mocidade

Manuel Varela presidiu a Sociedade Galega de Sexoloxía 17 anos. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Manuel Varela Salgado, uroandrólogo: "A educación sexual ten que estar no currículo escolar"

Manuel Varela Salgado foi uroandrólogo do Sergas en Montecelo (Pontevedra) até a súa xubilación e presidente da Sociedade Galega de Sexoloxía. O coidado da saúde sexual, nomeadamente masculina pola súa especialidade, foi unha constante que mantén cun estudo sobre coñecemento e hábitos sexuais entre a poboación moza.
O contacto da mocidade urbana co galego dáse case exclusivamente en actividades escolares. (Foto: Europa Press)
star
O galego e a mocidade

O estigma revelado

O uso de técnicas cualitativas na investigación sociolingüística -nomeadamente os grupos de discusión e as entrevistas en profundidade- permitiron nos últimos anos descubrir actitudes e representacións negativas sobre o galego que non se detectaban a través das enquisas. Entre os últimos estudos referentes neste sentido sitúase 'Lingua, poder a adolescencia' de Miguel Rodríguez Carnota, que afonda en cuestións xa analizadas por Valentina Formoso e Ana Iglesias e subliña a relevancia da presión social exercida polo grupo de pares para explicar o abandono do galego na etapa educativa secundaria. 
Consello Climático nas Neves. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Cales pensa a mocidade galega que son os principais problemas climáticos?

As mozos e mozas enquisadas estiman que os problemas ambientais con maior impacto son os incendios forestais (74%), a contaminación do aire (63%) e a seca (58%).
6,7% das persoas menores de 35 anos traballan no sector da construción. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

A poboación ocupada de 16 a 34 anos caeu en 171.000 persoas desde 2009

A poboación ocupada entre 16 e 34 anos diminuíu en 171.000 persoas nos últimos 13 anos. Se en 2009, cando Alberto Núñez Feixoo chegou á Presidencia da Xunta, a Galiza contaba con 386.500 persoas ocupadas nese grupo de idade, á volta de xuño de 2022 o país non superaba as 214.800, desaparecendo neses 13 anos 44,2 % do emprego xuvenil. Dos 214.800 asalariados de xuño deste ano, 36.900 sitúanse entre 16 e 24 anos e 177.900 entre 25 e 34 anos, destruíndose 44.800 postos de traballo no primeiro dos tramos e 126.200 no segundo.
O salario medio da mocidade no Estado é 9,6% maior que o da xuventude traballadora galega. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Os salarios das persoas menores de 35 anos están 20,5% por baixo da media

Se o salario medio na Galiza é de 22.834 euros, as persoas menores de 35 anos cobran de conxunto 18.156 euros. A fenda salarial que afecta a mocidade é de 4.678 euros anuais, o que implica unha diferenza de 20,5%. Aliás, 19,7% da poboación entre 16 e 34 anos atópase desempregada,  8,5 puntos por riba da media total do país.
Adrián Noia. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Adrián Noia: "A lectura e a escritura son dous hábitos constantes na miña vida"

Adrián Noia, estudante de Filoloxía na USC e escritor novel, publicou no mes de xullo a súa novela 'O país dos raposos', que recibiu o segundo galardón nos Premios Xuventude Crea 2021. Noia explica que se trata dunha novela distópica na que se abordan temas morais e de actualidade. Ademais, o autor tamén se refire ao seu inicio no mundo da literatura e opina sobre a relevancia dos certames literarios.
Evolución do índice de envellecemento da Galiza (Gráfico: IGE / Nós Diario).
ECONOMÍA

Na Galiza residen máis de 163 persoas maiores de 64 por cada 100 menores de 20

A Galiza sofre un nivel de envellecemento moi acusado, unha realidade que proban as cifras estatísticas. Así, en 2021, na Galiza residían 163,59 persoas maiores de 64 anos por cada 100 menores de 20. O índice galego de envellecemento multiplicouse por catro desde 1975.
Até 71,6% das persoas ocupadas de entre 16 e 35 anos traballan no sector servizos (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A mocidade dobra as taxas de desemprego e temporalidade da poboación galega total

O paro das persoas entre 16 e 19 anos da Galiza alcanza unha cifra de 55,2%.
Os videoxogos están incluídos na oferta deste bono. (Foto: Pixabay)
CULTURA

Xa dispoñíbel o 'bono cultural' para a mocidade: así podes solicitalo

Esta axuda está dirixida só a persoas nadas en 2004 e que, por tanto, ao longo de 2022 fan 18 anos.
A manifestación percorreu parte da cidade de Compostela (Foto: Riobó Prada).
POLÍTICA

