loita

POLÍTICA

Ferrolterra saiu á rúa na defensa do seu futuro

Millares secundan a convocatoria da CIG dunha xornada de loita en Ferrol "en defensa da comarca" porque “sen traballo, non hai presente nin futuro”.

O naval, de novo nas rúas
ECONOMÍA

A CIG convoca unha xornada de loita comarcal en Ferrolterra o vindeiro 28 de xuño

A central nacionalista convoca unha folga de seis horas (de 09:00 a 14:00 horas), marchas dende os polígonos e unha manifestación ás 12:30 horas
CIG alerta das intencións da Xunta
Galiza

Privatización da loita contra os incendios

A CIG vén de ter coñecemento de que se está a preparar un contrato para que se faga cargo do servizo helitransportado unha UTE (Unión temporal de empresas) formada por Nanutecnia e Inaer
LOITA ARMADA

Miles de persoas exixen en Euskal Herria repecto polos dereitos d@s pres@s polític@s

Desde Herrira reclamaron que os Gobernos español e francés abandonen o inmobilismo e lembraron que dos dereitos fundamentais son titulares todas as persoas, "aínda que fiquen encarceradas"
Xeopolítica

Cinco 'pequenos' cuestionan na ONU o poder de veto dos cinco 'grandes'

Cinco dos Estados máis pequenos presentes na ONU exixen de China, Rusia, Francia, Gran Bretaña e Estados Unidos que se absteñan de usar o seu poder para frear medidas contra os xenocidios, os crimes de guerra e os crimes contra a humanidade

O pobo traballador galego en loita

Pasaron case cinco anos do inicio da vixente crise sistémica. A burbulla da especulación financeira, nomeadamente hipotecaria, foi un dos seus principais desencadeantes. Porén, o que levamos de crise amosounos que esta é estrutural, sistémica.