POLÍTICA
Tui recibe o rei con apupos e indiferenza
02/set./20
A Casa Real escolleu Tui para retomar a axenda do rei Felipe VI e a visita propiciou varios actos de protesta contra a monarquía española e en favor da república. Ao acto oficial, con presenza de Alberto Núñez Feixoo e outras autoridades institucionais, non acudiron representantes municipais do BNG.
SOCIAL
Galiza Nova convoca unha protesta contra Felipe VI en Tui
01/set./20
A organización sostén que "Galiza non ten rei" e protestará esta cuarta feira pola visita do monarca á Comandancia Naval da localidade. A concentración terá lugar ás 12 horas na praza dos Cabalos.
INTERNACIONAL
Últimos meses para a raíña de Xamaica
17/ago./20
Os dous principais partidos xamaicanos, ambos republicanos, levan anos prometendo un referendo sobre a continuidade da raíña Isabel II como xefa do Estado, mais nunca acabou por se concretar. Agora, de cara ás eleccións xerais do 3 de setembro, o actual líder da oposición comprometeuse cunha data en firme.
POLÍTICA
O BNG pide ao Goberno que "deixe de amparar a suposta corrupción da Casa Real" e traballe "pola transparencia"
16/ago./20
A líder do BNG participou nunha reunión sobre monarquía, calidade democrática e liberdade de expresión xunto ao vicepresidente catalán e coordinador de ERC, Pere Aragonés; a líder de Adiante Andalucía, Teresa Rodríguez, e a coportavoz de MÉS per Mallorca, Neus Truyol.
Análise
A Audiencia Nacional sae en defensa da monarquía
11/ago./20
Pontón considera as dilixencias ‘uns feitos graves’
Análise
A fiscalía da Audiencia Nacional abre dilixencias contra Ana Pontón
10/ago./20
A fiscalía da Audiencia Nacional vén de abrir dilixencias previas contra a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, por un delito de inxurias contra a coroa. O procedemento aberto a raíz dunha denuncia formulada por Concordia Real Española e tramitado con máxima urxencia levanta dúbidas sobre a súa intencionalidade.
POLÍTICA
BNG retruca á Fiscalía da Audiencia Nacional: "A quen hai que investigar é os Borbóns"
10/ago./20
A Executiva Nacional da formación nacionalista reafírmase nas súas afirmacións sobre a monarquía.
INTERNACIONAL
O apoio á monarquía en mínimos históricos
05/ago./20
55% da poboación do Estado aposta pola república segundo as últimas enquisas.
POLÍTICA
A fuga do emérito ispe os Borbóns
05/ago./20
O anuncio do rei emérito de abandonar o Estado español pon o foco na presión xudicial e nas adversidades que a Casa Real observa non só arredor das pescudas que leva a cabo o Tribunal Supremo sobre as finanzas de Xoán Carlos I, senón tamén ao redor do futuro da monarquía como institución. Analizamos desde a Galiza a decisión do ex monarca de fuxir cara o exterior.
POLÍTICA
#Galizanontenrei: convocan cazolada para hoxe na Galiza contra a monarquía
04/ago./20
Ás 21:00 horas.
Cres que a marcha do rei emérito implicará algunha mudanza a respecto da monarquía no Estado español?
Cres que a marcha do rei emérito implicará algunha mudanza a respecto da monarquía no Estado español?
04/ago./20
INTERNACIONAL
Censuran no Congreso unha pregunta parlamentar sobre a monarquía española
17/xul./20
O deputado abertzale Jon Iñarritu tivo que axustar a súa pregunta eliminando a referencia a Felipe VI.
SOCIAL
Galiza, proclive a acabar coa monarquía, segundo unha enquisa
13/xul./20
O portal Electomanía publica unha enquisa que amosa que Galiza apoia de forma maioritaria un referendo sobre monarquía ou república no Estado español e que o resultado sería favorábel a esta última, segundo a posición das persoas participantes.
INTERNACIONAL
Felipe VI beneficiado da corrupción da monarquía
22/xuño/20
Un empresario sufragou a súa viaxe de voda con 269.000 dólares, segundo a prensa británica.
POLÍTICA
O BNG reclama ao Goberno español que investigue a corrupción da monarquía
03/maio/20
Néstor Rego reitera a necesidade de que unha Comisión de Investigación analice os presuntos casos de corrupción ligados a Juan Carlos de Borbón e Felipe de Borbón, actual xefe do Estado. "Non investigar este tipo de condutas que afectan directamente á Xefatura do Estado é equivalente a amparalas e mesmo a lexitimar socialmente a corrupción", asegura o deputado.
SOCIAL
Cazolada desde balcóns e xanelas contra Filipe VI
18/mar./20
Potas, olas, cazolas... Ruído desde balcóns e xanelas para “dicir adeus á monarquía”