Eleccións Estatais 2023

Daniel Castro, Carme da Silva, Ana Pontón, Néstor Rego e Noa Presas. (Foto: Nós Diario)
23-X

Pontón chama a votar "coa cabeza e o corazón" para que Galiza "deixe de ser a última carta da baralla"

A líder do BNG pide o voto para a súa formación no último día de campaña e xunto aos candidatos e candidatas polas catro circunscricións.
Vehículos de Correos (Foto: Europa Press).
23-X

O voto por correo bate récords, con 94% xa emitidos, malia as dúbidas alimentadas por Feixoo

Cos datos actuais, en xeral en todo o Estado, a diferenza entre solicitudes e votos admitidos sitúase actualmente en 6,1%, por baixo do cociente habitual en todos os procesos electorais (7,8% en abril de 2019; 6,6% en xuño de 2016, e unha media de 7,3% considerando todas as eleccións estatais celebradas desde 2008).
Imaxe de ‘El mar’, obra que o ano pasado estivo na MIT de Ribadavia e unha das pezas que foron censuradas por cuestións ideolóxicas. (Foto: David Ruano)
star
Análise

Memoria da censura e fundación dunha utopía

Vanesa Sotelo é dramaturga.
Néstor rego (BNG), José Miñóns (PSOE), Marta Lois (Sumar) e Marta González (PP) (Foto: Nós Diario).
23-X

'Nós Diario' entrevista os candidatos ao Congreso pola Coruña

Nesta campaña electoral de cara ás eleccións estatais do 23 de xullo, 'Nós Diario' achega unha serie de entrevistas aos principais candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado polas catro circunscricións galegas para coñecer os seus programas e propostas. Hoxe é a quenda dos candidatos ao Congreso pola circunscrición da Coruña, que son Néstor Rego (BNG), José Miñóns (PSOE), Marta Lois (Sumar) e Marta González (PP).

Facer cómplice

Relato da incomparecencia

Arriba, á esquerda, Alberto Núñez Feixoo con Emilio Lozoya nas instalacións de Pemex; abaixo, apertándose co máximo directivo de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, e á dereita, canda o narco Marcial Dorado.
23-X

As amizades perigosas de Núñez Feixoo pairan sobre a campaña

Alberto Núñez Feixoo presume de amigos, pero non de todos. Un deses é Marcial Dorado, o Marcial da Illa, un dos nomes míticos do contrabando e do narcotráfico galego desde finais dos anos setenta. Neste caso pasou polo cárcere, a diferenza doutros amigos do candidato popular, como Ignacio Sánchez Galán e Florentino Pérez, auténticos poderes fácticos do Estado e cabezas das dúas faccións enfrontadas do capitalismo español.

Mitin de Pedro Sánchez en Lugo. (Foto: PSOE)
23-X

Sánchez apela ao votante do PP "que non quere a Feixoo con Abascal"

O presidente español volve cargar duramente desde Lugo contra o líder do PP.
Mariano Raxoi, hoxe, en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
23-X

Raxoi pide mobilizar o voto ao PP para non repetir o resultado das locais en Lugo, onde "faltou nada para gañar"

"Ou o PP e Feixoo, ou o Goberno Frankenstein. Hai que cambiar, non podemos estar catro anos máis así", insistiu o ex presidente español.
Ana Pontón apoiou hoxe a candidata Noa Presas en Ourense. (Foto: Europa Press)
23-X

Pontón chama a concentrar o voto no BNG para "lograr escanos por Lugo e Ourense a costa do PP"

"Estamos a disputar un escano ao PP e ímolo conseguir para darlle futuro, igualdade e respecto a esta provincia", dixo hoxe en Ourense xunto a Noa Presas.
O premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel (Foto: Europa Press).
23-X

O Nobel Pérez Esquivel encabeza un manifesto de apoio ao BNG desde a emigración

“Nestas eleccións xógase democracia ou neofascismo e nesta disputa non podemos estar ausentes”, indican os asinantes do manifesto de apoio á formación nacionalista.
Unha persoa deposita o seu voto nunha urna nun colexio electoral de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
Análise

Aínda que sexa cunha pinza no fociño

Fernando Valiño é xornalista.
Unha muller deposita o seu voto nunha urna nas eleccións estatais de novembro de 2019. (Foto: María José López / Europa Press)
star
Análise

Economía do voto provincial

Albino Prada é profesor da Uvigo, investigador de Ecobas e membro do Consello Científico de Attac.
Xosé Crespo (PP), Duarte Correa (BNG), Carmela Silva (PSOE) e Roberto Ucha (Sumar) (Foto: Nós Diario).
23-X

'Nós Diario' entrevista os cabezas de lista ao Senado por Pontevedra

Nesta campaña electoral de cara ás eleccións estatais do 23 de xullo, 'Nós Diario' achega unha serie de entrevistas aos principais candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado polas catro circunscricións galegas para coñecer os seus programas e propostas. Hoxe é a quenda dos cabezas de lista ao Senado pola circunscrición de Pontevedra, que son Xosé Crespo (PP), Duarte Correa (BNG), Carmela Silva (PSOE) e Roberto Ucha (Sumar).

O Goberno do Estado español  aprobou os POEM, delimitando aquelas zonas que poden ser ocupadas polos parques de eólica mariña (Foto: Federico Rostagno).
SOCIAL

A eólica mariña enfróntase á lexislatura máis decisiva

A vindeira lexislatura será chave no desenvolvemento da eólica mariña na Galiza. A súa posta en marcha seguindo os criterios marcados nos Plans de ordenación dos espazos marítimos (POEM), aprobados polo Goberno do Estado o 28 de febreiro de 2023, pon en risco a continuidade da actividade pesqueira na Galiza. O sector do mar urxe unha moratoria dos proxectos de eólica mariña presentados.

O Mintireiro verdadeiro

Narrativas máxicas

Alberto Núñez Feixoo. (Foto: Isaac Buj / Europa Press)
23-X

As mentiras e "inexactitudes" de Feixoo irrompen na recta final da campaña fronte aos mitos do "moderado" e o "gran xestor"

Núñez Feixoo chegou á Xunta da Galiza en 2009 marcado polas mentiras. Unha parte delas afectaban a xestión do Goberno bipartito; outras, os seus membros. Porén, a sociedade española non soubo do estilo de facer política do líder do PP até esta campaña electoral.

Bandeira LGBTI no Orgullo de Compostela deste ano. (Foto: Arxina)
23-X

Familias de persoas trans advirten á ultradereita: "As nosas vidas non son negociábeis"

Arelas e outros colectivos do Estado publican un manifesto no que cargan duramente contra as "declaracións de desprezo e deshumanizantes" de Raxoi e as "ameazas" de Feixoo de derrogar a Lei trans.
Marta Lois (Sumar), Miguel Tellado (PP), José Miñóns (PSOE) e Néstor Rego (BNG), no debate organizado pola CRTVG de cara ás eleccións estatais de xullo de 2023.
SOCIAL

A CRTVG é a única canle que emitiu o debate electoral en horario de mínima audiencia

O debate da corporación de televisión e radio públicas da Galiza decorreu ás 10 da mañá da pasada sexta feira, 14 de xullo