A Deputación coruñesa declara o 2016 como Ano das Irmandades da Fala
A Deputación da Coruña aprobou hoxe sexta feira, por unanimidade dos grupos políticos, a declaración do 2016 como Ano das Irmandades da Fala. Comprométese a desenvolver un programa de actividades para difundir e dar a coñecer a súa dimensión histórica e o seu papel no “que hoxe somos como pobo e cultura”.