado español

O Produto Interior Bruto por habitante en Galiza acada só ao 83% do promedio comunitario, segundo os dados da Oficina de Estatística da UE. E fica seis puntos por baixo da media do Estado español.

José Luís Méndez
ECONOMÍA

José Luis Méndez financiou desde Caixa Galicia o grupo hoteleiro do que é socio

Concedeu un crédito de máis de 10 millóns de euros a unha firma participada por unha empresa da que era socio fundador. Desvélao Economía Digital.

ECONOMÍA

A OCDE : ‘’Nunca foi tan elevada a diferenza entre ricos e pobres’’

Un informe da Organización para a cooperación e desenvolvemento económico sinala que coa crise, nos 34 estados que integra, o 10% dos máis ricos posúe o 50% da riqueza mentres que o 40% dos máis desfavorecidos ten só 3% da mesma.

diñeiro-320
COMUNIDADE SERMOS

O 0,26% d@s galeg@s posúe a metade da riqueza de Galiza

Nas vésperas do terceiro aniversario do Sermos comezamos, con esta reportaxe do nº 83 do semanario, a publicación na web daquelas pezas con máis impacto que foron publicadas en papel nos tres anos de vida da publicación. 

MUNICIPAIS 2015

BNG: o PSOE impulsa o ‘’transfuguismo’’ en Sobrado

Catro concelleiros nacionalistas marcharon ao PSOE e encabezarán a candidatura da formación de Pedro Sánchez. A dirección do Bloque considera que “son modos da vella política” e garante que haberá candidatura do BNG en Sobrado dos Monxes nas municipais do 24M. 

INFORME D@S EMPRESARI@S DO SECTOR

En 2014 na Galiza adxudicouse 'a dedo' obra pública por máis de 74 millóns

Concellos, deputacións, Xunta e Estado recorren a esta modalidade, baixo a que se outorgaron máis de 700 actuacións no noso país durante o ano pasado.

diñeiro
ECONOMÍA

A Xunta reduce nun 60% as inspeccións fiscais en pleno aumento da fraude en Galiza

A actividade inspectora da Axencia Tributaria de Galiza reduciuse nun 62% e os seus medios humanos minguaron un 30 por cento. A fraude fiscal atinxe no noso país os 14.000 millóns de euros anuais, segundo unha asociación de técnicos de Facenda..