Eleccións Estatais 2023

Campaña, mentiras e calor

A obra 'Orlando' de Virginia Wolf foi censurada en Madrid.
CULTURA

Profesionais da cultura exixen garantías para a liberdade de expresión e a igualdade

Alerta ante a "perigosa deriva cara ás prohibicións" do último ano.
Unha persoa asinando a solicitude de voto por correo. (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press)
Agora

Correos xa entregou 98% dos votos e destaca o "normal desenvolvemento" ante as acusacións de Feixoo

A práctica totalidade dos votos solicitados por correo (98,2) para as eleccións estatais do vindeiro 23 de xullo, un total de 2.575.597 millóns, xa se puxo ao dispor dos cidadáns e cidadás que demandaron exercer o dereito ao sufraxio de forma anticipada, segundo os datos ofrecidos hoxe por Correos. Do total de votos, 2.124.990 foron entregados directamente ao elector ou electora e 450.607 están xa dispoñíbeis nas súas oficinas tras realizar dous intentos de entrega en man ao propio destinatario, tal e como marca a lei. Correos salienta o "normal desempeño de todo o proceso electoral", aínda producíndose "situacións puntuais de elevada carga de traballo". "En ningún momento existiu risco sobre o seu correcto desenvolvemento", puntualizou, ao tempo que rexeitou "todas aquelas insinuacións ou informacións que puxeron en dúbida o traballo dos profesionais de Correos, que debilitan a nosa democracia", após as críticas de, entre outros, o líder do PP, Alberto Núñez Feixoo.
Concerto de Furia Joven en Marín.
23-X

Polémica en Marín por un cántico da orquestra Furia Joven nas Festas do Carme: "Que te vote Txapote"

O Concello de Marín, gobernado polo PP, contratou para as Festas do Carme a banda canaria Furia Joven, que durante a súa actuación cantou o lema abandeirado pola dereita nesta campaña electoral: "Que te vote Txapote".
Enquisa 'flash' do CIS.
23-X

O CIS volve situar o PSOE en cabeza e eleva até 0,9% o voto ao BNG

Os socialistas lograrían o triunfo, segundo a enquisa 'flash' do CIS, con 32,2% dos sufraxios, 1,4 puntos por diante do PP. Sumar, con 14,9%, ficaría na terceira posición, e Vox caería á cuarta con 11,8%. O BNG medraría até case duplicar os apoios de 2019.
Valentín González Formoso e Xosé Sánchez Bugallo reivindicaron o abono gratuíto de tren aprobado polo Goberno español. (Foto: Nós Diario)
23-X

Formoso contrapón o "Goberno sensíbel" de Sánchez cunha Xunta que "non empregou un céntimo" en paliar a inflación

A cidadanía, dixo, debe "reflexionar" este domingo sobre se quere "un país con solidariedade e xenerosidade ou un onde cada un se salve como poida".
Ana Pontón e Néstor Rego desprazáronse até As Pontes para pedir un "grupo galego forte" no Congreso. (Foto: Nós Diario)
23-X

Pontón chama a coller a papeleta do BNG e "non votar con medo nin polo mal menor"

O Bloque pide o voto alegando que, con base nas enquisas, "disputa escanos ao PP en todas as provincias".
Yolanda Díaz intervén durante o acto de Sumar en Vigo a pasada sexta feira (Foto:
23-X

Sumar Galicia proclámase como a formación "decisiva" de cara ao 23-X

A preguntas dos medios cando arrinca a última semana da carreira cara ás urnas, a cabeza de lista de Sumar pola circunscrición da Coruña, Marta Lois, destacou os "ventos a favor" que vive a súa formación.
BNG MOAÑA GALIZA NO MAR
POLÍTICA

O BNG pide a retirada dos plans de eólica mariña e exixirá un maior compromiso coa pesca e marisqueo

Ana Pontón estivo este domingo en Moaña, no día da celebración da Galiza mariñeira, onde fixo un recoñecemento expreso á xente do mar. Carme da Silva reclama garantir o voto dos mariñeiros embarcados

sumar martines
POLÍTICA

Sumar Galicia propón investir 1% do PIB en vivenda para pór fin á "especulación"

