exposición

Unha das fincas de Agolada (Deza) afectadas polo proxecto de canalización de auga de Altri. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Impiden alegar a máis de 200 veciñas afectadas pola fábrica de Altri

Solicitan a Augas da Galiza ampliar o período de exposición pública.
A exposición está patente en Vilagarcía até o vindeiro día 25.
star
CULTURA

'Bueno, carallo, bueno': Xosé Freixanes, Alberto Avendaño e a apocalipse

Bueno, carallo, bueno é unha colaboración entre o pintor Xosé Freixanes e o poeta Alberto Avendaño. Un libro que deixa de ser libro para ser exposición e unha exposición, que se pode ver agora en Vilagarcía, que chama polo libro. Nese proxecto, os dous creadores sitúanse como espectadores dunha apocalipse que está sendo longa e que resulta xa aburrida. Contemplándoa, reflexionan sobre identidades, hibridacións e viaxes.

Unha das salas da exposición.
CULTURA

Nova exposición sobre as identidades en Pontevedra

Obras de nove artistas e estudantes propoñen “un percorrido” arredor da “autopercepción, o corpo, o fogar e a memoria”, 
Inauguración da exposición, esta quinta feira, no Museo Provincial de Lugo. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

O Museo Provincial de Lugo recupera a memoria das mulleres rapadas durante a ditadura franquista

A exposición compleméntase coa proxección dunha obra documental

Unha sala da exposición de Vicente Blanco na galería Néboa de Lugo.
CULTURA

A fraxilidade na obra de Vicente Blanco

Fraxilidade fronte a depredación. Coidados fronte a violencia. Suspensión do sentido fronte a discurso dominante. Vicente Blanco expón debuxos na galería Néboa de Lugo que reivindican unha nova mirada fronte a realidade, que considera a man como ferramenta de pensamento, ademais de como útil de traballo.
Vista xeral da exposición.
star
CULTURA

Así é a arte que xorde da precariedade na Fundación Laxeiro

O que hai. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade, foi que se pode ver na Fundación Laxeiro de Vigo até o 3 de marzo, ten como fío condutor a idea de creación sostíbel e a cr´itica ao produtivismo da sociedade contemporánea. Comisariada polo artista e investigador Alberto Santos, a exposición reúne as creacións de Alberto Ardid, Julio Catalán, Mar Ramón e Estéfana Román.
Un fotograma de 'El sembrador de estrellas'.
star
CULTURA

Lois Patiño reivindica a mirada activa: así é 'Marea', a exposición que o artista inaugura na Coruña

O cineasta Lois Patiño vén de inaugurar na Fundación Luis Seoane da Coruña a exposición Lois Patiño. Marea, un traballo que resume moitos dos elementos que definen a súa obra e que reivindican a contemplación como un medio de coñecemento que parte do sensíbel para atinxir a experiencia do sublime. A mostra viaxará en maio ao Centro Torrente Ballester de Ferrol.
A exposición 'Lorca en compostela' atraeu a máis de 26.000 visitantes.
CULTURA

As exposicións do Consorcio de Santiago convocan máis de 50.000 visitantes en 2023

A Casa do Cabido  obtén os mellores datos de asistencia desde que foi restaurada polo Consorcio de Santiago no 2011.
A comisaria da exposición, Sonia Martínez. (Foto: Sorolla en Galicia)
Contracultura

Sonia Martínez: "Ao museo veñen descendentes de persoas que Sorolla pintou e lembran historias que contaban"

Sonia Martínez (Chinchilla de Montearagón, Albacete, 1984) é conservadora do Museo Sorolla (Madrid) e a comisaria da exposición 'Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia', que estará aberta ao público até o 10 de marzo no Museo de Belas Artes da Coruña.
Instalación 'Flor e acanto', e Almudena Fernández Fariña, no recibidor do CGAC (Foto: Manu Suárez).
CULTURA

Últimos días para ver 'Conexións surrealistas' ou 'Memoria do Ceo'

Últimos días para ver algunhas das exposicións de 2023.
O artista José Perozo elaborando algunhas das súas pezas. (Foto: Tacho Jiménez)
Contracultura

José Perozo: "Presentar o corpo como unha arquitectura orgánica paréceme un paralelismo interesante"

