O IPC sobe tres décimas en maio, até 3,6%, e a inflación subxacente escala a 3%
O prezo da luz estará en negativo 8 horas este domingo
A que hora será máis barata a electricidade? Consulta aquí o custo da luz desta xornada
A que hora será máis barata a electricidade? Consulta aquí o custo da luz desta xornada
Pulo ás comunidades enerxéticas: O Rosal abrirá a primeira Oficina de Transformación Comunitaria da Galiza
A iniciativa busca contribuír a un futuro máis sostíbel, asesorando a veciñanza na instalación de enerxías renovábeis.
Xosé Manuel Golpe (BNG): "Galiza, como produtora excedentaria, debería ter peaxes eléctricas máis económicas"
A luz máis barata nunha década: estas son as horas co prezo máis baixo
O BNG estrea lexislatura propondo un novo modelo enerxético no país
Canto me subirá a factura do gas natural polo incremento do IVE a 21%?
A luz fecha marzo a un prezo medio de 20 euros/MWh, a metade que en febreiro
O prezo da luz fica este 'Xoves Santo' por baixo de 1 euro/MWh e sumará 17 horas en case cero euros
O sistema de produción de enerxía precisa unha "redistribución equitativa" das cargas
O prezo da luz fica este domingo a 0 euros/MWh durate 16 horas
Distribución eléctrica pública
A que hora será máis barata a electricidade? Consulta aquí o custo da luz desta xornada
Os prezos industriais descenderon 2,9% na Galiza no mes de xaneiro
Os prezos industriais diminuíron 2,9% o pasado xaneiro na Galiza en comparación co mesmo mes de 2023, segundo os datos publicados esta segunda feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Esta taxa foi inferior á media estatal, de 3,8%, e supuxo un retroceso en comparación coa baixada interanual de prezos de 5,9% en decembro. En concreto, os bens de consumo -aqueles listos para seren comprados polas usuarias finais- incrementaron o seu prezo 3,8% e os bens de equipo -aqueles que serven para producir outros bens e teñen unha vida útil longa- encareceron 1,3%. Pola súa parte, os bens intermedios -os materiais empregados no proceso de produción- baixaron 3,8%, así como a enerxía, que descendeu 10,4%. Por outra parte, o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) da electricidade nos contratos domésticos regresará a 21% en marzo. Segundo cálculos de Selectra -empresa de asesoramento enerxético-, a suba no recibo será de 7,48 euros en comparanza cos impostos de 2023 e de 4,56 euros con respecto a xaneiro e febreiro.