Afirma que a súa proposta sobre hipotecas beneficiaría a 150.000 galegas e galegos

O presidente do Estado español, Pedro Sánchez, esta quinta feira nun mitin en Madrid (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
POLÍTICA

Os ex presidentes da Xunta Laxe e Touriño encabezan un manifesto de apoio a Pedro Sánchez

O manifesto trata de "rachar coa falsa imaxe" que, apuntan os impulsores, o PP de Núñez Feixoo "trata de xeneralizar de que os militantes históricos do Partido Socialista non apoian este Goberno nin o seu presidente

bng lugo
POLÍTICA

Pontón afirma en Lugo que o BNG "non vai fallar" á hora de "para os pés" a Feixoo e a extrema dereita

Daniel Castro pide á mocidade facer historia co primeiro deputado do BNG por Lugo que pelexará polo futuro da xente nova nesa provincia

miñons san finx
POLÍTICA

Miñóns traslada o apoio do Goberno estatal á loita contra as verteduras da mina de San Finx

“Estamos diante dun grave problema medioambiental que pode afectar o sector da pesca e a toda a comarca”, afirmou o ministro de Sanidade e candidato do PSOE pola Coruña, que se reuniu coa Plataforma contra as verteduras.

Embaixada do Estado español na Habana, Cuba, segundo país con máis votante CERA tras Arxentina (Foto: Emmanuel Huybrechts).
POLÍTICA

A Galiza afronta as eleccións do 23-X sen voto rogado e cun 69% dos votantes do CERA que nunca viviron aquí

472.000 persoas integran os votantes CERA na Galiza, máis que todos os da circunscrición de Lugo.

Unha persoa asinando a solicitude de voto por correo. (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press)
POLÍTICA

Correos abre este sábado as oficinas da Galiza e mañá domingo nas principais cidades e en Sanxenxo

POLÍTICA

ENQUISA I As enquisas en campaña son meramente informativas e amosan tendencias ou, ademais, orientan e inflúen na escolla da papeleta?

As enquisas en precampaña e campaña son meramente informativas e amosan tendencias ou, ademais, orientan e inflúen na escolla da papeleta? Coordina: Xacobe Ferreiro
Un cidadán escollendo a súa papeleta nas eleccións estatais de 2019. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
POLÍTICA

O Debate: As enquisas en campaña

As enquisas en precampaña e campaña son meramente informativas e amosan tendencias ou, ademais, orientan e inflúen na escolla da papeleta? Coordina: Xacobe Ferreiro

Marta Lois (Sumar), Miguel Tellado (PP), José Miñóns (PSOE) e Néstor Rego (BNG), no debate organizado pola CRTVG de cara ás eleccións estatais de xullo de 2023.
POLÍTICA

Un debate para convencer máis de 15% de indecisos

Foron tres debates nun. A un lado, o PSdeG e Sumar, defendendo a acción do Goberno do Estado e advertindo dos riscos dun Executivo liderado por Alberto Núñez Feixoo. Noutro, o PP, criticando as políticas do Gabinete dirixido por Pedro Sánchez e reclamando un cambio de rumbo impulsado pola dereita. E enfronte o BNG, apostando porque Galiza conte na política estatal e o nacionalismo teña foza suficiente para ser decisivo na vindeira lexislatura. En definitiva, un debate intenso e vivo para convencer máis de 15% de electorado indeciso

 

No centro, Goretti Sanmartín, Ana Pontón e Néstor Rego. (Foto: Nós Diario)
23-X

Pontón fixa como prioritaria a "transferencia gratuíta" das vivendas da Sareb á Galiza

Pide "unha mobilización masiva" das persoas que "están fartas das mentiras do PP" e dos que queren unha política de vivenda pública

Traballadora de Correos (arquivo/EP).
23-X

As peticións de voto por correo para o 23-X triplícanse con respecto ás últimas estatais

A gran maioría (108.541) das solicitudes de voto por correo na Galiza realizáronse de maneira presencial, mentres que os 37.603 restantes foron por vía web.