Junqueras aspira a ser investido presidente da Generalitat aínda que deba voltar á prisión
Lembra que está na cadea só de forma preventiva e que non hai nengunha razón xurídica para que se manteñan as medidas cautelares que lle poderían impedir asistir á sesión de investidura. Alega que até 150 catedráticos e profesores de direito penal español avalan que a súa estancia en prisión non anula o seu direito á participación política.