eucalipto

Dereitos "humanos"

O BNG denuncia a “conivencia" do Goberno galego coa plantación de eucaliptos (Foto: Xunta da Galiza)
INTERNACIONAL

Biscaia limita a plantación de eucalipto para frear a expansión desta especie

Segundo o texto elaborado pola Deputación Foral, preténdese limitar a plantación do eucalipto até o 31 de decembro de 2025.

Plantación de eucaliptos na Fonsagrada aproveitando a moratoria da Xunta. (Foto: Europa Press) #eucalipto #planforestal #plantación
SOCIAL

Denuncian a “ocupación ilegal” con eucalipto dunha superficie igual a 200 campos de fútbol

Informan que desde o pasado mes de abril presentou máis dun cento de denuncias na Consellaría de Medio Rural por plantacións ilegais desta especie.

A Galiza conta con máis de 600.000 hectáreas de plantación de eucaliptos. (Foto: Nós Diario)
star
ECONOMÍA

Un proxecto Next Generation: A fábrica de viscosa aumentará a eucaliptización

Foi un dos primeiros proxectos anunciados polo Goberno galego ao pouco de coñecerse o alcance do programa Next Generation. No seu momento, os parceiros escollidos para desenvolvelo foron Inditex e Ence, que non tardaron en renunciar a participar da iniciativa. O paso adiante dos últimos días do grupo portugués Altri introduce novas perspectivas, mais o camiño aínda non está claro. Para comezar, faltan por concretar as posibilidades de financiamento a cargo dos programas comunitarios, cuestión chave en todo proxecto. 
Plantación de eucaliptos na Fonsagrada aproveitando a moratoria da Xunta. (Foto: Europa Press) #eucalipto #planforestal #plantación
SOCIAL

600.000 hectáreas de eucalipto na Galiza

Os datos non deixan lugar a dúbidas. O Inventario Forestal de Especies Produtivas publicado polo Goberno do Estado certifica que a superficie ocupada polo eucalipto, entre masas puras e mixtas, xa supera de longo as previsións previstas para 2032 no Plan Forestal Galego de 1992. As cifras non convidan ao optimismo.
Os incendios serán cada vez máis comúns, segundo o informe 
do IPCC. Foto: SGHN
star
O preocupante impacto do desastre climático na Galiza

O país que xa non sangra auga

Rosalía de Castro falaba dun país onde, ao pisar, abrollaba a auga por debaixo das botas do camiñante. A Galiza foi narrada como terra húmida, e sobre ela sobrevoou o alcume de que aquí sempre chovía. Ás veces, con razón. Co recente informe do IPCC (Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático, polas súas síglas en inglés) das Nacións Unidas na man, a nosa realidade tópica pode ser, está a ser agora mesmo, unha afastada Arcadia, cada vez máis distante, por mor da crise climática que leva décadas asolando o globo. A Galiza do futuro, lonxe de amosar un cambio de tendencia, comeza a dar pistas do que nos pode agardar de non tomar outra dirección: terra cada vez máis seca, praias desaparecidas pola suba do mar, altas temperaturas e a morte de animais propios e flora autóctona.
Instalacións da pasteira lusa Navigator.
SOCIAL

Pasteira lusa explota eucalipto xa en 12 concellos galegos

Navigator Company, antiga Portucel, suma máis de 1.000 hectáreas na Galiza
Plantación de eucaliptos no Cádavo, en Baleira. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A Xunta agochou información sobre plantacións ilegais de eucaliptos

O TSXG condena o Goberno galego por negar expedientes
Plantación de eucalipto nun monte galego. (Foto: Nós Diario) #eucalipto #moratoria #bng #pp #parlamento
SOCIAL

A Xustiza amoesta a Xunta por negar acesso a expedientes sancionadores sobre plantacións ilegais de eucaliptos

Negou esta información a Adega.

eucalipto xabarín porco
SOCIAL

O xabarín ‘deseucaliptizador’ de Paramá: "Arrincou todos os eucaliptos”

A acción do porco bravo remata cunha plantación desta especie nunha parroquia estradense.

castro montoxoalfoz adega mariña patrimonio-min
SOCIAL

Unha plantación de eucaliptos dana gravemente un castro en Montoxo, Alfoz

Adega e Mariña Patrimonio afirman que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural está outorgando permisos de intervención “a sabendas de que no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galiza existen erros, tanto na xeolocalización como na delimitación de moitos xacementos”.