José Perozo (Vigo, 1979) inaugura 'Antropotectura', unha exposición que estará aberta ao público na galería Monty4 (A Coruña) até o 2 de febreiro e que aborda a relación da arquitectura co corpo humano.
Un dos 'eremitas' de Acisclo Manzano.
CULTURA

Acisclo Manzano homenaxea os eremitas da Ribeira Sacra

O recoñecido escultor ourensán sinala que Eremitas é "unha homenaxe aos homes e ás mulleres que decidiron perderse no deserto verde daquela ribeira á que o Padre Yepes bautizou como Ribeira Sagrada".
Unha das salas da
exposición de Vigo.
star
CULTURA

As artes plásticas na obra e na traxectoria de Fernández del Riego

A relación de Fernández del Riego coas artes plásticas quedou sempre algo relegada no estudo da súa obra. A exposición que estivo presente en Vigo ao longo deste ano, ao coidado de Beatriz Liz de Cea, mostran a importancia que tivo na traxectoria do autor.
Xosé Lois, 'O Carrabouxo' esta terza feira en Compostela (Foto: Arxina).
star
CULTURA

O Carrabouxo está de aniversario en Compostela

Esta terza feira inaugurouse en Santiago de Compostela a exposición 40 anos do Carrabouxo que fecha un ano de celebracións das catro décadas de vida da popular creación de Xosé Lois González Vázquez (Ourense, 1949), coñecido como Xosé Lois. A defensa do idioma desde unha posición que reivindica a fala popular e unha mirada irónica sobre a realidade que desvela as súas trampas son os sinais de identidade dun personaxe que xa adquiriu vida propia no imaxinario do país. 
 
Barreiro ante unha das súas obras.
CULTURA

Compostela acolle unha mostra antolóxica sobre o pintor Barreiro

A exposición Barreiro. O silencio que chove luz na xanela,  recolle unha selección de pinturas e debuxos de José María Barreiro que renden homenaxe ao pintor de Forcarei, continuador da renovación do vangardismo histórico. 

Xosé Lois González, O Carrabouxo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

40 anos do 'Carrabouxo' nunha exposición en Santiago de Compostela

Na apertura da exposición estará presente o propio Xosé Lois González Vázquez, ‘O Carrabouxo’, que realizará unha pequena visita guiada á súa exposición, responderá ás preguntas dos asistentes e asinará as publicacións da súa obra que cada quen leve da súa casa.
Unha sala da exposición.
CULTURA

Belas Artes reivindica o seu papel na evolución da creación galega

Unha exposición xunta obras de docentes e alumnado da Facultade.
Relevo, cinza con 
perforacións, 1993.
star
Mostra en Lugo

O silencio que reclama a obra de Leopoldo Nóvoa

O Museo de Lugo acolleu onte a inauguración da exposición Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura, que visa a difundir entre o gran público a obra dun dos artistas galegos con máis proxección internacional, pero aínda pouco coñecido a nivel popular. Unha obra que segue a interpelarnos desde a súa fonda reflexión sobre a violencia e a destrución.
'Os fillos de fóbetor (os durmintes atados nas camas)', de Miguel Ángel Vigo.
star
Arte

Maldita figura. Escultura galega contemporánea

Maldita figura. Escultura Galega Contemporánea. Autores: Camilo Seira, Francisco Remiseiro, Iván Prieto, José Perozo, Miguel Ángel Vigo e Óscar Aldonza / Local: Espazo de exposicións Torrado, Concello de Cambados / Até o 30 de decembro.
Vista xeral da exposición.
star
Exposición en Vigo

Elisa Molíns e Blanca Chao, dúas pintoras rescatadas do esquecemento

A exposición Pinceladas do esquecemento que se pode ver até o 21 de xaneiro de 2024 na Pinacoteca Fernández del Riego de Vigo, rescata a figura e a obra de Elina Molíns e de Blanca Chao, dúas pintoras viguesas de finais do século XX cuxa produción artística, de alto nivel, quedara afastada do recoñecemento público. A descuberta do historiador Jose Luís Mateo esténdese ademais ao achado de máis de corenta cadros de dúas autoras das que non se coñecían orixinais.