Iglesias despraza da portavocía a Errejón, que será candidato en Madrid no 2019
O secretario xeral de Podemos reforza o seu liderado interno mentres que as posicións errejonistas perden peso na nova Executiva, con tres dos 15 postos, a metade dos que solicitaba o ex-número dous.
Por que Pablo Iglesias fala da "corrente de Íñigo e Tania"?
Pola mesma razón que leva o PP a falar das "Mareas de Podemos", a equipa de Pablo Iglesias reférese á candidatura crítica como "a corrente de Íñigo e Tania". Non son casualidades. Obedecen a estratexias de comunicación minuciosamente planificadas.
Errejón propón que calquera fusión de Podemos con outra forza se aprobe por maioría cualificada
O que subxace a esta proposta é a oposición do errejonismo á constitución dun novo suxeito político con Esquerda Unida. Carolina Bescansa, que amaga cunha terceira vía, pensa que a proposta se refere tamén ás alianzas territoriais en Galiza e Catalunya.
A lea de Iglesias e Errejón comezou hai dez meses en Galiza
A operación para desbancar Breogán Riobóo da secretaría xeral galega, limiar da pugna entre pablistas e errejonistas. “A batalla de Madrid comezou aquí con Breogán”, lembrou Carmen Santos.
Iglesias e Errejón repártense a equipa que vai redifinir Podemos
Acordan nunha reunión de dúas horas a soas unha decisión que despois foi presentada ao Consello Cidadán para a súa aprobación.
En Marea reprocha a Iglesias e Errejón o seu debate nas redes antes das eleccións
A portavoz no Congreso, Alexandra Fernández, considera “lexítimo” o enfrontamento interno pero cre “quizais non sexa o momento máis adecuado” e que este debería "quedarse en Podemos”.
Errejón, na Coruña, ao PSOE: “Haberá que facer un goberno e terá que escoitar a xente”
Os Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, foron o escenario do mitin central de En Marea, ao que asistiron membros destacados de Unidos Podemos, como Íñigo Errejón e Alberto Garzón, amais da dirixente de Compromís Mónica Oltra. Chamou a atención a ausencia de Xosé Manuel Beiras.
Errejón racha o seu silencio e di non partillar “todas as decisións” de Iglesias
Ao decimocuarto día Errejón retomou a palabra. Fíxoo despois da xunta de portavoces e non defraudou as expectativas criadas: afirmou non partillar todas as decisións de Pablo Iglesias e cualificou de “avanzo” a proposta de Sánchez de ir a un goberno con presenza de Podemos e Cs.
Errejón pide en Vigo un novo pacto de convivencia para España
O número 2 de Podemos encheu o auditorio do Teatro García Barbón, que ficou pequeno para o mitin coas cabezas de lista de En Marea por Pontevedra.
Errejón: “En Galiza, Podemos apreséntase coa súa marca, En Marea Podemos”
Íñigo Errejón vén de afirmar que “en Galiza Podemos se apresenta coa súa marca. En Marea Podemos”.
Errejón, aberto á alianza con outras forzas a condición de Podemos ser "vector fundamental"
De cara aos comicios xerais, o secretario de Política de Podemos, Íñigo Errejón apostou por “tender a man” a alianzas en lugares como Galiza pero de maneira que Podemos funcione como “eixo artellador en todo o Estado”