ilustración

A ilustradora e profesora de ensino secundario Alicia Suárez (Nós Diario).
CULTURA

Alicia Suárez: "Dígolle ao alumnado que o debuxo, a imaxe e a creatividade son esenciais para o pensamento"

Alicia Suárez é ilustradora e profesora de debuxo no ensino secundario desde 1998. O seu traballo pasou nestes anos por editoriais de prestixio como Xerais e Kalandraka, entre outras. Nesta segunda participa no proxecto Makakiños para persoas con necesidades de apoio educativo, en colaboración coa a Asociación do Tratamento do Autismo (BATA). Os contos e os libros son o seu mundo desde pequena. En Nós Diario falamos con ela coa intención de achegármonos ao seu mundo creativo e á situación das artes plásticas no ensino actual. 
CULTURA

O mundo da Xela Arias nena, a ollos de Luz Beloso

A ilustradora Luz Beloso debulla, en conversa con 'Nós Diario', o traballo que desenvolveu para o libro inédito de Xela Arias que acaba de publicar Editorial Galaxia. Ao igual que a poeta, Beloso pasou a súa infancia en Sarria, circunstancia que a axudou a ilustrar 'Non te amola!'. No volume aparecen detalles de lugares como "Chanto, que toda crianza de Sarria coñece", afirma.
 
ana
Conversamos coa autora de 'Madialeva'

Ana Moreiras: "Cando elas conversan soas, o que parece 'lercheo' tamén é profundidade"

En 2019 púñase en marcha o micromecenado que levou á autoedición de 'Madialeva', relatos ilustrados nos que se lles dá voz ás mulleres do rural e que pon en imaxes historias que só viviran na oralidade. Reeditada por Aira, a obra non deixa de espertar boa receptividade e segue a romper os tabús do feminino.
Unha ilustración de Lolita Díaz Baliño.
star
Crítica de arte

Lolita Díaz Baliño e a ilustración feita por mulleres

Nos anos vinte e trinta do XX, época de formación de Lolita Díaz Baliño, sobresae a riqueza da ilustración feminina, froito dunha sociedade máis dinámica que a precedente, mais tamén máis aberta que a posterior, xa que o franquismo, como é ben coñecido, vai supor un claro retroceso tamén para a proxección pública das mulleres.
Imaxe dunha das reportaxes que sairán publicadas no semanario. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O Sermos analiza o futuro da ilustración na Galiza

O semanario que sae publicado mañá tamén abrangue o tema da lingua da man do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato e fai unha parada na arquitectura pragmática. Para ler todos estes contidos e aínda máis só é preciso acudir ao quiosque e mercar o Sermos Galiza xunto co Nós Diario ou facelo a través da nosa loxa en liña.
Algúns libros ilustrados galegos dos últimos anos.
star
Día da Ilustración

A ilustración galega enfronta un futuro en precario

Tal día coma hoxe de 1886 nacía en Rianxo o escritor e debuxante Afonso Daniel Rodríguez Castelao, recoñecido por reivindicar o dereito a existir da Galiza e o poder das xentes para cambiar a historia. Coincidindo coa súa data de nacemento, celebramos o Día da Ilustración, e aproveitamos a ocasión para conversar con algunhas ilustradoras actuais que dan conta do futuro desta profesión no país e da necesidade que temos dun maior apoio institucional ás artes. María Montes, Víctor Rivas, Luz Beloso, Nuria Díaz, e o grupo Polo Correo do Vento son unha boa mostra da variedade ilustrativa. 
Retrato de Lolita Díaz Baliño. (Foto: cedida por Camilo Díaz Arias).
CULTURA

Os trazos soñadores de Lolita Díaz Baliño

Lolita Díaz Baliño (1905-1963) é a artista homenaxeada no Día da Ilustración 2021, o primeiro ano que a efeméride recae nunha muller. Aínda que será pasado mañá a xornada marcada no almanaque, a Asociación de Profesionais da Ilustración comeza hoxe cunha charla arredor desta figura pioneira, cuxa traxectoria repasamos.
Ilustración
CULTURA

Lolita Díaz Baliño, pioneira entre as ilustradoras recoñecidas

A creadora será homenaxeada no Día da Ilustración, cuxa programación foi presentada esta segunda feira.
A ilustración para o mundo do libro está peor que nos anos 2000. (Foto: Nós Diario)
star
CULTURA

Cando "o premio é publicar": certames de ilustración que alimentan a precariedade

