Representantes de CIG, CCOO e UGT autoinculpáronse perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) de ser "cómplices e indutor@s" de accións e mobilizacións "en defensa da clase obreira". A protesta enmárcase na campaña de mobilizacións que as tres centrais sindicais están a desenvolver baixo o lema “Defender os dereitos da clase traballadora non é delito”, en rexeitamento "á ofensiva opresora do PP e na demanda do indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara".
Manifestación en Pontevedra
Varios centos de persoas percorreron Pontevedra para, entre outras causas, rexeitar os últimos casos de represión sindical e reclamar o indulto para xas catro persoas condenadas a prisión por participaren en piquetes.
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, afirmou que "non é casual que se estean a producir este tipo de sentenzas inxustas e desproporcionadas, xa que a Fiscalía e a Xustiza están a seguir as directrices do Goberno españo para criminalizar a resposta social ás medidas antiobeiras que está a aplicar”, indicou.
Mobilizacións o luns 30 de xuño
Estas accións realizáronse previamente á xornada central de mobilizacións convocadas no marco da campaña contra a represión sindical e pola defensa das liberdades democráticas, que terá lugar o vindeira segunda feira, 30 de xuño.
- A Coruña: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.00 h.
- Ferrol: manifestación dende a Praza de España ás 20.00 h.
- Compostela: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 h.
- Ribeira: concentración na Praza do Concello ás 20.00 h.
- Lugo: manifestación dende a Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 20.00 h.
- Viveiro: concentración diante dos Xulgados ás 12.30 h.
- Monforte: concentración diante dos Xulgados ás 20.00 h.
- Ourense: manifestación dende a Praza Maior ás 20.00 h.
- Pontevedra: concentraciónna Praza da Peregrina ás 20.30 h.
- Vilagarcía: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.30 h.
- Vigo: manifestación dende Vía Norte ás 20.00 h.