Hablamos Español

Concentración, esta segunda feira ante os xulgados de Ourense. Marcos Maceira, no centro da imaxe (Foto : Nós Diario).
LINGUA

A Mesa mobilízase en Ourense en defensa da toponimia e contra a súa deturpación

Ducias de persoas concentráronse esta segunda feira ante os xulgados de Ourense, convocadas pola Mesa pola Normalización Lingüística, en protesta pola chamada a declarar como investigadas de activistas por unha suposta actuación en defensa da legalidade do topónimo da cidade das Burgas. As denunciadas acolléronse ao seu dereito de non declarar
Intervención do líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, no Foro 'La Toja' de 2023. (Foto: Agostime / Europa Press)
LINGUA

O Goberno estatal sentencia que a única forma válida e oficial dos topónimos é a galega

O deputado nacionalista Néstor Rego preguntara a Moncloa a raíz de casos como a deturpación anual do topónimo A Toxa.
Ducias de persoas rexeitaron na Coruña os ataques á lingua de Hablamos Español na Galiza. (Foto: Nós Diario).
LINGUA

A toponimia oficial e lexítima, en galego: "Así a queremos!"

A única forma oficial dos topónimos da Galiza é a galega. Así o recolle a Lei de Normalización Lingüística, que vén de facer 40 anos, e así o reivindicou esta sexta feira ao pé do Obelisco, na Coruña, A Mesa pola Normalización Lingüística nunha concentración de repulsa pola campaña de odio contra a toponimia galega orquestrada esta semana pola asociación ultraespañolista Hablamos Español.

Existe un problema lingüístico?

Valado publicitario instalado pola asociación ultraespañolista Hablamos Español en Ourense. (Foto: A Mesa)
LINGUA

"Os nosos lugares, na nosa lingua": a campaña da Mesa en defensa da toponimia galega

A plataforma convoca unha concentración no Obelisco da Coruña para esta sexta feira, 30 de xuño.

Nova pancarta de Hablamos Español na Coruña. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

"Bienvenidos a La Coruña": Hablamos Español prosegue a súa provocadora campaña

A asociación ultraespañolista coloca un novo valado na cidade herculina, no cruzamento da avenida de Monelos coa avenida Alcalde Pérez Ardá. A Mesa pola Normalización convoca unha mobilización esta sexta feira no Obelisco para defender a toponimia oficial da Galiza.
Valado de Hablemos Español en Sanxenxo (O Salnés). (Foto: Nós Diario)
LINGUA

A presión social obriga a retirar un cartel galegófobo en Sanxenxo

A asociación ultraespañolista asinaba este polémico valado publicitario na comarca do Salnés.