Convocadas para hoxe dúas cazoladas contra a monarquía española
A primeira, ás 12:00 horas, contra Juan Carlos I. A segunda, ás 21:00, para Filipe VI.
Protesta contra Filipe VI “por rei, por anacrónico e por antigalego”
Galiza pola República súmase aos actos contra a presenza de Filipe VI na UDC
Insta o xefe do Estado a que condene dos “crimes da ditadura franquista”.
A Coruña reivindicará o dereito a decidir ante os 50 anos da designación do herdeiro de Franco
“Galiza pola República e o dereito a decidir” é o lema baixo o que se apresentou a convocatoria de mobilización para o vindeiro 23 de xullo na Coruña impulsada por diversas entidades sociais e políticas do campo do nacionalismo e a esquerda. A data coincide co cincuenta aniversario da designación polo ditador Franco de Juan Carlos de Borbón como o seu sucesor na xefatura do Estado.
A poboación galega rexeita maioritariamente a monarquía
As galegas non somos monárquicas. Mentres Felipe VI segue a contar co respaldo maioritario da cidadanía do Estado, o groso da poboación das nacións sen Estado declárase republicano. Unha recente enquisa volve certificar esta tendencia de carácter estrutural que non para de medrar desde 2009.
Felipe VI esixe “respecto” á Constitución e volve ao mito da Transición
A monarquía española non atravesa os seus mellores momentos. A abdicación de Juan Carlos I, esmagado polas corruptelas, foi un primeiro aviso. O conflito catalán e a resposta ao mesmo da dereita española tamén a abalaron, xa en mans de Felipe VI. No seu discurso desta Noiteboa, o Rei de España volveu ao mito da Transición para intentar recentrar a súa propia figura.
As universidades galegas, preparadas para votar sobre a monarquía
“Este referendo xorde da necesidade e ansias da mocidade e estudantado de introducir un debate sobre o modelo de Estado”, así comezaba a primeira asemblea en Compostela do referendo pola monarquía que se está a preparar en 26 campus españois, catro deles galegos.
Catro campus galegos votarán nun referendo sobre a monarquía
Alumnado das tres universidades galegas está a organizar estes días un referendo pola monarquía. A iniciativa xorde após a se ter producido convocatorias semellantes en diferentes puntos do estado español. A idea parte do estudantado da Autónoma de Madrid.
"O Estado quer Catalunya 'cautiva e desarmada'. É franquismo puro"
Soan graves as súas palabras e son palabras cualificadas, as dun dos máis reputados xuristas das últimas décadas no estado español: "Vivimos nun golpe de estado. E dun golpe se sabe como se entra, mais non como se sae", afirma Javier Pérez Royo, catedrático de Dereito Constitucional pola Universidade de Sevilla e analista político portador dun discurso practicamente sen par no taboleiro mediático español. O golpe de Estado perpetrouno en 2010 o Tribunal Constitucional cando tombou o Estatuto de Autonomía referendado polo pobo catalán. A partir dese momento "Catalunya ficou sen Constitución" e España sen democracia porque "non pode haber democracia en España se Catalunya non pode exercer libremente o seu dereito á autonomía".
Centos de persoas contra a monarquía na visita dos Borbóns á Coruña
“Non nos representan” foi un dos berros máis repetidos polas arredor de catrocentas persoas que se concentraron diante do Museo de Belas Artes da Coruña para recibir os Borbóns. A concentración estivo controlada por un fortísimo control policial.
Ensinanzas da confrontación entre monarquía e república
O debate e as mobilizacións orixinadas pola polémica sobre a disxuntiva entre monarquía e república, permiten aproximar con maior exactitude unha valoración sobre o estado de ánimo da xente con respecto ás institucións e aos partidos políticos.