exportacións

ECONOMÍA

A despensa galega nútrese fóra

Gastamos cada ano centos de millóns de euros en importar alimentos. Este 2019 arrancou cun incremento de 15% nas importacións deses produtos. A balanza comercial entre os alimentos que exportamos e os que importamos é negativa en por volta de 900 millóns de euros anuais.  Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 342 do semanario Sermos Galiza.

ECONOMÍA

Exportacións de Galiza: non é ouro todo o que reloce

Galiza vai fechar 2018 cunha nova marca en exportacións: 17.000 millóns de euros nos primeiros tres trimestres do ano, un aumento de 7,6%. Mais os macrodatos non deben maquillar outra realidade: apenas cinco empresas acaparan a maior parte das vendas ao estranxeiro e ese mercado non incorpora as pemes galegas. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 328 de Sermos Galiza.

armas
SOCIAL

As armas cárgaas o diaño (e véndeas España)

As vendas españolas de armas ao estranxeiro en 2012 ascenderon a 1.953 millóns de euros. Esculca lembra que moitas desas armas “continúan tendo como destino países en conflito armado ou nos que existen graves violacións dos dereitos humanos”.

Vehículos na terminal Ro-Ro de Bouzas, no Porto de Vigo (Foto: Europa Press).
Agora

As exportacións galegas medran 8,9% en xaneiro e as importacións caen 2,5%

As exportacións galegas aumentaron un 8,9% o pasado xaneiro en comparación co mesmo mes de 2023, mentres que as importacións baixaron un 2,5%, segundo datos publicados esta segunda feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE). En concreto, a Galiza exportou produtos e servizos por valor de máis de 2.317 millóns de euros no primeiro mes deste ano, mentres que as importacións ficaron nos 1.787 millóns de euros. Os produtos con maior influencia nas exportacións galegas foron os vehículos automóbiles, tractores, cun peso do 29,3%, mentres que nas importacións foron os aparellos e material eléctrico, cun 31,4%. No Estado español, os produtos enviados ao exterior baixaron un 2,5%, con 30.144 millóns e as importacións estatais caeron un 2,9%, con case 33.873 millóns.
Oficina de BBVA (Europa Press).
Agora

A economía galega medrará 2,1% en 2024, di BBVA Research

O produto interior bruto (PIB) da Galiza crecerá 2,1% en 2024 e 2,2% en 2025, segundo as previsións que actualizou esta cuarta feira BBVA Research, que revisou á alza a previsión de crecemento do PIB do Estado español en 2024, até unha taxa de 2,1% pola mellora do emprego, o consumo e as exportacións de servizos, mais que reduciu o aumento esperado para 2025, até unha porcentaxe de 2%, en liña co menor crecemento previsto na Unión Europea e unha política fiscal máis restritiva. Deste modo, o crecemento da Galiza será igual ao do Estado español en 2024, aínda que se prevé que a alza do PIB galego sexa dúas décimas porcentuais superior ao dato estatal no ano 2025.