CULTURA
Carme Vidal
26/abr./14 10:55
Con A lúa da colleita (Galaxia), Anxos Sumai vén de gañar o Premio da Crítica no apartado de narrativa en galego. A autora ofrécenos unha novela intensa e desacougante na que as fronteiras da realidade se desdebuxan para construír unha atmosfera densa, que agarra a quen le. Despois de Así nacen as baleas, Melodía dos Días Usados ou Anxos de Garda, a autora optou con esta nova obra, por escribir “con valentía”, coa liberdade de só pensar na propia creación literaria.