enerxía eólica

Unha das marchas cara ao alto Revelo (Foto: Courel Livre de Eólicos)
SOCIAL

Centos participan das marchas simultáneas Galiza-O Bierzo contra os macroparques eólicos

Asociacións galegas e do Bierzo, unidas na plataforma Así Non, congregaron máis de 300 persoas nunha marcha simultánea que partiu de distintos concellos para unirse no alto do Revelo (na fronteira administrativa entre a Galiza e Castela e León) para protestar en contra dos macroproxectos enerxéticos que diversas empresas pretenden implantar no Courel, Trevinca, Cabrebara e O Bierzo.

Un parque eólico, nunha imaxe de arquivo (Europa Press).
SOCIAL

112 MW entre Lalín, Rodeiro e Dozón

As veciñas e veciños organízanse para frear o macroparque eólico.
EuropaPress_2315997_Eólicos_de_Paradela_(Lugo)
SOCIAL

Os muíños do parque da Baña e Negreira medirán "máis de tres Torres de Hércules"

Veciñanza da Baña mobilízase contra o parque eólico proxectado en Troitomil e impulsado por Green Capital Power. Os aeroxeradores, denuncia a veciñanza, medirán "tres Torres e media de Hércules".

Nésor Rego con portavoces municipais do BNG na comarca do Deza (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG denuncia "fraude" na tramitación de dous proxectos eólicos no Deza e exixe paralizalos

Anuncian que farán alegacións ao macroproxecto que afecta os concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro, Vila de Cruces e Silleda e chaman á mobilización social.

Parque eólico de Miñón, en Vimianzo (Greenalia)
SOCIAL

O TSXG paraliza a tramitación da licenza do parque eólico Ruña II, en Mazaricos

Concello e veciñanza presentaran un contencioso contra o acordo do Consello da Xunta no que se outorgaron as autorizacións administrativas prevista e de construción do parque.

Muíño do proxecto Windfloat Atlantic, participado por Repsol, no Porto de Ferrol (Imaxe: Repsol)
ECONOMÍA

Iberdrola sondea Galiza para un gran proxecto de eólica mariña flotante

A eléctrica prevé instalar 2.000 megavatios de enerxía eólica mariña na costa española nos vindeiros anos
Parque eólico no Monte Seixo na Serra do Cando. (Foto: Carlos Solla)
star
5 grupos controlan 55% da produción

As empresas estranxeiras mandan na eólica galega

O desembarco na Galiza da empresa pública norueguesa Statkraft para instalar tres parques eólicos cunha potencia total de 450 megavatios volve pór o foco no dominio do mercado galego de xeración eléctrica polas multinacionais estranxeiras. Segundo os datos fornecidos polo Instituto Enerxético da Galiza (Inega), organismo público dependente da Xunta, a comezos de 2020 cinco empresas, todas elas de capital estranxeiro, sumaban 2.070 megavatios e 82 parques, o que representaba arredor de 55% da produción total do país.
Obras de construción dun parque eólico no cabo Vilán, en Camariñas (Foto: Europa Press)
star
A UE require á Xunta ampliar a Rede Natura

Os parques eólicos inzan espazos protexidos

Galiza é a zona do Estado español con menos territorio incorporado á Rede Natura. Malia contar con só o 12% da súa superficie sometida a este tipo de protección, moitas destas áreas de alto valor ambiental están afectadas por proxectos eólicos.
Parque eólico do Sil en Nogueira de Ramuín (Foto: Iberdrola).
star
As multinacionais estranxeiras favorecidas

A produción eólica medrou o 14,9% en 2020

A produción de enerxía de orixe renovábel está disparada e os proxectos enerxéticos asociados ao sector eólico viviron nos dous últimos anos un auxe significativo. As grandes multinacionais estranxeiras son as grandes beneficiadas.
Planta de hidróxeno verde nas instalacións do parque experimental de Sotavento, no concello de Xermade (Foto: Naturgy)
ECONOMÍA