Plantación de eucalipto nun monte galego. (Foto: Nós Diario) #eucalipto #moratoria #bng #pp #parlamento
POLÍTICA

O PP tomba unha iniciativa contra a plantación ilegal do eucalipto

A oposición critica a "falta de control" de Medio Rural pero o partido de goberno defende a moratoria e di que hai expedientes abertos.
Voluntarios da Eira da Xoana nunha campaña anterior. (Foto: Eira da Xoana / Adega) #eiradaxoana #medioambiente #adega #ecoloxismo #deseucaliptización #eucalipto #sanxoán
SOCIAL

A deseucaliptización na Eira da Xoana, prato forte do San Xoán de Adega

A asociación ecoloxista tamén participará na marcha de protesta contra Ence e a política forestal derivada das súas necesidades que organiza a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra. A acción reivindicativa terá lugar o próximo 4 de xullo.
Imaxe da entrevista a María Pilar García Negro. (Foto: Nós Diario) #maríapilargarcíanegro #autora #carvalhocalero #sermos #sermosgaliza
CULTURA

Sermos Galiza debate con García Negro sobre a figura do intelectual Ricardo Carvalho Calero

O semanario, que atoparás mañá nos quiosques e outros puntos de venda habitual acompañado do 'Nós Diario', tamén analiza a polémica derivada da moratoria á plantación de eucaliptos e fala das citas teatrais deste verán. Non o deixes quedar atrás!
Talla de carballos. Foto: Adega
star
Reportaxes

Eucalipto: moratoria ou fraude?

O eucalipto chegou á Galiza no século XIX 
como árbore ornamental para ser plantada en alamedas e pazos. Un século máis tarde os monocultivos desta especie inzaban o país, a custa de eliminar milleiros de variedades autóctonas. Tras anos de demanda para que se limite a súa plantación, o Goberno galego optou por unha polémica moratoria, contestada por diversos grupos ecoloxistas e políticos.
Zona do proxecto de plantación de eucalipto de Endesa. (Foto: Adega) #adega #eume #endesa #eucaliptos #denuncia #medioambiente #lumes
SOCIAL

Endesa pretende plantar no Eume 543 hectáreas de eucalipto

Proxecto a carón da balsa mineira das Pontes.
Plantación de eucalipto nun monte galego (Adega)
SOCIAL

Unha macroplantación de eucalipto nas Pontes ameaza un castro e unha vintena de mámoas

O proxecto afecta a perto de 1.000 hectáreas e está en fase de tramitación. Esta sexta feira foi obxecto de enfrontamento entre o Goberno da Xunta e a oposición no marco da Comisión de Agricultura do Parlamento.
Plantación de eucalipto nun monte galego (Adega)
SOCIAL

Prohibido plantar eucalipto na Galiza desde o 3 de xullo

A moratoria para novas plantacións estenderase até finais de 2025. Porén, a Xunta concede 30 días máis para cultivar máis eucalipto, malia as advertencias de descontrol da especie.
Tala de piñeiros pola moratoria ao eucalipto. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Dúas plantacións "ilegais" de eucalipto na Terra Chá ameazan a actividade agrogandeira

Unha asociación da bisbarra denuncia ante a Consellaría de Medio Rural que esta especie ocupa máis de 100 hectáreas en cinco concellos. Lamenta a falta de control desta aposta forestal cando hai "escaseza de terras para os gandeiros".
O Parlamento da Galiza nunha imaxe de arquivo. (Foto: Parlamento da Galiza)
POLÍTICA

O PP aproba en solitario a Lei de recuperación da terra agraria

O BNG votou en contra e o PSdeG abstívose na votación dunha lei que inclúe medidas como a moratoria de novas plantacións de eucalipto até 2025, un novo catálogo de solos agropecuarios e forestais, ou a posibilidade de expropiar leiras se non se coñece a persoa titular.