INTERNACIONAL
Indonesia designa os independentistas de Papúa Occidental grupo "terrorista"
02/maio/21
As organizacións de dereitos humanos cren que abre a porta a máis abusos.
INTERNACIONAL
A colonización de Alxeria regresa a Francia na forma de búmerang de area radioactiva
03/mar./21
París e outras urbes galas amenceron onte de novo cubertas polo po que unha tormenta do Sáhara trouxo a esta beira do Mediterráneo. Hai 60 anos foi Francia quen levou varias probas nucleares a territorio alxerino –daquela unha colonia francesa–; agora, partículas radioactivas foron atopadas nesa area.
INTERNACIONAL
Tres millóns de libras para o centenario de Irlanda do Norte
15/dec./20
O unionismo quere que non sexa simplemente conmemorado, senón celebrado, mentres que o Sinn Féin sostén que "non hai nada que celebrar".
INTERNACIONAL
Trump recoñece a soberanía marroquí sobre o Sáhara a cambio de iniciar relacións con Israel
10/dec./20
A decisión supón un dobre golpe ás aspiracións soberanistas dos pobos saharauí e palestino.
INTERNACIONAL
Texas e outros 17 Estados impugnan a vitoria de Biden no Tribunal Supremo
10/dec./20
O aínda presidente Trump queima os seus últimos cartuchos para evitar ceder o Goberno dos Estados Unidos ao seu rival político e vencedor das eleccións, Joe Biden. Malia que a xustiza desbotou os seus recursos até agora, nas últimas horas logrou o importante apoio de 18 fiscais xerais doutros tantos Estados federados.
INTERNACIONAL
O 'si' á independencia gañaría cun 57% de votos, segundo unha enquisa
17/nov./20
Oriol Junqueras mantense como o líder catalán mellor valorado.
INTERNACIONAL
Case a metade do electorado rexeita que Porto Rico sexa Estado dos EUA
05/nov./20
Os partidarios da anexión argumentaban que o apoio a esta opción era case unánime na illa caribeña, con base nos resultados na consulta de 2017, que foi boicoteada pola oposición.
INTERNACIONAL
Escocia: "Unha nación independente na UE"
16/out./20
A primeira ministra e líder do Partido Nacional Escocesa, Nicola Sturgeon, apela no periódico alemán Die Welt á solidariedade europea de cara a conseguir a independencia do Reino Unido.
INTERNACIONAL
Escocia: o apoio á independencia acada marcas históricas
14/out./20
Unha enquisa STV/Ipsos MORI indica que de se realizar agora o referendo independentista o ‘Si’ a se independendizar de Reino Unido chegaría ao 58%.
INTERNACIONAL
Artsakh, 30 anos de guerra no Cáucaso
28/set./20
Máis dunha trintena de mortos é o balance que deixa polo momento a intensificación do conflito entre Acerbaixán e Armenia vivido nas últimas horas, e que ten a independencia da República de Artsakh –até 2017, Nagorno Karabakh, territorio que se recoñece internacionalmente acerbaixano– como o seu pano de fondo.
INTERNACIONAL
As Salomón advirten que o referendo en Malaita é ilegal
08/set./20
As arelas secesionistas de Malaita ─aliado de Washington─ veñen de vello, mais incrementáronse no último ano logo do Goberno central decidir mudar a súa alianza de Taipei a Beijing.
INTERNACIONAL
As réplicas do 'sismo' China-EUA ameazan crebar as Illas Salomón
03/set./20
O Goberno provincial de Malaita, a maior e máis poboada das illas de Salomón, organizará un referendo de independencia en datas vindeiras co conflito Beijing-Taipei-Washington como pano de fondo.
INTERNACIONAL
O apoio á independencia escocesa atinxe un novo máximo histórico
14/ago./20
A sondaxe publicada por The Times tamén suxire que o Partido Nacional Escocéscamiña cara a unha maioría sen precedentes no Parlamento escocés.
Social
Denuncian o comportamento da Policía española en Compostela na véspera do Día da Patria
25/xul./20
Varias testemuñas relatan rexistros, identificacións e acoso por parte das forzas da orde. Ademais, a presenza de antidisturbios impediu que decorrese a rondalla independentista prevista.
INTERNACIONAL
O debate independentista chega por primeira vez ao Parlamento de Gales
16/xul./20
Rhun ap Iorwerth, portavoz do Plaid Cymru ─terceira forza─ defendeu que como Estado independente a loita contra a pandemia sería máis efectiva.
INTERNACIONAL
A meta común da UE fai que Kosovo e Serbia se acheguen
06/xul./20
O domingo manterán a primeira cita no marco do proceso auspiciado pola Unión Europea desde que o diálogo estancou a finais de 2018.
INTERNACIONAL
O apoio á independencia de Gales volve subir e alcanza o seu máximo histórico
08/xuño/20
A xestión da crise da pandemia da COVID-19 por parte do Goberno británico, en contraposición á exercida polas autoridades galesas, así como as incertezas da poboación ante o Brexit, son dúas das posíbeis causas do aumento en catro puntos no apoio á independencia, con cifras inéditas no país.
INTERNACIONAL
Porto Rico, á sombra dos Estados Unidos
21/maio/20
A gobernadora de Porto Rico, Estado libre asociado dos Estados Unidos que atravesa unha complicada situación económica agravada pola pandemia, anunciou a convocatoria dun novo plebiscito cunha pregunta directa: "Debe Porto Rico ser admitido inmediatamente dentro da Unión como un Estado?".