DEPORTES
Primeiras medallas para o piragüismo galego no europeo de Suíza
04/xul./24
Estes días, a localidade suíza de Dallenwil acolle o Campionato de Europa de Piragüismo de Augas Bravas Júnior e Sub-23 2024. Na primeira xornada conseguiron o bronce en C2-clásica pola súa boa actuación as novas promesas do Quixós, a parella formada por Noa Díaz e Ximena Prats.