En Marea

Primarias En Marea
POLÍTICA

O Consello da Marea emula Iglesias e Montero e renunciaría se as bases rexeitan a demisión de Quinteiro

A consulta en curso axita as augas da confluencia galega. Desde os sectores críticos -a conta twitter @coidandounidade- acúsase a dirección de inflar o censo. Desde o aparato villarista avánzase que se as bases rexeitan a demisión de Quinteiro obterían a súa. Esta hipótese é moi pouco probábel, sendo que os segmentos partidarios da parlamentar de Podemos-Anticapitalistas defenden a abstención no referendo interno.

Paula Quinteiro. Deputada de En Marea. Anticapitalistas. 6 de febreiro de 2017
POLÍTICA

Bases de En Marea chaman a non participar na “consulta ilexítima!” sobre Quinteiro

O manifesto ‘Coidando a unidade’ considera que “a activación dunha consulta ás bases por parte da Coordinadora de En Marea non é un procedemento estatutario aplicábel neste caso, carece de todas as garantías e só tensiona o espazo político común”.

 

Antón Sánchez
ECONOMÍA

En Marea solicita amparo parlamentario para que a Xunta entregue a carta a KMPG

O grupo parlamentario de En Marea solicita amparo á presidencia do Parlamento galego para que a Xunta entregue a carta que dirixiu á consultora KMPG para que esta “auditase” as antigas caixas de aforros.
 

A UPG, o quintanismo e a Marea, tres críticas

Paula Quinteiro. Deputada de En Marea. Anticapitalistas. 6 de febreiro de 2017
POLÍTICA

22 de maio, a data para a consulta de En Marea sobre Quinteiro

As bases deberán responder á seguinte pregunta: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?".

anova martiño
POLÍTICA

Anova apela a unha “segunda primavera municipalista” en 2019

A organización realizou este sábado a súa convención política municipal.

unnamed (21)
POLÍTICA

En Marea volta a ser a segunda forza no Hórreo após a toma de posesión de Julia Torregrosa

A nova parlamentar, de Podemos, prometeu o seu cargo esta terza feira, no comezo da sesión plenaria. En Marea perdera momentaneamente a condición de segunda forza a efeitos prácticos ao ingresar brevemente no Hórreo Xoán Hermida. O ex dirixente de Espazo Ecosocialista nunca chegou a asumir a condición plena de deputado.

Miguel Anxo Fernán Vello
Miguel Anxo Fernán Vello, portavoz de En Marea no Congreso

"As contradicións poden ser até positivas, pero teñen que ser resoltas"

Cando falas con el nunca esqueces que fundamentalmente é un home da cultura. El tampouco o esquece. En realidade, é un escritor na política ("o que vexo inspírame máis a escribir teatro que poesía", confesa). Procura sempre a palabra exacta e, aínda que ás veces suspende o fío da conversa para dar co vocábulo preciso, non por iso o seu discurso deixa de ser fluído. Nesta conversa falamos de orzamentos, da hipotética aterraxe de Feixóo en Madrid ("talvez haxa máis fotos con Marcial Dorado, talvez en mans de quen filtrou o vídeo de Cifuentes"), da situación interna de En Marea, de Paula Quinteiro, do relacionamento da confluencia co BNG...

en marea congreso
“Están ancorados nun esquema de recortes”

En Marea considera que os orzamentos do Estado “castigan Galiza”

O grupo de En Marea no Congreso dos Deputados considera que os Orzamentos Xerais do Estado “castigan Galiza” e, ademais, “están ancorados nun esquema de recortes”. Así o expuxo esta segunda feira nunha comparecencia de prensa en Compostela en que os cinco parlamentarios e parlamentarias presentaron “as 350 emendas” ás contas.
 

xoan hermida
Ligara o seu futuro á demisión de Quinteiro

Hermida recúa e renuncia ao escano de En Marea

Xoán Hermida non será deputado de En Marea, nin sequera de maneira interina. Así o anunciou hoxe, segunda feira, nun comunicado despois de formalizar a súa renuncia na Mesa do Parlamento.

Luís Villares. 27 Febreiro de 2017
O resultado non será vinculante

En Marea presiona a súa deputada Quinteiro cunha consulta “ás bases”

A ferida interna de En Marea agrándase. O seu máximo órgano de decisión, o Consello das Mareas, aprobou esta mañá unha consulta “ás bases” coa que pretende presionar á súa deputada Paula Quinteiro para que dimita. O resultado, porén, non será vinculante.
 

