galego

Pedro Insua, nun relatorio. (Foto: Fundación G. Bueno)
LINGUA

"El catalán, el gallego y el euskera no debieran de ser oficiales": Pedro Insua, a polémica 'fichaxe' da Radio Galega

O programa 'A Tarde' contará todas as segundas feiras, segundo el mesmo confirmou, co autor de obras revisionistas como '1492: España contra sus fantasmas' e que ten cuestionado en numerosas ocasións o uso da lingua galega por parte das administracións públicas.
Carteis de rebaixas este sábado en dúas tendas dun centro comercial de Santiago (Foto: Nós Diario).
LINGUA

O galego segue fóra das rebaixas nos grandes centros comerciais

Co inicio das rebaixas os centros comerciais anuncian os descontos empregando, na súa gran maioría, o castelán. A profesora  Ana Fernández Soneira, da UVigo, alerta da perda da "lembranza de marca" con esta situación.
A xornalista, directora e catedrática Margarita Ledo Andión (Foto: USC).
LINGUA

Margarita Ledo convértese na primeira muller en gañar o premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC

O xurado destacou no seu ditame o compromiso “incuestionábel” da profesora co idioma propio da Universidade de Santiago de Compostela “que atravesa de parte a parte a súa traxectoria vital e profesional”
Bierzo wikimedia commons
LINGUA

A Xunta afirma que está a traballar pola oficialidade dos topónimos en galego no Bierzo e Seabra

A Administración galega quere "oficializar polo menos unha toponimia bilingüe", de modo que sexa normativamente correcto utilizar nomes como "Toural dos Vados" ou "Vilafranca do Bierzo".

A autora Susana Martín Gijón durante o decorrer da Selic en Compostela. (Foto: Selic)
star
Análise

Falsos argumentos no relato cultural e lingüístico

Iria Taibo é tradutora, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (Agpti).

Un libro na man

Jane Fonda, Patricia Botín, Carmela Silva e Ana Pastor (Foto: Europa Press).
star
Análise

Categoría: "señoriña"

María Pilar García Negro é profesora honoraria da UDC e escritora.
A autora Susana Martín Gijón durante o decorrer da Selic en Compostela. (Foto: Selic)
LINGUA

Unha escritora sevillana incomódase coa lingua galega na Selic mentres unha autora vasca intervén en galego

A escritora andaluza Susana Martín Gijón publicou varias mensaxes na rede social Twitter relacionadas co uso do galego que xeraron gran polémica por parte de múltples persoas usuarias.
fer
Agora

'Eu quero o galego': o popular Fer Castro leva a reivindicación lingüística a 'Pasapalabra'

"A miña idade, algúns temos un soño tolo, que é ter acceso a unha vivenda digna antes dos 40 anos". Aquelas palabras coas que se presentou en Pasapalabra, o concurso máis lonxevo da televisión estatal, servíronlle a Fernando Castro para gañarse ao público. Programa a programa, o concursante natural de Santiago de Compostela tornou no favorito da audiencia, sobre todo na Galiza, e cada vez son máis as persoas que cada noite seguen os seus avances no concurso. Esta quinta feira volveu vencer e quedou a só dúas palabras do 'bote', todo iso nunha tarde na que abandeirou a reivindicación lingüística portando unha camisola da Mesa pola Normalización co lema 'Eu quero o galego'.
Camilo Nogueira, Montse Prado, Román Rodríguez, Miguel A. Santalices, Henrique Monteagudo, Valentín García, Anxo Lourenzo e Víctor Freixanes, esta cuarta feira na biblioteca da Cámara. (Foto: Parlamento da Galiza)
star
LINGUA

40 anos da Lei de normalización: o galego é a única lingua oficial de todo o Estado español que perde falantes

A Lei de Normalización Lingüística fai hoxe 40 anos. Mentres o conxunto das linguais oficiais do Estado español gañan falantes, apoiadas nunha lexislación e administracións realmente comprometidas cos seus idiomas propios, o galego esmorece.
Encontro de docentes na eurocidade de Tui-Valença. (Foto: Helena Pousa Ortega)
star
Análise

