medicina

Cabeceira da manifestación polas rúas de Vigo en defensa da Atención Primaria, o pasado setembro (Foto: Nós Diario).
Manterán os seus dereitos

A sanidade pública e privada poderá contratar persoal sanitario xubilado

O Consello de Ministros aprobou na quinta feira que os centros sanitarios públicos e privados poidan contratar profesionais sanitarios xubilados e prexubilados durante o próximo ano para a realización de actividade asistencial relacionada coa Covid-19.

A listaxe de normas que presuntamente enviou a xerencia do CHUS. (Foto: CESM)
SOCIAL

A Confederación de Sindicatos Médicos acusa o CHUS de "mentir" sobre a cea dos MIR contaxiados

A delegación galega da CESM sostén que a xerencia do centro hospitalario remitiu a listaxe de recomendacións após que tivera lugar a cea de 120 médicas e médicos residentes pola que, presuntamente, se produciron os positivos por Covid-19.
Unha sanitaria comproba un test de antíxenos. (Foto: Javier Pulpo / Europa Press)
SOCIAL

Covid: Confírmanse 11 positivos vencellados á cea dun cento de médicos en Compostela

As persoas responsábeis da área sanitaria de Compostela e O Barbanza foron as encargadas de comunicar os contaxios na tarde desta cuarta feira. As infeccións terían relación cunha cea recente na que participaron 120 residentes.
Davis Simón.(Foto: Nós Diario)
'As guerrillas galegas ao descuberto'

David Simón: “Máis de 250 médicos galegos foron represaliados polo franquismo”

David Simón-Lorda (Zaragoza, 1963) e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago e exerce como  psiquiatra en Ourense. Membro da directiva da asociación “Amigos da República” e autor dunha extensa bibliografía sobre a historia da medicina e da represión dos sanitarios polo ditadura. Neste terza feira en Nós Diario publica un traballado sobre a colaboración dos sanitarios coa guerrilla antifranquista.

 

Malia a elevada incidencia desta doenza, a metade das mulleres descoñece a existencia de tratamentos (Foto: María Kray).
SOCIAL

A incontinencia urinaria, unha patoloxía "tabú" que afecta unha de cada dúas mulleres

A enfermeira Marina Tilve investigou esta doenza no seu TFG a partir dunha enquisa realizada a máis de 500 mulleres. Para ela é preciso que o persoal sanitario reciba unha formación médica "con perspectiva de xénero".
Manifestantes en defensa da sanidade pública este 14-N polas rúas de Compostela (Foto: Arxina).
star
SOCIAL

O Sergas fía a unha nova figura o décifit de persoal médico na Atención Primaria

Milleiros de persoas secundaron en Compostela a marcha convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública en defensa da Atención Primaria. Os colectivos participantes ateigaron as rúas para exixir maior presencialidade nos centros de saúde e un incremento do cadro de persoal que fortaleza a calidade asistencial. O Sergas retrucou a mobilización cidadá cunha relación de "melloras" que culmina coa creación da categoría de facultativo especialista de Atención Primaria, unha figura, denuncian, cargada de agravios e sen garantía de futuro.
Persoal dos nove PAC da área de Pontevedra e o Salnés urxen unha negociación conxunta das obrigatoriedades.
star
SOCIAL

Penuria nos PAC: xornadas de 24 horas e gardas obrigatorias vía burofax

Esgotadas, con avisos de obrigatoriedade que as chaman a traballar con menos de 24 horas de antelación fóra da súa quenda ordinaria e sen o descanso mínimo de 12 horas. Persoal dos PAC de Pontevedra e O Salnés exhibe as "miserias" da falta de recursos en Atención Primaria. 
Imaxe da campaña (USC)
SOCIAL

"A boa medicina" fala galego

Unha iniciativa da USC que se estenderá até o mes de decembro defende, a través de frases ligadas coa estratexia de relacionar o respecto lingüístico e o coñecemento, o uso da lingua no exercicio da profesión médica.
henrietta_lacks2_oms
INTERNACIONAL

A OMS distingue a Henrietta Lacks, cuxas células mudaron a medicina

Muller negra vítima do racismo dos EUA da década de 1950.
Protesta en Cerdedo-Cotobade contra os recortes sanitarios e as limitacións á atención presencial. (Foto: Nós Diario) #sanidade #protesta #atenciónprimaria #consulta #sergas #covid19
star
SOCIAL

A sanidade, confinada: 60% das consultas médicas son telefónicas

A asistencia presencial na Atención Primaria continuará confinada. Malia ao alivio das restricións fronte á pandemia noutras esferas sociais e os problemas xerados na calidade asistencial das usuarias e usuarios da sanidade pública, a Xunta da Galiza insiste en limitar a atención presencial nos centros de saúde e adianta que unha parte das consultas médicas a finais de ano continuarán sendo telefónicas. Mentres aumentan as queixas da poboación polo incremento das listas da agarda, profesionais sanitarios advirten dos inconvenientes do sistema en marcha.
Unha manifestación de persoal sanitario en Compostela, no verán de 2019. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press) #sanidade #médicos #facultativos #sergas #persoal
SOCIAL

É suficiente o número de pediatras no Sergas? Os expertos consideran necesarios 100 máis

O Colexio de Médicos de Ourense vai máis lonxe e insiste en que urxe incrementar "os persoais, os contratos estables e limitar o número de consultas diarias na Primaria" ante as dificultades que viven as e os sanitarios para facer o seu traballo nas mellores condicións.
Manifestación en defensa dos servizos sanitarios en Seixo, no concello de Marín. (Foto: Nós Diario) #atenciónprimaria #sanidade #centrodesaúde #ambulatorio #xunta #recortes #marín
SOCIAL

A Atención Primaria toca fondo na Galiza

Até 19 días de tempo de espera para unha consulta médica telefónica.

Facultade de Medicina

Concentración do alumnado de Medicina nas aulas do edificio docente Novoa Santos (Foto: Arxina).
SOCIAL

O alumnado de Medicina recupera 100% das prácticas clínicas e abandona a folga

En menos de 24 horas, estudantes dos cursos superiores de Medicina da USC lograron o seu obxectivo: o compromiso do Decanato de rescatar o máis axiña posíbel a formación íntegra do alumnado en centros hospitalarios.

 

Protesta do alumnado de Medicina diante do edificio docente Novoa Santos Foto: Arxina).
SOCIAL

O alumnado de Medicina mobilízase para exixir unha formación práctica íntegra e de calidade

Coincidindo co inicio do curso universitario, alumnado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela convoca unha xornada de folga para reclamar "unha formación digna e de calidade".

Carta aberta á Facultade de Medicina

Pacientes consulta (Europa Press)
TRABALLO

Xornadas de máis de 300 horas ao mes e 70 consultas diarias na Atención Primaria

O sindicato UXT denuncia xornadas desmesuradas do persoal médico mais doutros colectivos profesionais en centros de saúde de Lugo.
Un home sométese a un test de antíxenos no recinto feiral de Vigo a primeiros de ano. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
SOCIAL

A explosión da Covid satura a Primaria e o Sergas chama a especialistas hospitalarios a reforzar a atención telefónica

A explosión de novos casos de coronavirus coincidindo co inicio do verán volve poñer a proba a resposta e coordinación da Central de Seguimento de Contactos e a Atención Primaria, desbordada pola demanda derivada da Covid. Por primeira vez, Sanidade chama a especialistas hospitalarios a reforzar a atención telefónica. 

Cara a onde vai a Atención Primaria!

ABAU