franquismo

José Pedreira de la Iglesia (‘Tomás Padilla’).
star
Caderno 'Coñecer'

Reviravoltas da historia: as dúas mortes de Xan de Xenaro e José Pedreira

Novamente en dúbida a verdade impresa na documentación oficial.
O conde de Fenosa, Pedro Barrié de la Maza, co ditador Francisco Franco en 1965. (Foto: Europa Press)
star
Caderno 'Coñecer'

A cruzada do franquismo contra a sexualidade feminina

Marxinadas e perseguidas por ser diferentes.
Estatua que homenaxea José María González-Llanos en Ferrol. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

PP e PSOE poñen trabas á retirada da estatua do contraalmirante franquista González-Llanos en Ferrol

O pleno municipal debate na vindeira segunda feira unha moción impulsada polos populares que busca impedir a retirada deste símbolo alegando o seu "legado" na cidade. O alcalde, o socialista Ángel Mato, cre que foi un "erro" aprobar a retirada da estatua.
A Lexión Cóndor do Exército nazi perpetrou o cruento ataque. (Foto: Arquivo Federal de Alemaña)
INTERNACIONAL

85 anos do masacre de Gernika: "O grao de destrución da vila é próximo a 75%"

Naquel masacre de abril de 1937, segundo fontes do Goberno vasco da época, morreron máis de 1.600 persoas. Esta terza feira as campás e as sirenas volverán soar en Gernika para lembrar o bombardeo e honrar as vítimas.
Acto de homenaxe ás vítimas do franquismo en Rianxo. (Foto: Nós Diario)
Concello e CRMHB lembran o asasinato de Francisco López e Manuel Piñeiro

Rianxo homenaxea ás vítimas do franquismo

O Concello de Rianxo e a Comisión pola Recuperación Memoria Histórica do Barbanza (CRMHB) ergueron na maña de hoxe un monólito no Alto da Paradegua, en Burés, na parroquia de Asados para homenaxear ás vítimas do franquismo. O lugar escollido para esta iniciativa foi utilizado polos franquistas en 1936 para asasinar a Francisco López Pérez “Fontevella” e a Manuel Piñeiro Abeijón.

 

A violinista María Lourdes Olbés participará nesta homenaxe.
Axenda

Homenaxe en Rianxo ás vitimas do franquismo

A homenaxe terá lugar na Paradegua co descubrimento dunha placa e ofrenda floral
Xosé Ramón Ermida e Dionisio Pereira, esta cuarta feira, no Liceo de Ourense. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Analizan a loita da guerrilla antifranquista en Ourense: "Na Galiza comeza en 1936 e segue até os anos 50"

Os historiadores Dionisio Pereira e Xosé Ramón Ermida presentaron nunha palestra organizada pola asociación Amigos da República Ourense o coleccionábel de Nós Diario sobre a guerrilla. No acto realizaron un achegamento á loita que levaron a cabo contra o franquismo.    
Monumento ao 10 de Marzo, en Ferrol, en memoria das loitas sindicais que custaron a vida a dous traballadores da antiga Bazán (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

O colectivo de mulleres do 10 de marzo de Ferrol recibirá a distinción 'republicanas de honra'

"Son un exemplo da loita colectiva", expuxo Aurora Paz, portavoz da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Antigo cárcere do Partido Xudicial en Tui. (Foto: @fotosantiguastuy)
MEMORIA E HISTORIA

Mulleres represaliadas no cárcere de Tui (1936-39)

No cárcere do Partido Xudicial, en Tui, foron ingresados moitos homes e mulleres tralo golpe de Estado de 1936. A rabiosa presión exercida sobre as mulleres foi unha das tácticas seguidas polos sublevados para a imposición do terror, do medo e mais do silencio.
Xóse Luis Rivas, 'Mini', nunha intervención no Parlamento galego. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Xosé Luís Rivas Cruz, 'Mini': "É necesario seguir reivindicando, polo menos oitenta anos máis"

Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, o home da longa barba branca. Un elemento característico dun persoeiro dedicado á docencia, á música, á política... Conta que a barba era símbolo de rebeldía nalgún tempo, que era unha forma de rabuñar espazos de liberdade. “Por iso deixabas as greñas, falabas galego... iso era o que provocaba, de iso se trataba”.
A represión política na ditadura franquista tiña por obxecto aniquilar a disidencia (e as disidentes), e sementar o terror. (Foto: Álex Rozados)
Análise

