encoro

Servizos de emerxencia atoparon os corpos dos dous desaparecidos no encoro de Belesar (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Atopan os corpos dos dous desaparecidos no encoro de Belesar

O grupo de atención psicolóxica, Gipce, do Colexio de Psicólogos da Galiza, ofrecerá axuda especializada ás familias.
Mergulladores buscando os desaparecidos no encoro de Belesar. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Atopan o corpo sen vida do bañista desaparecido en Taboada e continúa a procura do pescador en Belesar

O falecido apareceu ás 13.05 horas desta cuarta feira e foi rescatado por mergulladores que o levaron até o embarcadoiro. Xa se deu aviso á autoridade xudicial.
Buzos buscando o home desaparecido no encoro de Belesar dentro do termo municipal do Páramo, na tarde desta terza feira. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Retoman a busca dos dous desaparecidos no encoro de Belesar, aínda sen noticias deles

Os profesionais que participaban nos labores de procura do pescador desaparecido no encoro á altura do Páramo concluíron a última hora da terza feira, sen éxito, o operativo para regresar na mañá desta cuarta. Tampouco hai noticias aínda do outro home ao que se lle perdeu a pista, nas mesmas augas, en Taboada.
Mergulladores buscando o home desaparecido no encoro de Belesar dentro do termo municipal do Páramo, na tarde desta terza feira. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Fonda preocupación ante a desaparación de dúas persoas no encoro de Belesar

Primeiro un pescador no Páramo e despois un bañista en Taboada desapareceron na contorna do encoro.
O encoro de Belesar (Chantada), o segundo de maior potencia instalada, é un dos que remata a súa concesión nos próximos anos (Foto: Luis Vilanova).
SOCIAL

Por que soan hoxe as sirenas de emerxencia á poboación dos encoros na Galiza?

Nesta xornada activaranse as sirenas de 24 das 39 presas previstas. Esta cuarta feira, día 26, será a quenda dos 15 restantes.
Encoro de Velle
SOCIAL

As eléctricas obtiveron dos ríos galegos uns beneficios de 545 millóns en 2023

A xeración de enerxía eléctrica por tecnoloxía hidráulica alcanzou en 2023 na Galiza 8.363.875 MWh, o que representa para as compañías enerxéticas  uns beneficios de 545,5 millóns de euros. Iberdrola, Naturgy e Endesa son titulares de 81,6% da potencia hidroeléctrica instalada na Galiza.

Encrobas
SOCIAL

A veciñanza de Cerceda rexeita a central hidráulica de Tasga no lago das Encrobas

A central hidroeléctrica de bombeo proxectada pola empresa Coventina Renovables no lago das Encrobas (Cerceda) está a provocar preocupación entre a veciñanza afectada. Tecido social desta localidade da comarca de Ordes alerta do forte impacto do plan e advirte de que pode comprometer o subministro de auga potábel á cidade da Coruña e á súa área metropolitana.

Un home pesca nun río (Foto: Brais Seara).
ECONOMÍA

Este domingo comeza a tempada de pesca fluvial na Galiza

A apertura dos períodos hábiles para capturar troitas e carpas marca o inicio da campaña.
web
ECONOMÍA

As 31 primeiras compañías hidroeléctricas galegas empregan só 64 persoas

O Informe Ardán vén de actualizar os datos referidos ao sector hidroeléctrico. O relatorio, impulsado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, destaca a gran rendibilidade dos primeiros 31 operadores hidráulicos con sede na Galiza. Porén, os beneficios non se corresponden co emprego que xeran.

Encoro Cenza
ECONOMÍA

A potencia hidráulica en tramitación na Galiza suma 3.095 MW

O Goberno do Estado autoriza unha central a Iberdrola con 900 MW.

Estevo_de_Ribas_de_Sil._Presa
star
POLÍTICA

O CES reclama á Xunta da Galiza a posta en marcha dunha empresa pública de enerxía

O ditame elaborado polo Consello Económico e Social da Galiza en relación co anteproxecto de Lei de recursos naturais demanda mudanzas de fondo na política enerxética e mineira do Goberno galego. Neste punto, o CES urxe a unha participación central do sector público no negocio eléctrico.

