star
Información do Reino
A Galicia do século XV revisitada
09/dec./22
Tema recorrente nestes traballos é o referido ao clima de inestabilidade social que recorre boa parte do século XV, provocado polos enfrontamentos entre a nobreza galega e os abusos contra os vasalos, labregos e artesáns de toda condición. Coinciden os distintos autores en sinalar a nobreza como directamente responsable da fractura endémica da orde social fronte ao carácter protector que o pobo reserva á figura do rei.