As bases dos certames de ilustración ligados ao sector literario, mais non só, adoitan botar por terra a moral das e dos profesionais do sector. Os ilustradores Víctor Rivas e Celso Martínez explican a 'Nós Diario' as problemáticas que crean algunhas destas convocatorias, que afondan raizames en cuestións que veñen de longo e teñen a ver coa propia concepción dun traballo artístico moi precarizado.
Manuel García Barros. (Foto: Galaxia)
CULTURA

Nace o Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

Dotado con 2.000 euros, poden presentarse até o 25 de febreiro obras inéditas de tema libre, en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil
Manuel Quintana Martelo (Foto: Nuria González).
star
Entrevistas

Manuel Quintana Martelo: traballar coas formas do cotiá

Pintor, ilustrador, escultor, cartelista debuxante e elixido por segunda vez presidente da Real Academia Galega de Belas Artes. Manuel Quintana Martelo é un dos pintores galegos máis internacionais da nosa época, con obra exposta por toda a península, os Estados Unidos de América e en varios países europeos. Traballa coa luz urbana e os recursos orgánicos, a vida coa textura na cor e no inerte industrial, nunha mestura que, defende, escapa do bodegón clásico ou a impostura. Formado en Barcelona e inspirado nos materiais da terra que pisa e as cores que transforma, recíbenos no estudio da súa vivenda ao carón de Compostela para falar de traxectoria, reformas -da casa e da obra- e unha "case obsesión" co amarelo, os limóns e os marmelos.
A autora Begoña Paz. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Entre feridas, bestas e sombras

Desde que se dera a coñecer co libro A ferida, no ano 2004, a voz de Begoña Paz definiuse por un discurso marcadamente independente e unha consideración tan sensíbel como crúa no tratamento dos temas literarios. 
388 Arte
star
Arte

Cándido Fernández Mazas ilustrador

O pasado 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao, celebrouse o Día da Ilustración, dedicado este ano a lembrar a traxectoria do pintor, ilustrador e escritor Cándido Fernández Mazas (1902-1942). 
Cartel de 1909 para o libro 'La cocina práctica de Picadillo, a grande obra da cociña galega' (Foto: Nós Diario).
star
Deseño

Máximo é un dos nosos

on parou quedo, non acougou. Experimentou todo con todos os medios e técnicas plásticas, mesmo a talla en madeira e aínda a banda deseñada. Hoxe nomea en Ferrol un premio de gravado, pero Máximo Ramos (A Graña, 1880 - Madrid, 1949) podería nomear mellor un premio de deseño, outro de banda deseñada, desde logo un de ilustración. 
Obra de Carlos Sobrino (Foto: Nós Diario).
star
Deseño

O mellor Carlos Sobrino

Onde estaba a fronteira entre a pintura e o deseño gráfico? Teño para min que naqueles anos de principios do século XX, nos que traballa Carlos Sobrino (Pontevedra, 1885 - Vigo, 1978), a raia está moi esvaída e mesmo habería que salientar que todo pintor aprende tamén a rotular e coñece as letras como parte da súa bagaxe profesional –Sobrino é desde moi novo catedrático de Debuxo e Caligrafía. 
O concelleiro de Memoria e Patrimonio Histórico de Pontevedra, Xaquín Moreda, xunto co guionista de Os berros da motocicleta Kiko da Silva (Imaxe: Concello de Pontevedra).
MEMORIA E HISTORIA

Un cómic recolle a vida de Josefina Arruti, represaliada polo franquismo

Os berros da motocicleta, con guión de Kiko da Silva e ilustracións de Pablo Prado é unha iniciativa do Concello de Pontevedra.
Ilustradora traballando.
CULTURA

A ilustración debate máis alá do papel

O Encontro Galego de Ilustración terá a súa edición deste ano completamente online, o sábado 14 de novembro.
Juanlu Nacha
Juanlu Nacha crea as súas ilustracións coa axuda do lapis e o ordenador

"Chameille 'Garabatos' ás miñas obras porque son desordenadas coma min: saíron ao pai"

O artista sentiuse inspirado por uns debuxos pouco coñecidos do ilustrador Luís Davila. Así pasou de centrarse só no deseño gráfico a cultivar a súa faceta como artista no ano 2013. Agora os seus cadros son de sobra recoñecíbeis.
Miyazawa Kenji
Cultura

Aira Editorial suma xa 50 mecenas na súa nova campaña

Publicarase un novo "clásico universal ilustrado"
Obradoiro da AGPI.
CULTURA

As ilustradoras galegas súmanse ao descontento co plan para a cultura da Xunta

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) súmase ás críticas xeralizadas ante a exclusión das creadoras do Plan de reactivación da Cultura da Xunta da Galiza.