Hidraúlica_p3
ECONOMÍA

As eléctricas obtiveron dos ríos galegos beneficios de 3.522 millóns entre 2013 e 2022

A Galiza ten un papel central na enerxía hidráulica, cunha potencia instalada de 3.738 megawatts, que representa 24% da electricidade desta orixe xerada no Estado. Precisamente, as compañías eléctricas obtiveron na última década dos ríos galegos uns beneficios de 3.522 millóns.

A auga da Fracha procura o seu paso entre as obras da A-57 en Marcón, Pontevedra (Foto: Aldán Rubido).
star
Análise

E se a chuvia soñase

Susana Trigo é xeógrafa e ensinante.
Unha muller sostén crías de bivalvos mortos arrastrados á enseada de San Simón, na ría de Vigo. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
TRABALLO

Está a apertura dos encoros detrás da morte dos bivalvos galegos? Estudos científicos apuntan a unha incidencia de causa-efecto

Medran as exixencias de "luz e taquígrafos" por parte de afectados nas rías sobre os protocolos de aperturas de encoros

Eolicos-Candán-19
star
ECONOMÍA

A electricidade galega, para fóra: Galiza exportou no primeiro semestre até 46% da súa produción eléctrica

A exportación de electricidade marcou máximos históricos no primeiro semestre de 2023, superando os rexistros de todas as anualidades da última década. Ao tempo, a xeración renovábel aumentou de forma significativa ,rexistrando no caso da hidráulica un incremento de máis de 100% e superando entre xaneiro e xuño en 2.705.306 MW por hora o consumo interno galego.

Presa de Portodemouros, que embalsa as augas do río Ulla (Foto: María Monteiro).
star
ECONOMÍA

Portodemouros, a presa que anegou centos de casas, dá a Naturgy 480.000 euros ao día

O encoro de Portodemouros xera máis de 480.000 euros de ganancia diaria a Naturgy, mais non redundan na veciñanza. Desde a súa apertura en 1968, veciñas e veciños fan 15 km a pé arredor do embalse para visitar a familia ou traballar terras ás que antes chegaban nuns minutos. A outra opción é unha barca de hai 48 anos.
castrelo  bng
SOCIAL

A veciñanza de Castrelo de Miño rexeita o proxecto de central hidráulica

As protestas contra o proxecto de central de bombeo de Castrelo de Miño continúan. Hoxe unha asemblea veciñal volveu a solicitar a retirada de proposta. Os residentes no concello do Ribeiro amezan con mobilizarse.

Cornanda 1
SOCIAL

A central hidráulica proxectada en Cornanda (Brión) pon en risco a continuidade de 36 granxas

A veciñanza da Cornanda, en Brión (comarca de Compostela), leva meses mobilizándose contra dous proxectos de centrais hidráulicas que hipotecan o futuro da parroquia. Precisamente, hoxe, organizan un roteiro reivindicativo desde o encoro de Barrié de la Maza no río Tambre até Pedra do Santo, en Busto, no mesmo municipio de Brión.

fot-pre-02_zoom
SOCIAL

Castrelo de Miño comeza a mobilizarse contra a central hidráulica de Cuerva

A historia de Castrelo de Miño está marcada por un encoro de 135 megawatts que despoxou a veciñanza das mellores terras de cultivo a finais dos anos 60 e que rematou por expulsar á emigración centos de familias. Porén, o encoro de Castrelo de Miño significa o comezo da loita contra os proxectos hidroeléctricos destinados a espoliar o país e o inicio da loita ecoloxista na Galiza.

Noa Presas con veciñanza de Castrelo de Miño, este sábado. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG chama a frear a nova macrocentral hidroeléctrica de Castrelo de Miño

“Non podemos repetir os erros do século XX con novos prexuízos económicos, ambientais e sociais”