manifestación

_MG_1179
LINGUA

Queremos Galego convoca manifestación en defensa da lingua o 8 de Febreiro

Chama a "todos os sectores da sociedade" a exercer "presión" nas rúas para frear a "política lingüicida" de Feijóo. 

Manifestación Emigrantes Retornad@s
Galiza

Emigrantes retornad@s chaman á mobilización masiva o día 28 de outubro

Máis de 250.000 emigrantes retornad@s con pensións no estranxeiro están convocad@s a unha manifestación en Compostela o vindeiro 28 de outubro. Entregaranlle un documento coas súas reivindicacións a Feijóo. 

2014-08-25 11.36.31 (1)
Galiza

Manifestación contra a presenza de Rajoy e Merkel

Manifestación do BNG no Día da Patria Galega
Galiza

Manifestación do BNG no Día da Patria Galega

Vídeo resumo editado por GZVídeos da manifestación convocada o pasado 25 de xullo polo BNG baixo o lema "En pé por Galiza! Soberanía, democracia, dereitos"
POLÍTICA

Mobilizacións comarcais preludian a manifestación xuvenil do 24X

Na Coruña, Ourense, Vigo e Compostela desenvolvéronse senllos pasarrúas para chamar a mocidade a se mobilizar na véspera do Día da Patria.

roldaImpresa1
POLÍTICA

A mocidade independentista convoca manifestación na véspera do Día da Patria

Sob o lema 'A mocidade mantendo viva a Galiza. Independencia' Agir, AMI, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca!, Liga estudantil galega e Xeira chaman a se manifestar o 24 de xullo porque, din, "non estamos dispostas a que continúen a destruír o noso futuro, a nosa nación, as nosas vidas".

TRABALLO

Dez marchas protestarán esta segunda-feira por toda Galiza contra a represión sindical

'Defender os dereitos da clase traballadora non é delito' é o lema das mobilizacións convocadas por CIG, CC.OO e UGT para criticar as condenas por participar en accións “contra o austericidio”.

felipe_borbon_getty_090913
POLÍTICA

A coroación de Felipe VI, entre manifestacións e ausencias

Varios grupos parlamentares non asistirán á coroación, datada para o 19 de xuño ás 10.00. Ao tempo, as forzas soberanistas de Galiza, Euskal Herria e Catalunya chaman a se mobilizaren ese día contra a monarquía e a prol das repúblicas galega, vasca e catalá.

Galiza

Manifestación unitaria o día 19 na Coruña contra a monarquía e polo dereito a decidir

O día 19, día da proclamación de Felipe VI, unha manifestación unitaria percorrerá as rúas da Coruña co lema “Galiza pola República e polo dereito a decidir”. A iniciativa partiu da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica. 

Concello de Compostela
Galiza

O Valedor recoméndalle ao Concello de Santiago que permita a megafonía nas manifestacións

O Valedor do Pobo ponlle freo aos reiterados impedimentos do Concello de Santiago á celebración de manifestacións nas súas rúas e recoméndalle que permita o uso da megafonía enganchada nos puntos de subministro eléctrico para lectura de manifestos. O Concello denegara en máis dunha ducia de ocasións os permisos, que foron anulados por autos xudiciais. 

galicia bilingüe 8 febreiro
LINGUA

A semana próxima enceta o xuízo d@s 12 que se mobilizaron contra a españolista GB

Trátase dalgúns dos activistas que se expresaron na rúa contra a marcha do 8 de febreiro de 2009 convocada "contra la imposición del gallego". Enfrontan peticións de prisión que suman 45 anos e unha multa de 34.000€.  Vídeos no interior.

LINGUA

Oito manifestacións reclamarán o 17 de maio "pasos adiante" na nosa lingua

Oito manifestacións en todo o país reclamarán pasos adiante na nosa lingua convocadas pola plataforma Queremos Galego. As mobilizacións "expansivas" queren “multiplicar por oito” a resposta social do pasado ano no momento que cualifican como de maior retroceso para o galego. 

Monterrei
CULTURA

“Eu non quero hotel no castelo”, berro de centos nas rúas de Verín

“Eu non quero hotel no castelo!!!” é o lema co que a Plataforma en defensa do castelo de Monterrei, convoca a manifestación para o sábado día 19 con saída ás 19.30 da praza do Concello de Verín. 

sanidade_vigo
SOCIAL

Dez manifestacións sairán ás rúas na defensa da sanidade pública

Esta cuarta feira, 26 de marzo, persoal e poboación en xeral sairán de novo ás rúas na defensa da sanidade pública e contra os recortes en servizos, a privatización e os copagamentos. As marchas terán lugar en A Coruña, Ferrol, Santiago, Ribeira, Pontevedra, Vigo, Ourense, O Barco, Lugo e Burela. 

A praza acolle o remate da manifestación
SOCIAL

Manifestación polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres

Coordinadora de Emigrantes Retornados
Galiza

“Emigrantes retornados” convoca a primeira manifestación nacional para este 5 de marzo

Esta cuarta feira desenvolverase na Coruña a primeira manifestación convocada pola Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados en protesta polas multas e sancións coas que Facenda está a protagonizar unha campaña de “persecución e roubo” contra o colectivo. Despois de teren que marchar do país para sobrevivir, denuncian que á volta reciban un trato de “estafadores”. 

'Por outra saída da crise'
SOCIAL

'Por outra saída da crise'

Mobilizacións da Alianza Social Galega o 27 de febreiro de 2014.
gaelico
INTERNACIONAL

Unha manifestación en Dublín demanda igualdade real e efectiva para o gaélico

A marcha, convocada pola plataforma en defensa do irlandés Conradh na Gaeilge, denunciou a imposibilidade de desenvolver na illa “o dereito humano básico a usar a lingua propia”. Un alto cargo do goberno demitiu recentemente pola “marxinación” constante do gaélico.

Contra o espolio das preferentes
SOCIAL

Contra o espolio das preferentes

Manifestación nacional en Vigo o 1 de febreiro de 2014 [Gz Vídeos]
SOCIAL

Varios furgóns policiais e un helicóptero para vixiar en Vigo unha manifestación estudantil

O protesto estaba convocado pola Asemblea de Estudantes de Vigo. Hai unha persoa detida: unha muller de 15 anos que lle fixo unha figa a un axente da policía.