A Mocidade pola Independência demanda na rúa "crear un tecido propio de contrapoder popular"

Unha manifestación polas rúas de Compostela convocada pola Mocidade pola Independência reuniu a varios centos de mozas e mozos en protesta polas consecuencias da crise e en demanda de solucións. 
Salón de xogo con máquinas comecartos. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

21.900 adolescentes de entre 14 e 17 anos corren perigo de seren ludómanos

O sector do xogo está a experimentar un gran desenvolvemento.
Representantes da Juventude Unida dos Países de Lingua Portuguesa levaron a súa iniciativa á RTP África. (Foto: JUPLP).
LINGUA

A mocidade da lusofonía trae á Galiza un encontro arredor da lingua e a cultura

A Casa da Lusofonía de Vigo acollerá o 17 de xuño o coloquio 'Conexões', unha iniciativa da xuventude lusófona de oito territorios de fala portuguesa que buscan combater o descoñecemento mutuo grazas á lingua e a través do intercambio cultural.
O Goberno estatal avoga por replicar no ensino a baixa laboral por dismenorrea. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

As alumnas con regras dolorosas poderán faltar ás aulas

Así o estabelece a Estratexia de Mocidade 2022-2030, presentada esta quinta feira, que tamén sinala que tres de cada catro mozas sofren dismenorrea.
Acto de presentación da manifestación do 24 de xullo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A mocidade galega "pasa á ofensiva" para defender o seu futuro: convocada a manifestación xuvenil do 24 de xullo

Mocidade pola Independência chama a artellar "un movemento organizado que loite en cada recuncho do país para construirmos unha República Galega libre de explotación".
Imaxe de arquivo dunha escola infantil. (Foto: Europa Press)
Día das Letras Galegas

23,9% da poboación menor de 15 anos declárase incapaz de falar en idioma galego

A saúde do galego é crítica. Tanto é así que se trata da lingua que sofre unha caída máis acusada de todas as que teñen rango de oficialidade no Estado. 23,90% das persoas menores de 15 anos residentes no país declaran non saber falalo. Ademais,  presenta uns usos reducidos entre a mocidade dos ámbitos urbanos.

emigracion aeroporto mocidade. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

330.890 persoas emigraron da Galiza na última década

11.156 galegos e galegas emigraron no primeiro semestre de 2021. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), 7.500 persoas abandonaron Galiza con destino a outros puntos do Estado español. Pola súa parte, outros 3.656 cidadás e cidadáns galegos tomaron dirección a diversos lugares do mundo, destacando polo seu número aqueles que se dirixiron a Suíza, Francia, Alemaña e Reino Unido.

O prezo de alugar ten aumentado na Galiza por riba da media do Estado. (Foto: Europa Press) #vivenda #alugueiro #fegein #inmobiliaria
SOCIAL

Como solicitar o bono de alugueiro para a mocidade?

O Goberno estatal afirma ter transferido á Xunta os 23 millóns de euros que permitirán levar a cabo este paquete de axudas e insta a "convocalas xa".
Federación Española de Caza
SOCIAL

Licenzas de caza para menores? Animalistas advirten á Xunta do incumprimento da Lei da infancia

A proposta saíu a colación na última xuntanza do Comité Galego de Caza e desde a Fundación Franz Weber lembran que a Lei do menor estabelece que é un deber de todo rapaz e rapaza "respectar os animais", alén de que diversos estudos "demostran a vinculación da exposición á violencia co desenvolvemento de problemas de saúde mental".

Dúas imaxes difundidas en 'Twitter' pola Consellaría de Educación esta quinta feira. (Fotos: Educación)
SOCIAL

A Consellaría de Educación presume da participación nas procesións relixiosas do alumnado de escolas concertadas

112 das 227 escolas concertadas da Galiza son de carácter relixioso e a meirande parte delas pertence á rede Escolas Católicas, que busca "desenvolver desde a súa identidade o seu papel evanxelizador e educativo".
Presentación da campaña de Galiza Nova, está mañá en Santiago de Compostela
SOCIAL

Galiza Nova levará a cabo unha campaña sobre saúde mental

A organización xuvenil do BNG reclama que cando se fala de saúde mental é necesario ter en conta o contexto social no que vive actualmente a mocidade e denuncia que as enfermidades psíquicas non poden encaixarse como unha cuestión puramente biomédica.