Represión vicaria

Lola Ferreiro Díaz, doutora en Medicina e activista feminista, analiza nesta peza a represión do franquismo contra as mulleres.
Rafael Medina y Villalonga, vestido de branco e no centro da imaxe, liderando un grupo represivo falanxista nunha localidade sevillana, en 1936. (Foto: Fondo Juan José Serrano da Hemeroteca de Sevilla)
MEMORIA E HISTORIA

Aristocracia e represión falanxista tras o 'comisionista' das máscaras en Madrid

Rafel Medina y Villalonga, avó de Luis Medina Abascal, acusado pola Fiscalía de cobrar comisións na venda de máscaras ao Concello de Madrid, foi un recoñecido represor franquista que participou do golpe de Estado de 1936.
O poeta, xornalista e político Johán Carballeira. (Foto: Cedida)
MEMORIA E HISTORIA

Bueu homenaxeará Johán Carballeira, asasinado polo franquismo hai 85 anos

O poeta, xornalista e político pasou varios meses encerrado en San Simón após o golpe de Estado e foi fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937.
Soledad Luque FINAL
Soledad Luque, investigadora

Soledad Luque, investigadora: "O roubo de bebés foi moi habitual no franquismo”

Soledad Luque Delgado (Madrid, 1965) é presidenta da asociación 'Todos os nenos roubados son tamén nenos meus'. Hoxe participa na cidade do Lérez nas xornadas “Individuas de dudosa moral”, organizadas pola área de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Afondará no roubo de bebés durante os anos da ditadura franquista.

Imaxe de arquivo do Arsenal Militar de Ferrol. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Exixen ao Concello de Ferrol que retire as honras a militares franquistas

"É un traballo que está sen rematar porque aínda queda en Ferrol simboloxía franquista que depende de Defensa e por iso presentamos esa moción, solicitando ao alcalde que podamos defendela no Pleno".
A igrexa de Santa Eulalia (Vilagarcía), coa cruz que se pedía non retirar (Foto: Google Maps).
MEMORIA E HISTORIA

Rexeitan a petición dun colectivo católico de paralizar a retirada dun símbolo falanxista en Vilagarcía

Abogados Cristianos pedía a permanencia na igrexa de Santa Eulalia dunha cruz que rende homenaxe a José Antonio Primo de Rivera e que xa foi retirada este ano. Na Galiza aínda fican máis de 600 símbolos franquistas.
Carlos Méixome Quinteiro (Foto: Xabicas).
CULTURA

Carlos Méixome: "A represión no Baixo Miño foi brutal"

Carlos Méixome, da man de Laiovento, volve cun novo volume sobre a represión na Galiza, 'O terror nas Tebras e outras catas na memoria'. Após o seu traballo arredor da represión franquista no Val Miñor, achégase agora ao Baixo Miño en busca de da historia esquecida das vítimas.
Imaxe de arquivo do Arsenal de Ferrol. (Foto: Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

O Ministerio de Defensa muda os nomes franquistas das rúas do Arsenal de Ferrol após unha denuncia ante a Fiscalía

No seu comunicado, o Colectivo de Presas e Presos políticos de Ferrol na ditadura afirma recibir con ledicia o "cambio de actitude" do Ministerio de Defensa, mais queren que "se fale claramente de eliminación de simboloxía franquista".
Franco, preparando unha intervención para o NO-DO.
star
Reportaxes

Por que o franquismo fomentou o 'folclore'?

A Galiza era exótica. Fermosa. Doce. Traballadora. Humilde e agradecida. Submisa. Atrasada. Pobre. Unha Arcadia sen conflito, detida no tempo, que precisaba ser colonizada para levala ao progreso. Á civilización. Así era, segundo a investigadora Beatriz Busto, autora do ensaio Um país a la gallega (Através), a imaxe do país que o franquismo proxectaba a través do NO-DO. Unha construción da subalternidade que, segundo esta antropóloga, chegou aos nosos días, atravesando a publicidade, o cinema, a política ou, mesmo, os nosos corpos. 
VI Andaina da Vergoña polas rúas da Coruña este 12 de marzo.
MEMORIA E HISTORIA

Un paseo "da vergoña" visita e denuncia as pegadas franquistas que aínda perduran na Coruña

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou este sábado a VI Andaina da Vergoña para denunciar as homenaxes "aínda visíbeis" na cidade herculina a personaxes relacionados coa ditadura franquista.