Devagar se vai ao longe

Helena Pousa Ortega é filóloga e investigadora sobre os elementos lingüísticos e culturais do Baixo Miño.
Camilo Nogueira e Carlos Varela, homenaxeados este sábado en Fonseca. (Foto: Europa Press)
LINGUA

Camilo Nogueira e o fiscal Carlos Varela, "insignes" irmandiños xurídicos polo impulso e uso da lingua galega no ámbito da Xustiza

A homenaxe decorreu coincidindo co corenta aniversario da Lei de Normalización Lingüística, en cuxo impulso tivo un papel fundamental Nogueira.

Polo de lingua

Nenas e nenos, con pulseiras coa bandeira galega no pulso (Foto: RAG).
star
Reportaxes

Virar o rumbo, o ámbito político no foco

A aprobación da Lei de Normalización Lingüística foi un fito histórico. O galego gañou novos ámbitos, a produción cultural florece, a maioría da poboación sabe lelo e escribilo. Non obstante, segue perdendo falantes, os grandes medios danlle as costas, vellos prexuízos rebrotan con brío e xorden outros novos. Que había que facer e non se fixo? Que se fixo mal? Que se puido facer mellor? Como reverter a súa perda? Mesmo se non temos respostas claras, cómpre formular esas preguntas.
A sociolingüista e profesora da Universidade da Coruña María Pilar García Negro (Foto: Arxina).
star
Entrevistas

María Pilar García Negro: A loita incansábel a prol do galego

Unha das voces máis autorizadas para conversar sobre sociolingüística é a de María Pilar García Negro, autora de numerosos traballos sobre a lingua galega e cuxa tese de doutoramento, O galego e as leis. Aproximación sociolingüística, de 1991, ofrece unha exhaustiva revisión do tratamento iuslingüístico do idioma propio da Galiza. Mais en 1984, anos antes de ingresar como profesora na Universidade da Coruña, foi expedientada por impartir aulas en galego. Na súa etapa como parlamentaria do BNG, desenvolveu un intenso labor centrado nos usos sociais do galego e ela mesma impulsou iniciativas para modificar e facer cumprir a Lei de Normalización Lingüística. De aí que sexa a persoa acaída para botar a ollada a estes 40 anos.
Um caso paradigmático é o texto do Governo Galego e Ecoembes sobre a reciclagem. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

A língua mais difícil do mundo

Carlos Garrido é professor da UVigo e presidente da Comissom Lingüística da AEG.

Cláusula polo galego

A comunidade experta defende a presenza da educación sexual nas aulas. (Foto: Nós Diario).
LINGUA

Novo "ataque" da Xunta á lingua galega no ensino

169 unidades didácticas foron eliminadas da páxina web da Consellaría de Educación.

O investigador Perfecto Ramos está a presentar estes días o seu novo libro (Foto: Xan Carballa).
Contracultura

Perfecto Ramos: "Gregorio Feixoo protagonizou un dos episodios máis relevantes pola dignidade da nosa lingua"

Perfecto Ramos presenta 'Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros', unha nova investigación arredor das figuras de dous parentes: Gregorio, inquisidor e autor dunha obra en lingua galega, hoxe perdida; e Antonio Jacinto, investigador das propiedades medicinais das plantas e colaborador do Padre Sarmiento.

Alejandro Martínez, autor dunha tese en lingua galega publicada en Zadar, Croacia (Foto: Cedida).
LINGUA

Alejandro Martínez, profesor de galego en Croacia: "Hai alumnado croata que fala galego mellor que moitos políticos"

Natural de Baiona mais afincado en Zadar, Croacia, Alejandro Martínez é profesor de galego nese país e o autor da primeira tese en lingua galega presentada nese territorio de Europa. 'Nós Diario' conversa con el sobre a tese e o galego no estranxeiro.