galego

Concentración polo galego na xustiza
LINGUA

Unha empresa recorre unha demanda por despedimento por estar en galego

A lingua galega como “defecto de forma”. Este é o argumento que unha empresa emprega contra a denuncia dunha traballadora polo seu despedimento no xulgado da Coruña. 

naval, estaleiro
ECONOMÍA

Sentenza de Bruxelas contra o naval galego

A Comisión decidiu por consenso esta cuarta feira considerar "ilegais" as axudas do 'tax-lease', polo que hai que devolvelas. Será o goberno español o que ten que decidir quen devolve estas axudas e a contía a reingresar. A decisión de Bruxelas sitúa na corda bamba máis de 15.000 empregos na Galiza

Estaleiro, naval
ECONOMÍA

O Día D para o naval galego

A comisión da Competencia da UE decide esta cuarta feira se o naval ten que devolver as axudas polo 'tax-lease'. Unha decisión da que penden máis de 15.000 empregos na Galiza. Vídeo no interior

Instrucións para ser un verdadeiro galego

Escribir sempre imposíbel e nunca imposible. Non ler nunca e baixo ningún concepto a Camilo José Cela. Emocionarse coa estrela encarnada da bandeira. Procurar dicir Estado Español e non España. Non permitir ante autoridade ningunha que nos movan os marcos. Escribir insuperábeis e non insuperables. Se non che gustan certos poetas galegos non o digas, non esquezas nunca que escribiron a súa obra en circunstancias adversas e heroicas nas trincheiras da historia e defendelos equivale sempre a facer país. Que non te escoiten falar castelán cos amigos estranxeiros (isto está permitido fóra das nosas fronteiras e se non están presentes os amigos da terra).

LINGUA

'Cada gota cuenta' para que a Deputación da Coruña exclúa o galego

A Mesa vén de denunciar máis unha vulneración da lei da Administración local ao deixar fóra a nosa lingua da campaña de sensibilización ligada ao proxecto 'Mandeo', desta volta sobre a necesidade de aforrar auga e que se desenvolve en contornas rurais

naval
ECONOMÍA

Encerramento nos estaleiros galegos para presionar a Bruxelas

Os traballadores do naval galego decidiron por unanimidade nas asembleas iniciar un encerramento de 24 horas nos estaleiros da Ría de Vigo. Unha protesta que manterán até a decisión da comisión esta cuarta-feira sobre a devolución das axudas do tax-lease

DEPORTES

A selección galega de fútbol praia feminino, campioas do Estado

As mozas da Irmandiña de fútbol praia fixéronse esta fin de semana co campionato español fronte ás murcianas. Galiza tórnase por vez primeira a mellor selección a nivel estatal nun deporte absoluto

A LOMCE, letal para o ensino público galego

O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, explica na súa comparecencia na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados as repercusións da aplicación da LOMCE no ensino público galego. Recollemos a súa intervención. 

OPINIÓN

Patrick Molard: "Raúl Alberto Pinheiro Vidal, meu irmán galego"

Primeira xuntanza do colectivo Presenza.
Galiza

Nace Pertenza, colectivo defensor da identidade galega

Cun manifesto fundacional no que defenden o “orgullo de sermos unha nación que queremos ser o que somos, non o que outros queren que sexamos”, nace en Vigo o colectivo Pertenza, un grupo de persoas que, mediante o debate, a interpelación social e a reflexión, defenden a súa lingua, cultura, territorio e economía.

Queremos galego
Galiza

O TSXG dá 20 días á Xunta para explicar por que continúa adiante coas consultas ás familias sobre o galego

A máxima instancia na Galiza admitiu a trámite o recurso presentado pola CIG-Ensino no que exixen o cumprimento das sentenzas que declaran ilegais as consultas ás familias sobre o uso do galego no ensino infantil

Reunión da Mesa do Parlamento de Galiza
ECONOMÍA

O Parlamento galego insta a Bruxelas a reconsiderar a devolución do 'tax-lease'

O PP negouse a convocar un pleno para debater acordar medidas para o naval

Parlamento europeo
POLÍTICA

O BNG marca como primeira opción para as europeas impulsar unha candidatura galega

O portavoz parlamentar, Francisco Jorquera, afirma na Radio Galega que pular por unha candidatura que dea voz a Galiza é a prioridade, mais sen desbotar ningunha opción

Bandeira galega co escudo deseñado por Castelao
OPINIÓN

O proceso soberanista galego chega a Catalunya

Conferencia Nacional de ERC. Cara á independencia. Contraste de experiencias con outros proxectos soberanistas, entre eles o galego. Que é iso de GpS?, perguntaron @s cataláns, en relación á iniciativa que naceu este sábado en Santiago. Os nacionalistas galegos Xavier Vence e Camilo Nogueira encarregáronse de informar ao respeito.

embarcacións tradicionais
CULTURA

A cultura marítima europea ten cita en augas galegas: O Freixo

O XI Encontro de Embarcacións Tradicionais, que decorrerá do 11 ao 14 deste mes de xullo, reunirá barcos, cultura, historia, festa e unha manchea de actividades no Freixo. Un pequeno porto de Outes onde chegou haber 40 estaleiros

traiñeiras, remo, tirán
DEPORTES

Tirán fai historia para o remo galego ao conquistar a súa segunda bandeira na temporada ACT

A representante galega gañou en casa, Moaña, con contundencia e por diante de traiñeiras tan fortes como Kaiku, Orio ou Urdaibai. De por parte, e nesta mesma fin de semana, comezaba a Liga Galega de Traiñeiras, con dous líderes: Meira e Ares

Mauritania
ECONOMÍA

Mariñeiros da frota galega expulsada de Mauritania paralizan descarga polbo en Vilagarcía

O cefalópodo fora capturado en augas mauritana pola frota china, que faena de onde foi expulsa hai uns meses a galega por un convenio da UE

Iniciativa Social pola Soberanía
Galiza

Nace Galiza pola Soberanía (GpS), iniciativa social para avanzar cara un Estado Galego

"As mulleres e homes da nación galega tomamos nas nosas mans a responsabilidade de construír un futuro diferente, libre do Estado español e a UE". Así se recolle no manifesto fundacional de GpS, subscrito por máis de 200 persoas, e con vontade de sumar. Dezasete persoas compoñen a Coordinadora do proxecto

Deputación da Coruña
Galiza

A Mesa denuncia que a Deputación da Coruña exclúe o galego na nova sinalización viaria

A asociación presentou un escrito de protesta na institución que preside Diego Calvo, do PP, e solicita que se cumpra “coa legalidade” ante o que considera unha nova marxinación da lingua propia.

naval
ECONOMÍA

O naval galego volve á rúa para exixir solucións

Xornada de mobilización e protesta nos estaleiros galegos. Nos de Vigo (privados) en pé de guerra contra a devolución das axudas do 'tax-lease' por supoñer a fin do sector. En Ferrol (público) en demanda de carga de traballo