memoria

MEMORIA E HISTORIA

O nacionalismo homenaxea Reboiras

Diversos actos desenvolvidos o 12 de agosto, homenaxearon a figura de Moncho Reboiras conmemorando o seu asasinato hai 37 anos. Todos eles recolleron o seu espírito de loita para continuaren coa súa batalla.
Alexandre Bóveda
MEMORIA E HISTORIA

Pontevedra e Poio lembran a Alexandre Bóveda no 'Día da Galiza Mártir'

A Caeira (Poio) centrará os actos institucionais pola mañá e a Praza de Curros Enríquez (Pontevedra) o acto político contra o serán. A Fundación 'Alexandre Bóveda' entregará o VII Premio 'Día de Galiza Mártir á recuperación da Memoria Histórica' á Xosé L. Rivas Cruz (Mini) e a Baldomero F. Iglesias Dobarrio (Mero) nun xantar no Pazo da Cultura e pola tarde visitará o Cemiterio de San Amaro.
MEMORIA E HISTORIA

Pardo de Cela foi soterrado en Viveiro

O historiador Xosé Carlos Breixo asegura que o mariscal non se atopa na Catedral de Mondoñedo, senón que os seus restos están soterrados en Viveiro.
MEMORIA E HISTORIA

Alba de Gloria de novo no Pico Sacro

A bandeira co escudo de Castelao quedou izada no cumio do Pico Sacro. Arredor dela máis de cen persoas rememoraron a subida de 1924 de Castelao á cima do monte cando a ditadura prohibira a conmemoración do dia nacional de Galiza. A lectura colectiva do Alba de Gloria, o seu máis emocionante discurso, sentiuse de novo na xornada organizada por Galiza Cultura.
Mauthansen
MEMORIA E HISTORIA

Ferrolterra homenaxea a 'Os nosos veciños en Mauthansen'

Unha exposición, o documental Galegos en Mauthansen do director Xosé Abad e un coloquio lembrará esa parte da represión fascista.
MEMORIA E HISTORIA

''Daquela toda Galiza era un campo de concentración''

Compostela mullerenaxea as Marías. Debaixo das roupas e da maquillaxe rechamante, as dúas mulleres retratadas na estatua da Alameda da cidade agochan as marcas da represión vivida após o levantamento fascista do 18 de xullo do 36, tal día como hoxe hai 76 anos
MEMORIA E HISTORIA

@s 'fill@s do silencio' volven a San Simón

300 persoas --as que caben no barco-- conmemoraron na illa, como cada 15 de xullo desde hai sete anos, o Día da Memoria. Música, flores, pombas e palabras procuraron recordar no sentido etimolóxico do termo: traer, máis unha vez, ao corazón
MEMORIA E HISTORIA

A herdanza das vítimas da represión protagoniza o Día da Memoria en San Simón

Son as novas xeracións que gardan a memoria familiar da represión. Persoas que ouviron na casa historias terríbeis que lembraban o avó fusilado ou a nai nun campo de concentración. Fillos ou netas de persoas represaliadas protagonizan o Día da Memoria que organiza a Iniciativa Galega pola Memoria o próximo día 15 na Illa de San Simón.
INTERNACIONAL

O Reino Unido valora unha posíbel saída da UE

O primeiro ministro inglés, David Cameron, lanza un dardo a Bruxelas e abre a porta a un posíbel referendo sobre o mantemento do Reino Unido na UE.
Afonso Vázquez Monxardín, esquerda, Ramón Villares, Silvia Santiago e os seus fillos Lidia e Silvio Santiago
MEMORIA E HISTORIA

A memoria e os documentos de Silvio Santiago quedarán ao Arquivo da Emigración Galega

O Consello da Cultura Galega recibe un importante legado do arquivo persoal de Silvio Santiago. Cartas de Otero Pedrayo, Castelao e textos inéditos do político e escritor pasarán a esta institución.
Encontro de Galeusca de Historia en Barcelona
MEMORIA E HISTORIA

O II Galeusca de Historia reúnese en Euskadi

Os vindeiros 2,3 e 4 de xullo historiadoras e historiadores dos tres países debaterán e reflexionarán en Bilbo sobre temas do pasado.

Facendo Memoria(s)

Andamos os e as docentes de ensino non universitario nestes días de peche mensual, trimestral e escolar. Unhas semanas antes ese peche mesmo chegou a ser físico e visualizado no compromiso colectivo para co ensino público en numerosas comunidades educativas galegas.Cómpre agora pecharmos documentos, arquivos, pastas e gabetas que certifiquen o visto e prace á superación do curso 2011-2012.
CULTURA

Unha xornada para recuperar a memoria documental do feminismo

Dar pasos adiante no arquivo e a difusión da documentación da historia do feminismo. Este é o obxectivo da xornada “Xénero e documentación: A recuperación da memoria do movemento feminista” que terá lugar o día 27 de xuño no Consello da Cultura Galega, organizada pola Comisión de Igualdade.
MEMORIA E HISTORIA

Campobecerros homenaxea os carrilanos portugueses asasinados polo fascismo

Paula Godinho, da Universidade de Lisboa, Manuel Loff, da Universidade de Porto; Dionisio Pereira, membro do proxecto Nomes e Voces; Xosé Barxa, presidente da asociación cultural Carrilanos; e o alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez García, puxeron voz á memoria. Video no interior
MEMORIA E HISTORIA

En memoria dos portugueses asasinados en Campobecerros

Será o próximo 23 de xuño, ao mediodía, cando en Campobecerros (Castrelo do Val) se renda homenaxe aos carrilanos portugueses asasinados pola represión fascista.
MEMORIA E HISTORIA

Homenaxe aos portugueses asasinados en Campobecerros

Será o próximo 23 de xuño, a mediodía, cando en Campobecerros (Castrelo do Val) se lle renda homenaxe aos carrilanos portugueses asasinados pola represión fascista.

Na memoria de Bernardo García Cendán

ACTO I.- Pregoeiro no Festival de Pardiñas. Agosto 2010. Pedíronme de Xermolos, Guitiriz, Lugo, que fixera unha pequena presentación túa, para incluíla logo na revista. Gustouche e contéstacheme agradecido.
Arte imaxe patrimonio

"Pacios", o álbum de fotos dunha aldea

O fotógrafo Toño de López regresa á súa aldea familiar de Pacios para retratar os pouco máis de vinte veciños que continúan a vivir nela. O xornalista, escritor e cienasta Manuel Darriba vai canda el e recolle os pasos do proxecto para lle dar corpo ao documental Pacios, as fotos da memoria . 


Participantes no roteiro homenaxe a Alexandre Bóveda no 2011
MEMORIA E HISTORIA

Ourense lembrará Alexandre Bóveda cun roteiro

A cidade natal do histórico nacionalista percorrerá o 1 de xuño, por segundo ano consecutivo, os lugares máis representativos da súa infancia e mocidade.
Homenaxe da CG Folga Xeral 1901 A Coruña
MEMORIA E HISTORIA

A CGT lembra as vítimas da folga xeral de 1901 na Coruña

O sindicato realizará no cemiterio de San Amaro a tradicional ofrenda floral en lembranza d@s obreir@s vítimas daquela protesta.