Anova apela a unha “segunda primavera municipalista” en 2019 que despute a “hexemonía conservadora” en Galiza

A organización realizou este sábado a súa convención política municipal.

anova martiño

Anova mira 2019, ano de eleccións municipais, con confianza en que marque un antes e un despois en Galiza da man das mareas municipalistas. Na súa convención de política municipal, realizada este sábado, baixo o título ‘República dos Concellos’, Anova apelou a unha “segunda primavera municipalista” en 2019 que dispute a “hexemonía conservadora” no país.

O portavoz nacional, Antón Sánchez, chamou a “reforzar as mareas municipais con todos aqueles que queren a derrota da dereita nos seus concellos”. Denunciou a “intensa e desleal política de asedio e derrubo” do Partido Popular contra os gobernos municipais das mareas.

De por parte, o alcalde de Compostela, Martiño Noriega, que inaugurou a convención, lembrou que desde o municipal estanse a erguer “espazos de liberdade” que están a ser “agredidos polos poderes fácticos e por determinados intereses”.

Comentarios