“Na literatura óbviase a diferenza de clase e iso é perigoso”
As ramonas (Galaxia, 2018, Premio García Barros) sucede no interior de automóbiles que cobren o traxecto de Santiago de Compostela ao Deza. Vidas precarias e expectativas frustradas, a descomposición material das esperanzas, traballadoras pobres e artistas no bordo da subsistencia, atravesan a primeira novela de Ana Cabaleiro (Saídres, Silleda, 1974). “Unha visión non edulcorada da vida sempre está moi presente no que escribo”, afirma. Eis un extracto da entrevista publicada no número 328 de Sermos Galiza.
Exeria, a viaxeira galega do século IV
Fai parte daquela xeración de ouro que alumeou o espertar cultural galego nas centurias do baixo Imperio. Os diarios de Exeria achégannos unha visión case única do mundo naquel tempo de mudanza e preséntanos unha muller libre e culta, impugnado o papel que aquela sociedade lle tiña reservada ás do seu xénero. A escritora viaxeira e rebelde é a expresión dunha Galiza que camiñaba pola rota do progreso. Eis un extracto da peza, publicada no número 322 de Sermos Galiza.
Helena Villar: “Agora xa teño o título de escritora”
Rianxo foi o epicentro en que tivo lugar a homenaxe da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) a Helena Villar, que foi recoñecida co premio Escritora na súa Terra. Conversamos con ela nada máis recibir a Letra E e após plantaren o loureiro elixido por ela propia.
Albert Rivera ficha Marta Rivera de la Cruz, a escritora galegófoba
“Bueno, pues esto es lo que hay...”, así confirmaba a escritora a información que anunciaba a súa integración como independente na candidatura ao congreso de Ciudadanos, a formación liderada por Albert Rivera.
A escritora que agasalla relatos
Unha vez ao mes un relato longo e cada semana un breve. Así son os agasallos que publica na rede a escritora Anxos Sumai, pioneira na escrita en internet con proxectos como Anxos da garda. A maior parte dos relatos son de nova creación aínda que a escritora aproveita tamén para disponibilizar textos dispersos en revistas e outras publicacións.
A escritora Marica Campo, Premio Ramón Piñeiro “Facer País”
Pola súa traxectoria e, en especial, polo seu labor na defensa da lingua e a literatura galega o xurado escolleu á escritora Marica Campo como gañadora da XIII edición do Premio Ramón Piñeiro “Facer País”.
Adeus a Ana María Matute, a escritora “salvada” pola literatura
“Á literatura grande éntrase pola dor e as bágoas”, dicía Ana María Matute, unha escritora que se confesaba “salvada” pola literatura e que morreu este 25 de xuño, con 88 anos.
A escritora Marta Rivera perde os nervios na defensa de “La Coruña”
“Que no me toque mucho las narices, que empiezo a decir Rianjo”. Foi a ameaza da escritora Marta Rivera de la Cruz despois de que na rede social twitter un internauta a convidara a utilizar o topónimo oficial da cidade da Coruña, onde hoxe presenta o seu novo libro. “A mi es que me gusta La Coruña”, comezara a escritora.
Un AFondo sobre Rosalía de Castro, a escritora que nos revela a nación que somos
Publicamos neste número 78 do semanario Sermos Galiza un caderno monográfico, un especial A Fondo, sobre Rosalía de Castro, a fundadora da literatura nacional galega.
A escritora Mª Xosé Lamas gaña o Arume de poesía infantil
Cantigas para aprender a soñar da escritora e actriz Mª Xosé Lamas resultou gañadora da sétima edición do premio Arume de Poesía infantil que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas.
A romancista Maria Velho da Costa ganha o Prémio da Vida da Associação Portuguesa de Escritores
A escritora Maria Velho da Costa recebe o Prémio Vida Literária da Associação Portuguesa de Escritores. A autora tinha sido reconhecida já com o Camões em 2002.
A escritora Fina Casalderrey convértese en académica en Pontevedra
No Teatro Principal de Pontevedra, a cidade elixida pola escritora, Fina Casalderrey lerá hoxe o discurso co que ingresará na Real Academia Galega. Con ela a literatura infantil e xuvenil entrará nunha institución que volverá contar con cinco mulleres no seu plenario, o número máximo da súa historia.
"Eu violei o lobo feroz", o poemario da Teresa Moure máis desobediente
Máis dun cento de persoas asistiron ao lanzamento do último libro publicado por Teresa Moure. Acompañada pola editora ATravés e o poeta Rafa Vilar, a escritora non dubidou en recitar algunhas das poesías que compoñen a súa obra máis desobediente.
Un souto do Val do Mao leva xa o nome da escritora Marica Campo
Ía calor no Incio durante toda a xornada mais non era só o sol. Arredor de duascentas persoas, con destacada presenza de escritoras e escritores, arrouparon a Marica Campo na homenaxe da AELG “A escritora na súa Terra”. O Campo da Festa do Val do Mao leva xa o seu nome e un camelio plantado pola escritora medrará nos espazos nos que se desenvolveu a súa nenez.
Un souto do Incio levará o nome da escritora Marica Campo
O Campo da Festa, o soberbio Souto do Val do Mao, no concello do Incio, levará o nome da escritora Marica Campo. O 15 de xuño a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega homenaxeará á autora coa súa conmemoración “A escritora na súa Terra”.
A escritora Mariña Pérez Rei, premio artigos xornalísticos normalizadores de Carballo
O artigo “O sotaque de Aurelia” da escritora Mariña Pérez Rei resultou gañadora do IX Prenio de artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo. O artitgo sairá publicado en doce cabeceiras, etnre elas, Sermos Galiza.
Lídia Jorge, o compromiso ético da escritora galega universal
A escritora portuguesa recibirá de mans da AELG o Premio á Escritora Galega Universal como “referente na defensa da dignidade humana”.