Feijóo Xunta Consello de goberno
POLÍTICA

Feixóo entremétese na crise de En Marea e chama “deputado en diferido” a Hermida

A interminábel crise interna de En Marea derivada da disputa polo escano de Paula Quinteiro é vista como unha oportunidade pola dereita. Alberto Núñez Feixóo non a deixa escapar e onte, durante un acto de entrega de carnés a afiliados do PP, tomou partido e cualificou Xoán Hermida de “deputado en diferido”.
 

Antón Sánchez
POLÍTICA

Antón Sánchez cualifica de "fraude" a forma en que Xoán Hermida se incorporou ao Parlamento

O líder de Anova e viceportavoz de En Marea acusa Xoán Hermida de "utilizar a acta de deputado para cuestións internas".

xoan hermida
Após o "incidente de gamberrismo nocturno"

Xoán Hermida afea a Quinteiro non ter demitido cando si o fixo Cristina Cifuentes

Xoán Hermida xa é formalmente deputado de En Marea -rexistou esta mesma quinta feira a súa alta no grupo parlamentar que dirixe Luís Villares. En conferencia de imprensa realizada esta mañá en Pontevedra, cargou contra Paula Quinteiro polo seu comportamento durante o que cualificou como "incidente de gamberrismo nocturno". Dixo que a parlamentar de Podemos eticamente "non representa En Marea".

xoan hermida
POLÍTICA

Hermida formalizará a súa alta no grupo de En Marea, mais sen tomar posesión do escano

A manobra permitirá ao partido instrumental manter formalmente a condición de segunda forza parlamentar. Contodo, a xogada de Xoán Hermida ao non renunciar ao escano -aumentar a presión sobre Paula Quinteiro- non se viu coronada con éxito. A militante de Anticapitalista continúa no seu escano e En Marea perde a efeitos prácticos un deputado, após a demisión de Juan Merlo.

xoan hermida
POLÍTICA

Hermida, xa deputado eleito, ten de prazo até esta quinta feira para se sumar ao grupo de En Marea

A sexta feira pasada, o Parlamento galego comunicoulle a Xoán Hermida que é deputado eleito, após se consumar a demisión de Juan Merlo. Hermida dispón dun prazo de tres plenos (o primeiro é o que está a decorrer esta semana) para adquirir a condición plena como parlamentar. Hermida anunciou na RG que nen renuncia á acta nen a asume. Mais ese limbo non ten soporte regulamentar. Legalmente a día de hoxe xa é deputado. Esta quinta feira ás 18.30 horas expira o prazo para se incorporar ao grupo de En Marea. De non o facer, sería adscrito automaticamente ao grupo mixto.

luis villares e aida pena cadena ser
POLÍTICA

Villares recoñece estar “insatisfeito” coa xestión do ‘caso Quinteiro’

Nunha entrevista na Cadena Ser Galiza o portavoz de En Marea apela a solucionar este caso “con intelixencia política” e mantén que o óptimo sería que a deputada asumise “responsabilidades”.

Luís Villares
Luís Villares, portavoz de En Marea

"O espazo político de En Marea funciona razoabelmente ben"

Luís Villares (Lugo, 1978) está estes días no epicentro do tremor que se vive en En Marea por mor do ‘caso Paula Quinteiro’ e que a estas alturas aínda non se sabe como acabará. O portavoz do grupo parlamentar e da organización fala con convencemento e seguridade, apela ás obrigas e responsabilidades éticas inherentes aos cargos de en En Marea para argumentar a súa aposta na demisión da deputada e recoñece que estas desavinzas internas poden pasar factura entre as bases. Eis un extracto da entrevista publicada no semanario Sermos Galiza.

carmen santos podemos
POLÍTICA

Santos afonda a crise da confluencia ao cuestionar o modelo de En Marea e propor unha coalición

Xa non é só o affaire Quinteiro. Está en cuestión o propio modelo de En Marea como partido instrumental, como organización de adscrición invididual e de ámbito nacional galego. Ese deseño non lle vale á actual dirección de Podemos na Galiza. Carmen Santos suxeriu esta segunda feira ir a unha coalición "como en Catalunya".

Política miserábel e miseria da política