galego

O galego, a impunidade e a mentira

Debo recoñecer que a estas alturas non é doado que haxa actuacións da Consellería de Educación que me resulten sorprendentes. Son tantas, permanentes e disparatadas  as que levamos soportado que xa a un lle parece  que está inmunizado ante tanta impostura,   engano e demagoxia  que emanan dunha Consellería que, baixo a batuta de  Jesús Vázquez, usa constantemente, de maneira perversa, os medios institucionais e de comunicación  e os  recursos públicos para atacar o idioma e calumniar impunemente a organización maioritaria do profesorado galego, a CIG-Ensino. Mais a última deixoume abraiado.

Cadea de León
SOCIAL

Distintas organizacións alertan sobre a “alarmante” situación do preso galego J. A. Vilasó Pardevila

Doente da SIDA e cun cancro linfático avanzado, sobrevive nun penal de León baixo un réxime de “isolamento encuberto”. Após unha folga de fame e rexeitar o seu tratamento, Vilasó abandona os protestos polo agravamento da enfermidade.
 

Luis Tosar e Jorge Coira
CULTURA

Novas visións galegas sobre o cine de culto internacional

Un ciclo no Forum Metropolitano da Coruña reunirá a artistas como Jorge Coira, Xurxo Souto, David Rubín ou Yolanda Castaño para comentar filmes controvertidos como 'Donnie Darko' ou 'The Devil and Daniel Johnston'.   

comecartos
ECONOMÍA

@s galeg@s gastamos 544 millóns de euros nas comecartos, un 83% que o ano anterior

Galiza é un dos poucos territorios do Estado onde aumentaron os ingresos destas máquinas. 

LINGUA

O Opus traduce ao galego “Santo Rosario” de Escrivá de Balaguer con portada de Castelao

O Opus Dei está a traducir a obra de Escrivá de Balaguer ao galego e vén de publicar o libro “Santo Rosario” con portada de Castelao. 

Escola infantil
LINGUA

A Mesa di que nunca desde o franquismo houbo tantos problemas para a escolarización en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia “obsesión” do presidente Feijóo por “acabar co ensino en galego malia as sentenzas do TSXG” e afirma que nunca desde o franquismo “as nenas e nenos de fogares galegofalantes tiveran tantos obstáculos para se escolarizaren na súa lingua materna como desde que goberna Núñez Feijóo”. 

III Festa da REPUBLICA GALEGA
SOCIAL

III Festa da REPUBLICA GALEGA

Xosé Bocixa
Manuel Rivas
CULTURA

The Guardian: “O pasaporte poderá ser español, mais Manolo Rivas é galego”

O prestixioso xornal británico louva a última obra de O´Rivas traducida ao inglés, 'All is Silence' (Todo é silencio). De paso, fala aos seus lectores e lectoras da “Terra dos Gaélicos” que existe no extremo noroeste da Península

comisión das caixas
ECONOMÍA

Os sindicatos ven responsabilidades políticas no desaparecimento das caixas galegas

Quenda de comparecencia dos sindicatos na comisión das caixas do Parlamento de Galiza. E puxeron branco sobre negro: as direccións obrigaron a comercializar as preferentes "como fose" e sabendo que produto era. Hai responsábeis políticos no "desastre" do desaparecimento das caixas. E o escenario actual é o que gorentaba a gran banca

galego
Galiza

A CIG ensino exixe a execución da sentenza sobre o galego ante o desacato da Xunta

A CIG ensino acaba de se dirixir á Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para que garanta o cumprimento da sentenza ditada no seu día contra o decreto sobre o uso do galego no ensino. Faino así o sindicato nacionalista após constatar que a Xunta teima en consultar a nais e pais a lingua vehicular do ensino en Galiza, unha práctica declarada non axustada a direito polo TSXG.

Flota baixura pesca
Galiza

A Garda Civil multa a barcos pesqueiros galegos por non levar a bandeira española

Está a levantar acta de proposta de sanción de até 1.500 euros a pequenas embarcacións de baixura que faenan dentro da Ría de Arousa sen levar o pavillón 'nacional'. Baséase nun Real Decreto de 1980 que non se estaba a aplicar e que di que a bandeira española ten que ir en lugar ben visíbel

Traiñeiras en Portugalete
DEPORTES

Tirán ergue os remos en Portugalete

A embarcación de Moaña venceu con contundencia en augas da ría bizkaitarra e escala até o 4º posto na clasificación da Liga ACT

Acto BNG defensa ferrocarril.
Galiza

O BNG reclama unha compañía ferroviaria galega contra os recortes de Madrid

Competencias en materia ferroviaria e unha compañía pública galega. Son as principais demandas que Xavier Vence puxo sobre a mesa en Monforte no peche da campaña do BNG, “Que non nos rouben o tren”. Defendeu un servizo social que responda ás necesidades do país e non ao beneficio dunhas poucas persoas. 

Galiza

Anova defende que o Día da Patria sexa unha celebración da "cidadanía" e non de "forzas políticas"

A Coordenadora Nacional de Anova, que se reuniu este sábado, advoga por que o Día da Patria Galega sexa unha "celebración da cidadanía" e non "das forzas políticas"

A proclamación da República Galega en xuño de 1931
Galiza

A proclamación da República Galega en xuño de 1931

Lois Patiño
CULTURA

Lois Patiño: "O novo cinema galego está a ter un recoñecemento internacional sen precedentes"

A obra do vigués Lois Patiño vén de percorrer algunhas das grandes citas do cinema internacional, atesourando éxito tras éxito. A uns poucos meses da estrea do seu vindeiro traballo, Costa da Morte, o cineasta debulla con nós as claves dunha filmografía que afonda na fascinación do ser humano ante a inmensidade da natureza. 

Estaleiro Vigo
ECONOMÍA

O naval galego ten que pagar o 61% dos 2.800 millóns a devolver polo 'tax-lease'

Dos 2.800 millóns de euros que o comisario da Competencia confirmou que terá que devolver o naval do Estado español polas axudas do 'tax-lease', uns 1.700 millóns pagaraos Galiza

POLÍTICA

Compromiso di que "non se pode afirmar a existencia de RG" porque "iso non foi determinado" nos tribunais

A organización política formulará emendas á moción que o Partido Popular presentará nos concellos para condenar o terrorismo

 

soberanía
MEMORIA E HISTORIA

82 anos da República Galega

Con motivo do 82 aniversario da proclamación en Compostela da República galega, diversos colectivos organizan actos nestes días para conmemorar e lembrar esa data. Entre estes, destaca a Festa da República Galega que se fai en Ordes ou a arenga pública e unha proxección audiovisual en Marín

Esquios
CULTURA

Conmoción no rock galego pola morte do vocalista de Esquíos

Miguel Castro, de 32 anos, faleceu xusto cando a banda de punk da que facía parte presentaba en xira o seu cuarto disco.