galego

Manifestación de Queremos Galego en Santiago. (Foto: Arxina)
LINGUA

A lexislación española fai do galego unha lingua de segunda

A cooficialidade entre o español e as outras linguas do Estado non é real. Mentres  a obriga de usar o primeiro idioma está fixada en diversas disposicións legais, ningunha norma obriga a empregar as outras tres linguas. O Comité de Ministros do Consello de Europa ten denunciado ao Goberno do Estado español pola súa política lingüística no ámbito da Xustiza e da Administración.

Daniel Craig en 'Puñais polas costas', traducido ao galego por Manuel Arca e estreado na TVG o 4 de xullo ás 00.30 horas. (Foto: Lionsgate Films)
star
Análise

Puñais polas costas

Iria Taibo é tradutora, intérprete e presidenta da AGPTI.
María Obelleiro, na aula, esta terza feira. (Foto: RAG)
LINGUA

María Obelleiro: "Para a saúde do idioma é necesario un sistema de medios de comunicación en galego forte"

A directora de 'Nós Diario' participou hoxe nos Cursos de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras', organizados pola Real Academia Galega, cun relatorio titulado 'Medios e lingua galega, por que non?', no que ofreceu un extenso percorrido pola historia do xornalismo en galego até a actualidade, e reflexionou sobre os atrancos que limitan a presenza do noso idioma no ecosistema mediático.
Unha das pancartas que apareceu na comarca da Limia (Foto: @martaseguin).
SOCIAL

"Gallegos paletos. Viva Madrid". Estas son as pancartas galegófobas que apareceron na Limia

Desta situación alertaron persoas usuarias das redes sociais, especialmente Twitter, que na súa esmagadora maioría, mostraron o seu total rexeitamento a este tipo de mensaxes.
José Manuel Vaz Carpinteira. (Foto: AECT Rio Minho)
Presidente da Câmara de Valença

José Manuel Carpinteira: "Em atos oficiais na Galiza sempre uso o português"

José Manuel Vaz Carpinteira é presidente da Câmara Municipal de Valença, um dos autarcas mais conhecidos no norte de Portugal, com muitos anos de experiência. Foi também presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, durante 24 anos, entre 1989 e 2013 até à entrada em vigor da limitação de mandatos em Portugal. Nas eleições municipais de 2023 nos concelhos do Baixo Minho ganhou a votos a esquerda e no Condado, uma comarca com menor densidade demográfica e menos desenvolvimento económico, ganhou a direita. E mais para alá do Minho, em Portugal, no suposto norte conservador, governa o Partido Socialista (PS) em quase todos os municípios minhotos. Valença é um deles.
Há um símile esclarecedor, sinala Carlos Garrido, "o castelhano é um tigre que ataca o galego". (Foto: Nós Diario)
star
Análise

A normalizaçom, a normativizaçom e o tigre

Carlos Garrido é professor da UVigo e presidente da Comissom Lingüística da AEG.
O 'phising' é un dos métodos de estafa máis estendidos (Foto: Nós Diario).
Xustiza

Abanca pide traducir ao español unha sentenza que a condena a devolver a un cliente 3.100 euros subtraídos por 'phising'

A sentenza, á que tivo acceso 'Nós Diario', recoñece a responsabilidade do banco e non ve "neglixencia grave" do usuario, pois deu os seus datos persoais ao estafador porque o contactara polas canles oficiais de Abanca e, así, non sospeitara da fraude. A defensa da entidade, pola súa parte, exixiu a tradución da sentenza ao castelán alegando que "non radica na Galiza", o que obriga a interromper o prazo para presentar aclaracións, complementos e o recurso de apelación correspondente.

Rebaixas todo o ano

Rebentar as armaduras

Un estudante repasa antes de realizar as pobras de acceso á universidade, na terza feira 6 de xuño en Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
LINGUA

Só 25% das horas de docencia na USC se imparte en galego

A presenza en ciencias da saúde é "residual".
Ducias de persoas rexeitaron na Coruña os ataques á lingua de Hablamos Español na Galiza. (Foto: Nós Diario).
LINGUA

A toponimia oficial e lexítima, en galego: "Así a queremos!"

A única forma oficial dos topónimos da Galiza é a galega. Así o recolle a Lei de Normalización Lingüística, que vén de facer 40 anos, e así o reivindicou esta sexta feira ao pé do Obelisco, na Coruña, A Mesa pola Normalización Lingüística nunha concentración de repulsa pola campaña de odio contra a toponimia galega orquestrada esta semana pola asociación ultraespañolista Hablamos Español.
Alba Guzmán, Branca Trigo e Manuel Arca xunto a Isidro Dozo, de Catro Ventos, na presentación da obra na libraría Cartabón. (Foto: José Garís)
star
Análise

A mocidade e a lingua

Gonzalo Constenla Bergueiro é profesor. Director da EOI de Compostela.
A recentemente nomeada directora do ILG, Elisa Fernández Rei, na sede deste centro da USC (Foto: Arxina).
Directora do ILG

Elisa Fernández Rei: "No plano sociolingüístico, a perda de falantes é o problema substancial"

Elisa Fernández Rei (Cervo, A Mariña, 1967) foi escollida como nova directora do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC. Leva nel desde 1991 e na actualidade formaba parte do seu Consello Científico. Ten por diante manter e promover as súas actividades.

Existe un problema lingüístico?

Concentración convocada pola Mesa na Coruña.
Agora

A Mesa convoca unha concentración para defender a toponimia oficial tras o "ataque" de Hablamos Español

Após a colocación dun valado que reza "Bienvenidos a La Coruña, ciudad que en gallego se llama A Coruña", por parte da asociación ultraespañolista Hablamos Español, un día despois de facer o mesmo en Sanxenxo, A Mesa pola Normalización Lingüística convocou unha concentración, no Obelisco da Coruña, para esta sexta feira, 30 de xuño, ás 12 horas. "Atacar e ocultar a nosa toponimia é facelo tamén coa nosa dignidade colectiva e a capacidade de dicirlle ao mundo quen somos e onde estamos", sinalan desde a entidade.
Nova pancarta de Hablamos Español na Coruña. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

"Bienvenidos a La Coruña": Hablamos Español prosegue a súa provocadora campaña

A asociación ultraespañolista coloca un novo valado na cidade herculina, no cruzamento da avenida de Monelos coa avenida Alcalde Pérez Ardá. A Mesa pola Normalización convoca unha mobilización esta sexta feira no Obelisco para defender a toponimia oficial da Galiza.
O actor español Rafael Álvarez "El Brujo" presenta dúas obras no Festivalle.
star
CULTURA

O Valle Inclán da Xunta non fala galego

O Festivalle, festival de artes escénicas financiado pola Xunta de Galiza que homenaxea a figura e a obra de Valle-Inclán, non conta co sector profesional galego nin inclúe obras na lingua do país.
Placa dunha rúa de San Martin de Trevejo, en Cáceres, escrita en fala. (Foto: Juan Alcor)
star
Análise

O meu Val do Ellas

Xosé-Henrique Costas é catedrático de Filoloxía Galega da UVigo

Ultras españois

DoCampo