Haití

Unha manifestación contra o que era presidente haitiano Jovenel Moise. (Foto: Richard Tson-Taatarii / Zuma Press / Contactophot) #haití #asasinato #manifestación #crise #joveselmoise
INTERNACIONAL

Perto de 30 identificados polo asasinato do presidente haitiano Jovenel Moise

En medio da crise do país, que vén de incrementarse nos últimos días, continúan as investigacións sobre quen puido encargar o crime. As autoridades pensan que os dous americanos e os 26 colombianos arrestados, aínda coa presunción de inocencia, tiveron que ser contratados para matar Moise. Ante o descontrol, Haití pide a intervención de tropas da ONU e dos EUA.
O presidente haitiano asasinado, Jovenel Moïse, nun encontro co secretario de Estado estadounidense, Mike Pompeo. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

A crise haitiana agudízase tras o asasinato de Moïse

O asasinato do presidente volve situar o drama de Haití no primeiro plano da axenda internacional. A súa morte prodúcese nun contexto de inestabilidade social e de violencia nun país profundamente empobrecido por décadas de políticas conservadoras. Porén, este magnicidio coloca a crise haitiana nunhas novas coordenadas.
O presidente Jovenel Moïse nunha imaxe de arquivo. (Foto: Twitter Jovenel Moïse)
INTERNACIONAL

A Policía de Haití mata catro presuntos asasinos do presidente Moïse

A Policía de Haití continúa co enfrontamento cos sospeitosos do asasinato do presidente Jovenel Moïse, catro morreron e dous foron detidos. A medida que pasan as horas aparecen máis informacións do magnicidio, o asalto deuse con armas de gran calibre e os asasinos entraron na casa do presidente identificándose como axentes da DEA.
Jovenel Moïse, presidente de Haiti nunha audiencia (Twitter de Jovenel Moïse).
INTERNACIONAL

Asasinan o presidente de Haiti, Jovenel Moise, na súa propia vivenda

Crise política e sanitaria pola violencia e a incerteza no Goberno diante esta nova situación no país.
2020052615072549437
INTERNACIONAL

Alquimia ancestral na cura da COVID-19

A medicina tradicional e as crenzas relixiosas xogan un importante papel para a saúde nalgunhas sociedades, ben polo seu efecto físico ben polo psicolóxico. Porén, segundo advirte a comunidade médica, no caso da COVID-19 non está probada a eficacia de métodos como a acupuntura chinesa ou as infusións herbais feitas en Madagascar.
DSCF1841
Entrevistamos Caridade Valcourt

“Nas colonizacións, as haitianas estiveron loitando en primeira fila”

Caridade Valcourt é activista feminista haitiana e traballa con organizacións locais de mulleres haitianas ao redor do liderado feminino ou da integración de conceptos de dereitos humanos e das mulleres. Estivo na Galiza da man da ONGD Implicadas no Desenvolvemento para realizar un encontro con mulleres galegas.

[Imaxe: Cubadebate] Zonas devastadas en Haití após o paso do furacán Mathhew
INTERNACIONAL

Ascenden a 877 as vítimas mortais do furacán Matthew en Haití

O paso do furacán Matthew por Haití deixou, cando menos, 877 falecidos e falecidas. Este é o último balanzo do Goberno, que a primeira hora da sexta feira informaba da metade de persoas mortas. A primeira axuda internacional chega da man de Cuba, que enviou unha brigada médica.

PRIMARIAS E PARLAMENTARES, RESPECTIVAMENTE

A Arxentina e Haití, en eleccións

Os colexios electorais xa abriron na Arxentina e en Haití. As primarias arxentinas son a antesala das eleccións xerais de outubro e as eleccións de Haití son as parlamentares, que tiñan que celebrarse hai máis de medio ano.

Kennedy, Haití e a asociación de profesorado de Wisconsin

Seguramente quen nalgún momento se interesase polo consumo responsable ou o comercio xusto oiría debater sobre a orixe da roupa que utilizamos. É este un asunto que persoalmente me preocupa profundamente polas rodas de explotación que se artellan ao redor do téxtil e das que se nos fai cómplices ás cidadás do Norte como consumidoras.