lgbtifobia

Dirección do Froebel mandou eliminar carteis coma estes exhibidos noutros centros de ensino. (Foto IES Nº 1 de Ribeira).
SOCIAL

A Rede Educativa LGBTIQ+ denuncia un caso de "censura": "Ordenáronme retirar os carteis de moi malas formas"

A Dirección do CEIP Froebel de Pontevedra ordenou a un mestre do centro retirar os materiais divulgativos cos que alumnado de 4º de Primaria traballou o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia.
Vixilia tres anos despois do asasinato de Samuel Luiz (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

Lembran Samuel Luiz cunha vixilia tres anos despois do seu asasinato

A asociación LGBTI+ ALAS A Coruña organizou a vixilia á beira da discoteca Playa Club, ao pé da praia de Riazor.
web
SOCIAL

Os delitos de odio por orientación sexual e xénero da vítima duplícanse na Galiza en tan só un ano

Os delitos de odio aumentaron na Galiza en 44% en 2023, un incremento superior ao rexistrado ese ano a nivel estatal (21%), segundo o informe publicado esta semana polo Ministerio de Interior. Os datos sinalan que a Galiza rexistrou en 2023 un total de 123 delitos deste tipo fronte aos 85 de 2022. 
Manifestación con motivo do Día do Orgullo decorrida o pasado sábado, 29 de xuño, en Vigo (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Datos contra relatos LGBT+fóbicos

Marga Tojo é xornalista, escritora e comunicadora.
A activista e fundadora de Nós Mesmas Elisabet Pérez. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Elisabet Pérez, Nós Mesmas: "As mulleres seguimos coa mochila cargada de machismo, homofobia, bifobia e transfobia"

Elisabet Pérez (Vigo, 1984) é educadora social e fundadora da asociación feminista Nós Mesmas, unha das entidades promotoras do Orgullo Crítico de Vigo que este sábado, 29 de xuño, chama a reivindicar dereitos que non só atinxen ao colectivo LGBT+ senón a toda a cidadanía, para alcanzar unha sociedade libre, diversa e respectuosa.
Varias persoas depositando flores no lugar onde Samuel Luiz foi asasinado (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

O inicio do xuízo polo asasinato de Samuel Luiz adíase ao 16 de outubro

A vista, prevista para mediados de setembro, tívose que aprazar porque un dos avogados tiña previamente sinalado outro xuízo

A investigadora Estrella Ramil. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Estrella Ramil Paz: "Os mozos cishetero son, con diferenza, os que máis rexeitamento mostran ante a diversidade LGBT"

Estrella Ramil Paz é activista feminista, investigadora social e consultora internacional en temas de xénero. Da man da ONG Agareso deu a coñecer os resultados dun estudo que cuestiona os centros de secundaria como espazos seguros para a comunidade LGBT, vítima, aínda, de estereotipos, prexuízos e violencias.
Desfile do Orgullo LGTB en Italia. (Foto: Cecilia Fabiano / Lapresse Via Zum / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

Día Internacional contra a LGTBfobia: 62 países aínda perseguen estas relacións, 11 con pena de morte

57.000 agresións en cinco anos no Estado español.

Xurxo Doval
SOCIAL

“Maricón”, “Oxalá te viole un magrebí”: os insultos LGTBifóbicos contra o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galiza

Xurxo Doval denuncia os ataques sufridos estes días nas redes sociais e lamenta a “complicidade” cos insultos de membros da Dirección de Novas Xeracións, as mocidades do PP.

