O BNG chama a unha mobilización masiva o Dia da Patria Galega
O BNG presentou este sábado en Santiago a campaña deste 2024 para o Día da Patria Galega e chamou a unha mobilización masiva o 25 de xullo en Compostela.
O BNG presentou este sábado en Santiago a campaña deste 2024 para o Día da Patria Galega e chamou a unha mobilización masiva o 25 de xullo en Compostela.
Máis de trinta vilas e cidades galegas alzarán a voz esta segunda feira en solidariedade con Palestina.
A CIG e a Marcha Mundial das Mulleres (MMM) convocaron mobilizacións con motivo do Día Internacional das Mulleres Traballadoras, que terá lugar como cada ano no 8 de marzo. As mobilizacións da CIG terán lugar ás 11.30 horas -agás no caso de Ourense, que será ás 12 horas- nos municipios da Coruña, Compostela, Ferrol, As Pontes, Burela, Lugo, Pontevedra, Vilagarcía, Vigo, Cangas, A Guarda e Ourense. Pola súa parte, a MMM convoca ás 20 horas na Coruña, Ferrol, Lalín, Lugo, Marín, O Porriño, Ribadavia, Ribadeo, Vigo, Vilagarcía e Vilalba; ás 20.30 horas nas Pontes e Pontevedra, ás 19.30 horas en Betanzos e ás 13.30 horas no Val Miñor. Pola súa parte, en Ourense haberá unha tripla mobilización da marcha, ás 11, ás 12.30 e ás 20 horas. A Plataforma Feminista de Lugo tamén realizou unha convocatoria na cidade das murallas ás 20 horas. Ademais, a Compaña Feminista, un grupo de mulleres anónimas que leva varios meses realizando accións de rúa para loitar contra o terrorismo machista, chamou a senllas manifestacións na Coruña e en Vigo ás 20 horas.