Galiza, pioneira en hidróxeno verde

O bipartito e Naturgy impulsaron en 2005 un proxecto experimental en Sotavento para o aproveitamento do excedente de enerxía dos parques eólicos
Pas para un parque eólico no porto de Ferrol (Greenalia)
SOCIAL

Noruega proxecta un parque eólico de 221 megavatios nas comarcas de Valdeorras e O Bierzo

O Proxecto está xa en exposición pública para a súa avaliación ambiental. Na área de influencia de dez quilómetros do conxunto de instalacións proxectadas para o parque eólico atópase a Reserva da Biosfera Os Ancares.

Asemblea de traballadores e traballadoras de Siemens-Gamesa ás portas da factoría (Europa Press).
ECONOMÍA

O persoal de Siemens-Gamesa non dá por perdida a planta das Somozas

Siemens-Gamesa iniciou as xestións para executar o ERE que acabará cos máis de douscentos postos de traballo da súa planta de pas nas Somozas. O persoal da factoría estuda endurecer as protestas mentres agarda que as Administracións fagan cambiar de parecer á empresa ou, no seu defecto, atopar un comprador.
Pleno da Cámara galega. (Foto: Parlamento da Galiza)
POLÍTICA

PP e PSOE votan en contra de mellorar as augas das rías galegas

Populares e socialistas votan en contra dun "gran pacto pola sustentabilidade, a calidade das augas, a produtividade e o futuro das nosas rías" que propuña o BNG.

A conselleira de Medio Ambiente do Executivo galego, a popular Ángeles Vázquez, no debate das leis no Parlamento.
POLÍTICA

A Cámara dá luz verde á lei que reduce os tempos para resolver informes de eólicas

O PP tramita pola vía de urxencia no Parlamento a lei que axiliza a implantación de eólicas.
EuropaPress_3479547_barricadas_trabajadores_siemens_gamesa_entrada_poligono_as_somozas_coruna
TRABALLO

Os piquetes do persoal de Siemens Gamesa continúan na fin de semana

O persoal suma máis dunha semana de folga para presionar á multinacional a que dea carga de traballo á planta das Somozas.
serra iribio danos parque eolico 2
SOCIAL

A sentenza do Iribio apunta ao "o amplo baleiro legal" en materia ambiental na Galiza

As entidades ambientais agrupadas na plataforma Salvemos O Iribio agardan que a sentenza que anula a aprobación da Xunta do parque eólico sente "precedente xurídico".
serra iribio danos parque eolico 2
SOCIAL

O TSXG anula a autorización da Xunta ao parque eólico do Iribio

En tres sentenzas diferentes estima os recursos presentados polo ecoloxismo galego e sostén que o proxecto contravén a lei vixente.
Alberto Núñez Feixoo, no Consello de Goberno (Foto: Arxina)
POLÍTICA

A Xunta reduce á metade o tempo para resolver informes de eólicas

O PP rexistrará no Parlamento galego o proxecto de lei de reactivación económica co que pretende reducir a un ano o tempo máximo de agarda das empresas por informes administrativos para grandes proxectos como os eólicos ou eléctricos. De a resposta non chegar a tempo, a solicitude darase por aceptada.
Enrique Pedrosa, novo director xeral para España de Siemens-Gamesa (Foto: Siemens-Gamesa).
ECONOMÍA

Un novo director xeral decidirá o futuro da planta de Siemens nas Somozas

Enrique Pedrosa asume a dirección de Siemens-Gamesa en España co futuro da planta das Somozas no aire.
<p>Planta de Siemens Gamesa nas Somozas (Foto: Europa Press).</p>
TRABALLO

Siemens Gamesa anuncia o despedimento de 52 traballadores nas Somozas

A dirección de Siemens Gamesa vén de comunicar ao comité de empresa da planta das Somozas a decisión de prescindir de 52 traballadores e traballadoras. A multinacional avanzou máis "axustes".