Presentación do informe do Observatorio Coruñés contra a LGTBifobia, esta cuarta feira. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Os delitos de LGTBifobia diminúen na Galiza... pero teñen "un maior compoñente violento"

En 2023 rexistráronse 48 incidentes de odio, fronte aos 68 contabilizados o ano anterior, dos cales 43 poden ser considerados como agresións cara á comunidade LGTBI+.
Alumnos dun instituto de Negreira que participaron na investigación (Foto: Agareso).
SOCIAL

A violencia contra a comunidade LGBT+ persiste: os centros educativos "non son espazos seguros"

A ONGD Agareso fixo públicos os resultados dun estudo realizado pola investigadora Estrella Ramil, a partir de respostas recollidas a 503 alumnos e alumnas, así como a 74 docentes, de 29 centros educativos galegos.
Elizabeth Duval, Marta Lois e Marilar Aleixandre, no acto de Sumar desta cuarta feira. (Foto: Europa Press)
18-F

Sumar avisa do "perigo" para a Lei LGTBI galega se repite o PP, que iniciou "unha senda de transfobia"

"A Xunta da Galiza, o señor Rueda e o PP xamais apostaron realmente por pór orzamentos e recursos económicos, necesítase avanzar en dereitos", insiste Marta Lois.
Unha persoa no espazo no que foi asasinato Samuel. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #samuel #samuelluiz #crime #asasinato #acoruña #senegal #inmigración #residencia
Xustiza

O xulgado finaliza a instrución do caso Samuel e abre xuízo contra cinco persoas por un delito de asasinato

Aprecia a agravante de discriminación por condición sexual con respecto a dous dos acusados.

#lecer #lecernocturno #lecer_nocturno #discoteca #alcol #festival #festa #submisión_química (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

De erradicar as promocións sexistas a expulsar o agresor: así é o novo protocolo do lecer nocturno

Os locais que se adhiran loitarán contra as accións publicitarias sexistas, como as bonificacións en forma de bebidas para mulleres, e traballarán na prevención e a detección de condutas violentas e posíbeis agresións.
Familias de menores trans concentradas esta terza feira na Coruña. (Foto: Arelas)
SOCIAL

Arelas exixe a dimisión da nova directora do Instituto das Mulleres por "tránsfoba"

Aseguran que Ana Redondo "leva anos practicando abertamente unha campaña de odio cara as persoas trans".
A concelleira de Xuventude de Compostela, María Rozas, e a responsábel do departamento, Noela Vilas. (Foto: Concello de Compostela)
POLÍTICA

A mocidade decidirá a que destinar 100.000 euros do orzamento compostelán

A Xunta de Goberno local aprobou o protocolo contra a violencia sexual no ocio nocturno
#lecer #lecernocturno #lecer_nocturno #discoteca #alcol #festival #festa #submisión_química (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Compostela aproba o protocolo para a abordaxe de violencias sexuais e Lgtbifóbicas no lecer nocturno

O persoal destes estabelecementos recibirá formación e os locais contarán cun adhesivo para indicar que son un "lugar seguro".

Pleno do Concello de Barcelona, hoxe. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Un edil de Vox atribúe a "políticos, educadores ou homosexuais" máis casos de pederastia que a Igrexa

Precisamente hoxe os bispos aprobaron por unanimidade un proceso de traballo para desenvolver un Plan de reparación integral de vítimas de abusos sexuais, que contempla indemnizacións económicas ás vítimas de abusos aínda que non haxa sentenza xudicial.
Manifestación polo Día do Orgullo LGBTI na Coruña demandando xustiza para Samuel. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Xustiza

A Fiscalía cre que os acusados da morte de Samuel eran "plenamente conscientes" e actuaron "cunha crueldade extrema"

O Ministerio Público pide até 27 anos de prisión para os cinco acusados de seren "coautores" da brutal malleira, con "aleivosía e asañamento", que provocou a morte do mozo coruñés de 24 anos. No seu escrito de acusación, Fiscalía ve tamén claros indicios do móbil homófobo do crime: "O acusado interpretou que era homosexual, feito que desencadeou unha reacción aínda moito máis virulenta pola animadversión á orientación sexual que lle atribuíu, chegando a dicirlle: 'Deixa de gravar, a ver se te vou matar, maricón'".
#lgbt #lgbti #lgtb #homofobia (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

028, o novo teléfono de atención a casos de LGBTIfobia

O servizo de asistencia telefónica 028 Arco da Vella entra esta segunda feira en funcionamento. É totalmente gratuíto e confidencial.