economía

ECONOMÍA

Os camioneiros galegos dan un primeiro paso: greve indefinida en Leite Celta

As empresas de distribución de Leite Celta acordan iniciar o protesto o 11 de abril. O sector de transporte de mercadorías galego denuncia que coa ‘liberalización’ entran grandes operadoras foráneas tirando os prezos.

DESAPARECEN OS TOPES PARA A PRODUCIóN, MAIS OS PROBLEMAS FICAN NO CAMPO GALEGO

Primeiro día en 3 décadas sen cotas lácteas

Día histórico para o sector lácteo galego. Esta terza feira 1 de Abril de 2015 desaparece o sistema de cotas imposto por Bruxelas a mediados dos 80 e comeza unha nova etapa de ‘libre mercado’ para as 9.000 explotacións galegas que suporá novos retos e desafíos.

EVOLUCIóN DA ECONOMíA EN 2014

O PIB galego caeu 445 euros por habitante mentres o español aumentou en 262

O PIB ‘per cápita’ é xa no noso país un 12,4% inferior á media do Estado español. 

ADEUS á COTA LáCTEA

Emprazan a Xunta a que mova ficha perante os riscos para o sector lácteo galego

ECONOMÍA

Galeg@s remitiron a paraísos fiscais 24 millóns anuais desde o inicio da crise

Panamá, Macao, Illas Caimán, Emiratos ärabes ou Hong Kong son algúns dos destinos favoritos das e dos galegos para desviar diñeiro.

GREVE ESTE 24-M

Universidades pechadas e rúas cheas contra o decreto 3+2

Facultades pechadas e baleiras, e mobilizacións nutridas e animadas no #24M convocado por organizacións sindicais e estudantíns como xornada de greve en defensa do ensino público.

ECONOMÍA

As rendas baixas en Galiza pagan dos impostos máis elevados do Estado

O que se paga de IRPF no noso país por unha renda bruta anual de 16.000 euros sitúanos entre os 4 territorios do Estado co imposto máis elevado. Mais se esa renda fose de 600.000 anuais, seriamos o segundo onde menos pagariamos de impostos.

ECONOMÍA

Sindicatos agrarios valoran cos gandeiros convocar unha greve do leite

Os baixos prezos fan insostíbel a situación para os produtores, advirten, e auguran a desaparición dun gran número de explotacións de se manter esta situación.

ECONOMÍA

Os armadores do cerco piden unha xestión conxunta de todas as cotas do sector

Acerga leva o seu malestar co actual reparto, que din que discrimina á maioría dos cerqueiros galegos (115 buques) fronte 30, á xuntanza coa Xunta.

Política, economía e pedagoxía

O Capitalismo, na súa teima orwelliana por deturpar o significado das palabras, foi reducindo o exercicio da Política a un mero papel subalterno na xestión institucional, separando esa esfera da Economía e deixando esta para os “entendidos”: as institucións económicas internacionais.

feijoo_pequena
ECONOMÍA

A débeda pública galega duplicouse desde que goberna Núñez Feijóo

Un informe do Banco de España sinala que a débeda representa o 18% do Produto Interior Bruto (PIB), aumentou un 8% en 2014 e xa rolda os 10.000 millóns de euros.

Fruga
FRUGA

Demandan unha interprofesional láctea en Galiza que garanta recollida do leite e prezos dignos

A Federación Rural Galega piden das administracións públicas un papel ‘’moito máis activo’’ nun sector chave para o país.

ECONOMÍA

O leite galego marcou en xaneiro o seu prezo máis baixo desde 2012

Aos gandeiros de Galiza págaselle o litro a 30,5 céntimos, case 9 menos que hai 12 meses. É o territorio do Estado onde menos se paga, 1,7 céntimos / litro por baixo do seguinte (Cantabria)

rodman
ECONOMÍA

A petroleira China Sonangol ultima a compra do grupo galego Rodman

A filial chinesa da petroleira estatal de Angola ve ‘’inminente’ a adquisición, indica ‘La Voz de Galicia’, pola que podería pagar 100 millóns de euros.

Desemprego construción
DADOS DO DESEMPREGO NA GALIZA

O paro rexistrado baixa en febreiro nun 0,56%

O número de persoas inscritas como demandantes de emprego en febreiro é de 257.549. Só 129.667 perciben unha prestación. Nestes 12 meses o paro baixou no noso País  un 8% mais as afiliacións á Seguridade Social aumentaron só un 1,6%

Ibex35
ECONOMÍA

As tres grandes eléctricas gañan máis de 7.100 millóns en tempos de pobreza enerxética

Endesa, Iberdrola e Gas Natural-Fenosa obtiveron uns beneficios netos de 7.125,5 millóns de euros, unha cifra que coinciden coas dificultades que pasan moitos dos seus usuarios.  

ECONOMÍA

Xunta: 5 anos de erros nas previsións sobre paro e crecemento económico

Os obxectivos anuais marcados polo goberno Feijóo desde 2010 canto a emprego e crecemento nunca se cumpriron. Os que o presidente marcou para 2015 semellan levar mesmo camiño.

Abanca
ECONOMÍA

Abanca gaña máis de mil millóns de euros no seu primeiro exercicio

O beneficio no exercicio pasado foi de 1.157 millóns de euros. Novagalicia Banco fora vendida polo Goberno central por mil millóns de euros após destinar ao seu rescate máis de 9.000 millóns.

ECONOMÍA

A economía galega medra por baixo da española e lonxe das previsións da Xunta

O PIB de Galiza medrou un 0,4% en 2014 fronte ao 1.4% do Estado español. O crecemento mesmo fica por baixo do previsto polo goberno de Feijóo, 0,9%.

ECONOMÍA

Navantia concedeu a dedo á empresa de Florentino Pérez 5 contratos para o flotel de Pemex

Maessa, filial de ACS, obtivo bloques do buque que Navantia constrúe para a petroleira mexicana por 3,8 millóns de euros, segundo informa Economía Digital.