POLÍTICA
O actual sistema de financiamento deixa Galiza cun déficit anual de 1.535 millóns
29/maio/24
O modelo é incapaz de cubrir os custos dos servizos básicos.
O presidente catalán desentraña o novo modelo de financiamento proposto pola Generalitat, defendendo un referendo de autodeterminación e que Carles Puigdemont poida presentarse como candidato nas eleccións anticipadas do 12 de maio.
O economista Xosé Díaz (Ferrol, 1944) vén de dar ao prelo o seu novo traballo sobre o impacto na Galiza do actual sistema de financiamento. O volume, publicado por Edicións Laiovento baixo o título de Autogoberno e sistema de financiamento. O papel da nación galega, recolle as análises dun dos máximos expertos na materia en relación coa succión do excedente xerado na Galiza, onde o sistema de financiamento xoga un papel chave.