“Queremos escoitar sobre o terreo e contar con honestidade o que pasa en Europa”
O xornalista Cristian López e o fotógrafo Felipe Carnotto desprazaranse até Grecia, Macedonia e Serbia para abordaren no terreo o éxodo migratorio que percorre Europa e cubriren as eleccións gregas do próximo 20 de setembro. As súas reportaxes verán á luz nas páxinas do semanario Sermos Galiza e tamén na súa edición dixital.