Quen é o da última fila, o da esquerda? O obreiro das Irmandades
Hai unha imaxe icónica no camiñar do galeguismo, tamén por tratarse dun momento convulso. Nas escadas de San Vicente do Pino, en Monforte, un grupo de asistentes á IV asemblea das Irmandades posa con conciencia de posteridade. Era febreiro de 1922. Entre os retratados, seis persoeiros aos que se lles dedicou o día das letras e algún que o ten ben merecido.